Elefante

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Elefante
Rango fósil: Plioceno - Actualidade
Elefante africano no Parque Nacional Mikumi, Tanzania
Elefante africano no Parque Nacional Mikumi, Tanzania
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Superorde:Afrotheria
Orde:Proboscidea
Familia:Elephantidae
Gray, 1821
Xéneros

O elefante (Elephantidae) é unha familia de mamíferos proboscídeos que inclúe ás variedades africana (Loxodonta sp) e asiática (Elephas sp) e os extintos mamuts (Mammuthus sp). Os elefantes son os maiores animais terrestres da actualidade pesando até 12 toneladas e medindo de media catro metros de altura. As súas características máis distintivas son as defensas de marfil. Tradicionalmente, recoñécense dúas especies, o elefante africano (Loxodonta africana) e o elefante asiático (Elephas maximus), malia que algunhas evidencias apuntan que o elefante africano de sabana e o elefante africano de bosque son especies separadas (L. africana e L. cyclotis respectivamente). Os elefantes atópanse dispersos na África subsahariana e no sur e sueste asiático. Son os únicos proboscídos superviventes; extintas especies como o mamut e o mastodonte. O macho de elefante africano, o maior animal terrestre, pode acadar unha altura de 4m e pesar 7000 kg. Estes animais teñen numerosos elementos distintivos, como a súa longa trompa, que empregan con numerosos fins e particularmente para coller obxectos. Os seus incisivos teñen gran tamaño, e úsanos para mover obxectos, escavar e como armas para loitar. As súas grandes orellas axúdanlles a controlar a temperatura do seu corpo. Os elefantes africanos teñen orellas grandes e o lombo cóncavo, mentres que os elefantes asiáticos teñen as orellas máis pequenas e o lombo convexo.

Os elefantes son herbívoros e poden ser atopados en diferentes hábitats como a sabana, bosques, desertos e marismas. Prefiren ficar preto da auga. Son considerados unha especie chave debido ó seu impacto no medio no que viven. Os outros animais tenden a manter as distancias, e os predadores como os leóns, tigres, hienas e cans xeralmente teñen como obxectivo as crías pequenas. As femias viven en grupos familiares, que poden consistir nunha única nai coas súas crías ou nun grupo emparentado de femias. Estes son liderados polo exemplar máis vello, coñecido como matriarca. Os elefantes viven nunha sociedade fisión-fusión, na que múltiples grupos familiares xúntanse para socializar. Os machos abandonan os grupos cando chegan á puberdade, e poden vivir sós ou canda outros machos. A miúdo interactúan cos grupos familiares cando buscan reproducirse e entran nun estado de agresividade coñecido como musth, que lles axuda a ser dominantes e reproducirse satisfactoriamente. As crías son o centro de atención dos grupos familiares que dependen das súas nais durante os tres primeiros anos de vida. Poden vivir uns 70 anos en liberdade. Comunícanse entre eles mediante o tacto, a vista e o son; empregan os infrasóns para comunicarse a longas distancias. A súa intelixencia comparouse coa dos primates e cetáceos. Teñen consciencia de si mesmos e amosan empatía ó morrer individuos da súa especie.

O elefante africano está clasificado como unha especie vulnerable pola International Union for Conservation of Nature (IUCN), mentres que o elefante asiático está considerado como ameazado. Un dos seus principais inimigos é o comercio de marfil, xa que son cazados polos seus cairos. Outras ameazas son a destrución do seu hábitat e os conflitos cos habitantes locais. Son usados animais de traballo en Asia. No pasado foron empregados para guerra; hoxe, son comúns en zoos e en actuacións de circos.

Etimoloxía

A palabra "elefante" provén do latín elephantus, que é a forma latinizada do grego ἐλέφαντος (elephantos), xenitivo de ἐλέφας (elephas),[1] probablemente dunha lingua non-indoeuropea, como o fenicio.[2] Aparece en textos da Grecia micénica como e-re-pa e e-re-pa-to na escrita silábica Lineal B.[3][4] Homero usou a palabra grega para referirse ó marfil, pero despois do tempo de Herodoto, tamén se usou para referirse ó animal.[1] A palabra tamén aparece no inglés medio como olyfaunt (c.1300) e foi tomado do francés antigo oliphant (século XII).[2] En suahili os elefantes son coñecidos como Ndovu ou Tembo. En sánscrito é chamado Hastin,[5] mentres que en hindi é coñecido como Hathi (हाथी).[6] Loxodonta, o nome xenérico dos elefantes africanos, é unha palabra grega para "dentes oblicuos".[7]

Other Languages
Acèh: Gajah
Afrikaans: Olifant
Alemannisch: Elefant
አማርኛ: ዝሆን
aragonés: Elefant
العربية: فيل
مصرى: فيل
asturianu: Elefante
تۆرکجه: فیل
башҡортса: Фил
žemaitėška: Dromblīs
беларуская: Слон
беларуская (тарашкевіца)‎: Слон
български: Слон
Bahasa Banjar: Gajah
bamanankan: Sama
বাংলা: হাতি
བོད་ཡིག: གླང་ཆེན།
brezhoneg: Olifant
bosanski: Slon
буряад: Заан
català: Elefants
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Chiông
Tsetsêhestâhese: Tsêhe'êseeséhe
کوردی: فیل
corsu: Elefante
čeština: Slon
Cymraeg: Eliffant
dansk: Elefanter
Thuɔŋjäŋ: Akɔ̈ɔ̈n
Zazaki: Fil
eʋegbe: Atiglinyi
Ελληνικά: Ελέφαντας
English: Elephant
Esperanto: Elefanto
español: Elefante
eesti: Elevant
فارسی: فیل
suomi: Norsu
Võro: Elevant
føroyskt: Fílur
français: Éléphant
Gaeilge: Eilifint
Gagauz: Fillär
贛語:
Gàidhlig: Ailbhean
Avañe'ẽ: Tapi'itĩmbuku
ગુજરાતી: હાથી
Gaelg: Elefant
Hausa: Giwa
客家語/Hak-kâ-ngî: Siong
עברית: פיל (שבט)
हिन्दी: हाथी
Fiji Hindi: Haanthi
Kreyòl ayisyen: Elefan
Հայերեն: Փղեր
Bahasa Indonesia: Gajah
Ilokano: Elepante
ГӀалгӀай: Пил
íslenska: Fíll
日本語: ゾウ
la .lojban.: xanto
Basa Jawa: Gajah
ქართული: სპილოსებრნი
Kongo: Nzau
Gĩkũyũ: Njogu
қазақша: Пілдер
kalaallisut: Nagguaatsoq
ಕನ್ನಡ: ಆನೆ
한국어: 코끼리
कॉशुर / کٲشُر: ہوٚس
kurdî: Fîl
Latina: Elephas
лакку: Пил
лезги: Фил
Limburgs: Olifante
Ligure: Elefante
lingála: Nzɔku
lietuvių: Drambliai
latviešu: Ziloņi
Baso Minangkabau: Gajah
македонски: Слон
മലയാളം: ആന
монгол: Заан
मराठी: हत्ती
Bahasa Melayu: Gajah
эрзянь: Пил
Dorerin Naoero: Elephant
Nāhuatl: Elefante
Plattdüütsch: Elefant
नेपाली: हात्ती
नेपाल भाषा: किसि
Nederlands: Olifanten
norsk nynorsk: Elefant
norsk: Elefanter
Nouormand: Êléphant
Sesotho sa Leboa: Tlou
occitan: Elefant
ଓଡ଼ିଆ: ହାତୀ
ਪੰਜਾਬੀ: ਹਾਥੀ
Papiamentu: Olifanti
پنجابی: ہاتھی
پښتو: پيل
português: Elefante
română: Elefant
armãneashti: Elefandu
русский: Слон
русиньскый: Слон
Kinyarwanda: Inzovu
संस्कृतम्: गजः
sicilianu: Liafanti
Scots: Elephant
سنڌي: هاٿي
srpskohrvatski / српскохрватски: Slonovi
සිංහල: අලි
Simple English: Elephant
slovenščina: Sloni
Gagana Samoa: Elefane
chiShona: Nzou
Soomaaliga: Maroodi
shqip: Elefanti
српски / srpski: Слон
Sesotho: Tlou
Basa Sunda: Gajah
svenska: Elefant
Kiswahili: Ndovu
தமிழ்: யானை
ತುಳು: ಆನೆ
తెలుగు: ఏనుగు
ไทย: ช้าง
Türkçe: Fil
татарча/tatarça: Фил
удмурт: Слон
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: پىل
українська: Слон
اردو: ہاتھی
Tshivenda: Nḓou
vepsän kel’: Elefant
Tiếng Việt: Voi
West-Vlams: Olifant
Winaray: Elepante
Wolof: Ñay
吴语:
хальмг: Зан
isiXhosa: Indlovu
ייִדיש: העלפאנד
Yorùbá: Erin
Vahcuengh: Duzciengh
中文:
文言:
粵語:
isiZulu: Indlovu