Elefante asiático

Elfante asiático
Rango fósil: Plioceno – Actualidade
Elefante asiático do Zoo de Melbourne
Elefante asiático do Zoo de Melbourne
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Proboscidea
Familia:Elephantidae
Xénero:Elephas
Especie:E. maximus
Nome binomial
Elephas maximus
Linnaeus, 1758
Distribución do elefante asiático (marrón — nativo, negro — orixe incerta)

Distribución do elefante asiático
(marrón — nativo, negro — orixe incerta)
Subespecies
Sinonimia

Elephas asiaticus Blumenbach, 1797
Elephas indicus Cuvier, 1798
Elephas sumatranus Temminck, 1847

O elefante asiático (Elephas maximus) é o mamífero terrestre máis grande que se pode atopar na actualidade en Asia.[2] A súa distribución orixinal estendíase dende o sur da China e Indonesia occidental, até as costas do golfo Pérsico e o sur de Mesopotamia, de onde desapareceu xa no Neolítico.Hoxe podémolo atopar polas terras de Sri Lanka, sur e nordés da India, Bangladesh, Indochina, Malaca, Sumatra e nordeste de Borneo; tanto en estado salvaxe como domesticado, e é moi frecuente en zoos e circos. Está considerada como unha especie en perigo de extinción.

Domesticación e relación co home

Adestramento de elefantes en Tailandia.
Elefantes nun zoolóxico do Brasil.

O elefante indio foi domesticado dende tempos moi antigos no sueste asiático coa fin de levar cargas, axudar na construción (normalmente cargando e erguendo vigas) ou transportar persoas. En tempos de guerra usouse tamén para levar armas e pezas de artillería (cousa que se fixo ata o século XX) e combater, dotándoo a miúdo de armadura e poñéndolle pinchos nas patas e "espadas" nos cairos, así como cargando arqueiros sobre o lombo. Os elefantes asiáticos formaron parte das tropas de Ciro o Grande, Alexandre o Grande e Pirro de Epiro, entre outros reis da antigüidade. Na actualidade, son os reis dos espectáculos circenses e unha das atraccións turísticas máis solicitadas no sueste asiático, onde cargan ós visitantes en expedicións pola selva.

Unha elefanta asiática nun zoolóxico (en cativerio).

Os elefantes reprodúcense rara vez en catividade, polo que a gran maioría dos individuos domésticos foron capturados xa adultos en estado salvaxe. O método tradicional para facelo é o kedah, de orixe indio, no que os homes rodean unha manda e vana empurrando cara un curro de madeira onde separan os individuos máis interesantes e devolven o resto á selva. Os individuos escollidos son encadeados a unha árbore e illados mentres se habitúan á xente. Uns días despois reciben a visita do cornaca ou mahout, sentado inicialmente sobre outro elefante domesticado, que comeza o seu adestramento. Logo dun tempo, permiten mahout sentar sobre o seu lombo cando xa son totalmente mansos.

Debuxo tailandés do século XIX onde se representa ó rei usando un elefante branco como montura.

Pola súa utilidade dende tempos antigos, os elefantes indios son profundamente respectados en Oriente e forman a miúdo parte dos relatos relixiosos. Así, por exemplo, o deus Ganesh do hinduísmo ten testa de elefante; no budismo, os elefantes brancos son sagrados porque a nai de Buda, Maya, quedou embarazada del logo de soñar que un elefante albino se introducía no seu ventre. Este respecto viuse acrecentado polo feito de que os elefantes indios poden captar infrasóns e vibracións do chan, o que lles permite alertar dun dos frecuentes tremores de terra que se abaten sobre a súa zona de distribución antes de que os humanos sospeiten sequera que vaia a producirse.

Os elefantes indios son cazados por furtivos moito máis raramente que os elefantes africanos, pois a facilidade coa que se capturan individuos salvaxes vivos (ós que se adoita cortar os cairos) fan que o seu marfil non sexa un ben excesivamente difícil de conseguir. De todos xeitos, a destrución do seu hábitat natural para deixar paso á agricultura e o feito de que os animais domesticados case non se reproducen situaron á especie igualmente ó bordo da desaparición.

Other Languages
العربية: فيل آسيوي
অসমীয়া: হাতী
azərbaycanca: Asiya fili
беларуская: Азіяцкі слон
беларуская (тарашкевіца)‎: Азіяцкі слон
български: Азиатски слон
brezhoneg: Olifant Azia
čeština: Slon indický
Zazaki: Filê Asya
Esperanto: Azia elefanto
español: Elephas maximus
hrvatski: Azijski slon
interlingua: Elephas maximus
Bahasa Indonesia: Gajah asia
italiano: Elephas maximus
日本語: アジアゾウ
lingála: Nzɔku ya Azía
latviešu: Āzijas zilonis
മലയാളം: ഏഷ്യൻ ആന
Bahasa Melayu: Gajah Asia
Nederlands: Aziatische olifant
português: Elefante-asiático
srpskohrvatski / српскохрватски: Azijski slon
Simple English: Asian elephant
slovenčina: Slon ázijský
slovenščina: Azijski slon
српски / srpski: Азијски слон
தமிழ்: ஆசிய யானை
Türkçe: Asya fili
українська: Слон індійський
Tiếng Việt: Voi châu Á
中文: 亚洲象
粵語: 亞洲象