Empanada de mazá

A empanada de mazá (apple pie) é un dos símbolos da gastronomía estadounidense.

A empanada de mazá é unha empanada doce reenchida con anacos ou compota de mazá. É típica da gastronomía galega coma sobremesa. Tamén é popular en moitas partes do mundo entre as que destacan Gran Bretaña e os Estados Unidos que levan o nome de apple pie.

A torta de mazá é algo semellante, unha torta de froita elaborada cunha masa recuberta de mazá, aínda que atopamos estes pasteis nas pastelarías galegas hoxe en día, non son tradicionais como a empanada. Existen moitas variantes e a mazá pode ser en anacos ou en compota. As mazás poden colocarse directamente por riba da masa ou sobre un leito de crema. Tamén existe unha variante na que se elabora do revés colocando a masa sobre a froita para despois darlle a volta chamada Tarte Tatin, típica de Francia.

É unha das torta de froita máis populares e internacionais.

A empanada de mazá en Galicia

A empanada de mazá faise cunha masa moi semellante á da empanada salgada, mais doce. Para a masa emprégase fariña triga, manteiga (ou manteiga de porco, ovos, azucre, fermento, e leite morno. Para o recheo empréganse mazás (mellor se son pequenas e acedas, tipo bravas. Hoxe en día as variedades máis empregadas son a Reineta, a Golden e a Granny Smith), azucre, canela e pode levar manteiga e limón.

Other Languages
العربية: فطيرة التفاح
asturianu: Tarta de mazana
azərbaycanca: Alma piroqu
беларуская: Яблычны пірог
Deutsch: Apfelkuchen
Ελληνικά: Μηλόπιτα
English: Apple pie
Esperanto: Pomokuko
euskara: Sagar-tarta
فارسی: پای سیب
français: Tarte aux pommes
Bahasa Indonesia: Pai apel
italiano: Mock apple pie
ಕನ್ನಡ: ಆಪಲ್ ಪೈ
한국어: 사과 파이
Latina: Crustum mali
македонски: Пита со јаболка
Nederlands: Appeltaart
norsk: Eplekake
polski: Apple pie
português: Torta de maçã
Simple English: Apple pie
српски / srpski: Pita od jabuka
Türkçe: Elmalı turta
中文: 蘋果派
粵語: 蘋果批