Epitelio

Tipos de epitelio.

Os epitelios (de epi, encima, e thele, mamila [1]), son tecidos formados por células moi apertadas entre si e con pouco ou ningún espazo intercelular, formados unha ou varias capas de células, que recobren unha superficie externa ou interna do corpo, como o exterior da pel, ou a córnea, revestimentos de órganos, cavidades e condutos do corpo, e tamén forman as mucosas e as glándulas. Algúns epitelios presentan especializacións como cilios ou morfoloxías celulares especiais. As súas funcións principais son protectoras, absorbentes ou secretoras.

O tecido epitelial é un dos catro grandes tipos de tecidos animais, xunto co tecido muscular, nervioso e conectivo.

Orixe embriolóxica

Estas células proveñen das tres follas xerminativas embrionarias:

  • Do ectoderma provén a maior parte da pel e epitelios das cavidades corporais (ano, boca, fosas nasais, poros da pel).
  • Do endoderma procede o epitelio de case todo o tubo dixestivo e da árbore respiratoria, e tamén o fígado e páncreas.
  • Do mesoderma deriva todo o epitelio restante como o dos órganos reprodutores e os riles.

O revestimento do peritoneo e outras cavidades serosas e o dos vasos sanguíneos e linfáticos derivan do mesénquima. Aínda que estes son tipos de epitelio, adoita a dárselles nomes específicos, xa que o das cavidades serosas (pleuras​, pericardio, peritoneo) se denomina mesotelio e o dos vasos sanguíneos e linfáticos e endocardio, endotelio.[2] Porén, os patólogos xeralmente prefiren considerar á parte os endotelios e mesotelios, debido a que ditos tecidos presentan patoloxías moi diferentes ás dos outros epitelios, e refírense aos cancros orixinados nos endotelios e mesotelios como sarcomas mesoteliais, e aos orixinados nos outros epitelios chámanos carcinomas. Ademais os filamentos de sostén destes tecidos derivados do mesoderma son moi diferentes dos do resto dos epitelios.

Other Languages
Afrikaans: Epiteelweefsel
العربية: نسيج طلائي
asturianu: Epiteliu
беларуская: Эпітэлій
български: Епителна тъкан
bosanski: Epitel
català: Epiteli
Cymraeg: Epithelium
dansk: Epitel
Deutsch: Epithel
English: Epithelium
Esperanto: Epitelio
español: Epitelio
euskara: Epitelio
français: Épithélium
Gaeilge: Eipitéiliam
עברית: אפיתל
हिन्दी: उपकला ऊतक
hrvatski: Epitel
magyar: Hámszövet
interlingua: Epithelium
Bahasa Indonesia: Jaringan epitel
日本語: 上皮細胞
Basa Jawa: Jaringan epitel
ქართული: ეპითელიუმი
한국어: 상피 조직
Latina: Epithelium
latviešu: Epitēlijaudi
македонски: Епително ткиво
Bahasa Melayu: Epitelium
Plattdüütsch: Epithel
Nederlands: Epitheel
norsk nynorsk: Epitel
norsk: Epitel
português: Epitélio
русский: Эпителий
Scots: Epithelium
srpskohrvatski / српскохрватски: Epitelsko tkivo
Simple English: Epithelium
slovenčina: Epitel
slovenščina: Krovno tkivo
српски / srpski: Епителско ткиво
Basa Sunda: Jaringan Epitel
svenska: Epitel
Türkçe: Epitel
татарча/tatarça: Эпителий
українська: Епітелій
اردو: ظہارہ
oʻzbekcha/ўзбекча: Epiteliy
Tiếng Việt: Biểu mô
中文: 上皮組織
粵語: 上皮組織