Emilio Aguinaldo

Emilio Aguinaldo

Emilio Aguinaldo y Famy, nado en Kawit en 1869 e finado en Quezón en 1964, foi un militar e político filipino. En Filipinas considérase o primeiro presidente do país, aínda que non foi recoñecido internacionalmente. Procedente dunha familia mestiza chinesa e tagala. Rival de Andrés Bonifacio dentro do movemento independentista, impúxose a este mediante unhas eleccións [1], foi Comandante das forzas que se sublevaron contra España ( 1896- 1898), e líder da insurrección contra dos Estados Unidos ( 1899- 1901), o 12 de xuño de 1899 declarou a independencia das Filipinas e unha convención constitucional elixiuno presidente o 1 de xaneiro de 1899. Capturado polo xeneral Frederick Funston o 23 de marzo de 1901, xurou lealdade aos Estados Unidos e retirouse da política.

  • notas

Notas

  1. Nicholas Tarling The Cambridge History of Southeast Asia, Volume 2, Cambridge University Press, 2ª ed., 1999, páxina 256
Other Languages
Afrikaans: Emilio Aguinaldo
Bikol Central: Emilio Aguinaldo
Chavacano de Zamboanga: Emilio Aguinaldo
čeština: Emilio Aguinaldo
Esperanto: Emilio Aguinaldo
français: Emilio Aguinaldo
interlingua: Emilio Aguinaldo
Bahasa Indonesia: Emilio Aguinaldo
Basa Jawa: Emilio Aguinaldo
Bahasa Melayu: Emilio Aguinaldo
Nederlands: Emilio Aguinaldo
Pangasinan: Emilio Aguinaldo
Kapampangan: Emilio Aguinaldo
português: Emilio Aguinaldo
Runa Simi: Emilio Aguinaldo
Simple English: Emilio Aguinaldo
українська: Еміліо Агінальдо
Tiếng Việt: Emilio Aguinaldo
Bân-lâm-gú: Emilio Aguinaldo