Embrioxénese

A embrioxénese ou desenvolvemento embrionario é o proceso polo cal se forma e desenvolve o embrión. En mamíferos, o termo refírese esencialmente ás etapas iniciais do desenvolvemento prenatal, mentres que os termos feto e desenvolvemento fetal son os que se usan para describir os estadios finais.

A embrioxénese empeza coa fecundación da célula ovo ou óvulo por un espermatozoide. Unha vez fecundada, a célula ovo denomínase cigoto, que é unha soa célula diploide. O cigoto sofre divisións mitóticas sen que haxa un crecemento significativo (un proceso que se denomina segmentación ou clivaxe) e unha diferenciación celular, que conduce ao desenvolvemento dun embrión multicelular.

Aínda que a embrioxénese ocorre tanto en animais coma no desenvolvemento de plantas, este artigo trata só das características xerais da embrioxénese animal, principalmente facendo énfase no desenvolvemento dos vertebrados mamíferos.

Fecundación e cigoto

Artigo principal: Cigoto.

A célula ovo é xeralmente asimétrica, ten un " polo animal" (futuro ectoderma e mesoderma) e un " polo vexetal" (futuro endoderma). Está cuberto de envolturas protectoras, con diferentes capas. A primeira envoltura, que está en contacto coa membrana da célula ovo, está feita de glicoproteínas e coñécese como membrana vitelina (ou zona pelúcida nos mamíferos). Os diferentes taxons mostran distintas envolturas celulares e acelulares que engloban a membrana vitelina.[1]

A fecundación (tamén chamada 'fertilización' ou 'singamia') é a fusión de gametos para producir un cigoto e, a partir deste, un novo embrión e un novo organismo. Nos animais, o proceso implica a fusión dun espermatozoide e un óvulo. Dependendo da especie animal, o proceso da fecundación pode ocorrer dentro do corpo da femia por fecundación interna, ou fóra, por fecundación externa. O ovo fertilizado é o cigoto.

Other Languages
العربية: تخلق مضغي
bosanski: Embriogeneza
català: Embriogènesi
Ελληνικά: Εμβρυογένεση
English: Embryogenesis
español: Embriogénesis
euskara: Enbriogenesi
français: Embryogenèse
hrvatski: Embriogeneza
Bahasa Indonesia: Embriogenesis
日本語: 胚発生
қазақша: Эмбриогенез
lietuvių: Embriogenezė
Nederlands: Embryogenese
polski: Embriogeneza
português: Embriogénese
srpskohrvatski / српскохрватски: Embriogeneza
slovenčina: Embryogenéza
中文: 胚胎发育