Enrique de Lucas

Enrique de Lucas
Información persoal
Nome completoEnrique de Lucas Martínez
Nacemento17 de agosto de 1978 (40 anos)
LugarL'Hospitalet, España
Altura1,75 m.
PosiciónCentrocampista
Carreira xuvenil
Ferran Martorell
Barcelona
1995–1996Espanyol
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1996–1998Espanyol B68(24)
1998–2002Espanyol91(16)
2001Paris SG (cedido)4(0)
2002–2003Chelsea25(0)
2003–2007Alavés127(19)
2007–2009Murcia57(7)
2009–2010Cartagena38(11)
2010–2013Celta de Vigo98(21)
2013–2014Hércules24(4)
2015Biggleswade United3(0)
Selección nacional
1995España sub-167(1)
1998–1999España sub-214(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Enrique de Lucas Martínez, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 17 de agosto de 1978, é un ex-futbolista español que xogaba de centrocampista.

Traxectoria

Xogou desde mozo nas categorías inferiores do RCD Espanyol. En 1997 xa formou parte do primeiro equipo. Debutou en Primeira División o 15 de maio de 1998, nun partido entre o Real Valladolid e o RCD Espanyol (0–0). Con este equipo gañou a Copa do Rei 1999–00.

Tras un breve paso en 2001 pola Liga francesa co Paris Saint-Germain FC en calidade de cedido, regresou de novo ao Espanyol. Na tempada 2001–02 conseguiu a súa marca persoal de goles, facendo 7 tantos.

Na tempada 2002–03 xogou co Chelsea FC na Premier League. Na tempada 2003–04 foi contratado polo Deportivo Alavés, equipo co que conseguiu o ascenso á Primeira División na tempada 2004–05.

Na campaña 2007–08 fichou polo Real Murcia. Na súa primeira tempada alí o equipo non conseguiu o obxectivo marcado, a permanencia en Primeira, e ao final da tempada descendeu á Segunda División. Na tempada 2008–09 o equipo rematou no 14º posto.

En agosto de 2009 fichou polo FC Cartagena, no regreso do equipo cartaxinés á Segunda División, co que completa unha excelente tempada marcando once goles e quedando ás portas do ascenso a Primeira División.

O 24 de xuño de 2010, o secretario técnico do Celta de Vigo, confirmou a De Lucas como primeira fichaxe para a tempada 2010–11.[1]

Selección nacional

Nunca foi internacional coa selección absoluta, aínda que si coa selección sub-15, sub-16, sub-18 e sub-21.

Other Languages