Escaravello vermello

Escaravello vermello
Rhynchophorus ferrugineus MHNT.jpg
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Clase:Insecta
Orde:Coleoptera
Superfamilia:Curculionoidea
Familia:Curculionidae
Xénero:Rhynchophorus
Especie:R. ferrugineus
Nome binomial
Rhynchophorus ferrugineus
Olivier, 1790

O escaravello vermello (Rhynchophorus ferrugineus) é unha especie de coleóptero curculionoideo bicudo, da familia Curculionidae,[1] orixinario da Asia tropical. É un gurgullo de gran tamaño, entre dous e cinco centímetros. A súa cor avermellada ferruxinosa faino inconfundíbel. A larva fura galerías de máis dun metro de lonxitude no estipe (o tipo do talo das palmeiras), podendo matar a planta hospedeira. As súas plantas hospedantes son fundamentalmente da familia das palmeiras, como o Cocos nucifera (o coqueiro), Elaeis guineensis (palma da Guinea) e o xénero Phoenix, entre elas Phoenix canariensis (palmeira canaria) e Phoenix dactylifera (a datileira), aínda que se teñen constatado ataques noutras especies incluíndo a palmeira anana Chamaerops humilis. As plantas, cando se ven afectadas pola peste, sofren amarelamento e murchamento, podendo chegar a se producir a morte do pé afectado. O control desta praga é complicado e polo de agora, a falla de método seguro, se procede á eliminación dos pés afectados e os que se sospeitan puideira estalo, para evitar a propagación do insecto.[2]

O escaravello vermello tense espallado a numerosos países, de África, Europa e América, alleos á súa área de distribución natural (sueste asiático) por mor do transporte antrópico. Atinxiu o Mediterráneo en 1980. Á Península Ibérica chegou en 1995 a través de palmeiras infectadas procedentes de Exipto ou outros países do norte de África. O primeiro caso no sur de Galicia veuse nunha palmeira de Gondomar.

Ciclo de vida

O escaravello normalmente infecta palmeiras con menos de doce anos. O adulto pode causar algúns danos ao alimentarse, no entanto, é a larva a que, ao escavar túneles polo estipe da palmeira, provoca a morte da planta. A femia adulta pon aproximadamente 200 ovos nas zonas de crecemento da coroa da palmeira, na base das follas novas ou noutras zonas lesionadas da planta. Do ovo nace unha larva branca que se alimenta de fibras tenras e de rebentos de follas, escavando buracos polos tecidos internos da árbore durante un mes. As larvas poden ocasionalmente crecer entre 4 a 6 centímetros[3]. Na metamorfose, a larva deixa a árbore e forma un casulo feito con fibras secas de follas de palma na base da palmeira. O ciclo de vida complétase en 7 a 10 semanas.

Other Languages