Elemento químico esencial

Hai unha serie de elementos químicos que se consideran esenciais para a vida ou para uns organismos determinados. Para que se considere a un elemento esencial, este debe cumprir catro condicións:

  • A inxesta insuficiente do elemento provoca deficiencias funcionais, reversibles se o elemento volve estar nas concentracións adecuadas.
  • Sen o elemento, o organismo non crece nin completa o seu ciclo vital.
  • O elemento inflúe directamente no organismo e está involucrado nos seus procesos metabólicos.
  • O mesmo efecto no organismo non pode ser conseguido por ningún outro elemento.

A maioría son elementos lixeiros e tamén se lles adoita denominar bioelementos. Xeralmente se clasifícan segundo a súa abundancia en elementos maioritarios, traza e ultratraza (ou microtraza). Os elementos traza e ultratraza denomínanse oligoelementos.

Na seguinte lista móstranse os bioelementos presentes no ser humano ordenados por orde de abundancia.

Hai outros elementos sen unha esencialidade clara, como o litio, cadmio e estaño.

Non tódolos seres vivos teñen os mesmos elementos esenciais, por exemplo o volframio é un elemento químico esencial para outros seres vivos. Na seguinte táboa periódica saliéntanse os elementos esenciais recoñecidos, así como algúns que poderían selo.

H

 

He

Li

Be

 

B

C

N

O

F

Ne

Na

Mg

 

Al

Si

P

S

Cl

Ar

K

Ca

Sc

Ti

V

Cr

Mn

Fe

Co

Ni

Cu

Zn

Ga

Ge

As

Se

Br

Kr

Rb

Sr

Y

Zr

Nb

Mo

Tc

Ru

Rh

Pd

Ag

Cd

In

Sn

Sb

Te

I

Xe

Cs

Ba

La

Hf

Ta

W

Re

Os

Ir

Pt

Au

Hg

Tl

Pb

Bi

Po

At

Rn

Fr

Ra

Ac

 
 
Elemento
maioritario
Elemento
traza
Esencialidade
discutida

Causas da esencialidade

Hai elementos que están presentes nun organismo, pero non son esenciais. No caso de que se queira comprobar se a deficiencia dun elemento pode afectar a un organismo o estudo é complicado polas pequenas concentracións que se manexan: é posible que o elemento chegue de forma inadvertida ao organismo ou pode suceder que o organismo sexa capaz de aguantar coas reservas que ten e non observarse deficiencia ata pasadas varias xeracións.

Normalmente a esencialidade demóstrase cando se descobre unha función biolóxica para algún composto do elemento.

Crese que estes elementos químicos convertéronse en esenciais debido á súa abundancia e accesibilidade. Así, existe unha boa relación entre a esencialidade dun elemento e a súa abundancia na codia terrestre ou na auga de mar.

OS casos en que un elemento é abundante pero non esencial explícase tendo en conta que é difícil dispoñer del. Por exemplo, o aluminio é un elemento moi abundante na codia terrestre e non é un elemento esencial, seguramente debido a que forma compostos moi insolubles en auga e os organismos non o poden captar doadamente.

Tamén as condicións cambiaron dende os inicios da vida e os organismos puideron ir adaptándose aos cambios producidos. Por exemplo, o ferro agora é pouco accesible, pois principalmente está como Fe 3 que forma compostos pouco solubles e os organismos teñen que formar complexos solubles para captalo. Así a todo, cando a atmosfera era menos oxidante atopábase principalmente como Fe 2, o cal si forma compostos máis solubles.

Other Languages