Emblema de Alxeria

Seal of Algeria.svg

A versión actual do escudo de Alxeria adoptouse o 1 de novembro de 1976.

Descrición

Na parte superior do escudo figura o sol nacente, símbolo dunha nova era. Debaixo do sol aparece representada o Hamsa ou man de Fátima, símbolo tradicional islámico. No horizonte aparece representada a cordilleira do Atlas. Aos pés da cordilleira aparecen representados elementos vexetais e edificios que simbolizan o desexo de progreso industrial e agrícola do país. Na parte inferior do escudo aparecen representados o crecente (lúa crecente) e a estrela de cinco puntas de cor vermella que tamén figuran na bandeira nacional.

Os elementos do escudo aparecen rodeados pola denominación oficial do país en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية, Al Jumhūrīyah al Jazā'irīyah ad Dīmuqrāţīyah ash Sha'bīyah, é dicir República Democrática e Popular de Alxeria.

Other Languages
العربية: شعار الجزائر
asturianu: Escudu d'Arxelia
беларуская: Эмблема Алжыра
български: Герб на Алжир
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: আলজেরিয়ার চিনত্হান
bosanski: Grb Alžira
hrvatski: Grb Alžira
Bahasa Indonesia: Lambang Aljazair
lietuvių: Alžyro herbas
македонски: Грб на Алжир
srpskohrvatski / српскохрватски: Grb Alžira
Simple English: Emblem of Algeria
српски / srpski: Грб Алжира
Türkçe: Cezayir arması
українська: Емблема Алжиру
vepsän kel’: Alžiran valdkundznam