Electric Light Orchestra

Electric Light Orchestra
Elo 27041978 04 800.jpg
OrixeBirmingham, Inglaterra Flag of England.svg
Período1970 - 1986
2000 - presente
Xénero(s)rock progresivo, rock, arena rock, pop rock, electrónica
Selo(s) discográfico(s)Harvest Records,Warner Bros. Records United Artists Records, Jet Records, Epic Records, Legacy Recordings & Sony BMG

Electric Light Orchestra tamen coñecida como ELO, foi un exitoso grupo de rock de Birmingham, Inglaterra da época dos 70's e os 80's.

Banda formada en 1971 por Roy Wood, Jeff Lynne e Bev Bevan, en principio era un proxecto paralelo a The Move, banda integrada polos mesmos membros, máis tarde The Move disolveríase e o xenio de Roy Wood tras o debut de E.L.O. abandonaría o grupo quedando Lynne de líder. O seu primeiro e extravagante álbum intentou fusionar instrumentos clásicos, executados de xeito moi pouco ortodoxa, co pop e o rock dando un insólito resultado. A partir do LP Elo II o son faise máis agradable e adquire o estilo único con que se lle coñece. A partir de Face the music comezan os hits exitosos e é onde E.L.O. comeza os seus éxitos e as súas xiras mundiais. É a época onde os 7 integrantes de E.L.O. mantéñense constantes (Lynne, Bevan, Tandy, Groucutt, Kaminski, Gale e Mc. Dowell). O seu LP Out of the blue (disco dobre) deu lugar ás mais fastuosa xira deste grupo, o que incluía un OVNI xigante, similar ao representado na tapa do LP. Isto durou ata Discovery, logo do cal o grupo comezou o seu descenso. Un Soundtrack para a película Xanadú que para moitos foi unha aventura comercial desastrosa, logo a redución do grupo a 4 membros (Lynne, Bevan, Tandy e Groucutt e ás veces Kaminski como invitado para algunhas cancións) e LP pouco exitosos (Secret Messages, Balance of Power) que culminaron coa desaparición do grupo en 1986. Tempo despois Bevan, Groucutt e Kaminski, forman ELO Part II incluíndo a Eric Troyer, co cal emprenden xiras mundiais e publican CDs con temas propios así como edicións de concertos en vivo con temas propios, así como da época de Jeff Lynne. Logo de varios enfrontamentos Jeff Lynne no 2000 retoma o lanzamento de E.L.O. co CD Zoom con relativo éxito. Este CD caracterízase porque cada canción é realizada cos acompañamentos necesarios para cada unha, é dicir os actuais membros de E.L.O. non participan en todos os temas.

Membros

  • Roy Wood - produtor, voz principal, guitarras, violoncello, clarinete, fagot, oboe, Baixo, percusións, coros (1971-1972)
  • Jeff Lynne - produtor, voz principal, guitarras, Baixo, teclados, tambores, coros (1971-1986, 2000-)
  • Bev Bevan - tambores, coros (1971-1986)
  • Richard Tandy - teclados, guitarras (1973-1986, 1999-)
  • Kelly Groucutt - Baixo, coros (1975-1983)
  • Michael D'Albuquerque - Baixo, coros (1973-1974)
  • Mike Edwards - violoncello (1973-1974)
  • Hugh McDowell - violoncello (1973-1979)
  • Andy Craig - violoncello (1971-1972)
  • Wilfred Gibson - violín (1973)
  • Melvyn Gale - violoncello (1975-1979)
  • Bill Hunt - trompa (1971-1972)
  • Steve Woolam - violín (1971-1972)
  • Trevor Smith - violoncello (1971-1972)
  • Colin Walker - violoncello (1971-1972)
  • Mik Kaminski - violín (1973-1979)
  • Louis Clark - arranxos de orquestra (1974-1979, 1983), teclados (1981-1982, 1986)
  • Martin Smith - Baixo (1986)
  • Dave Morgan - guitarras, vocoder, coros (1981-1982, 1986)
  • George Harrison - guitarras, coros (2000-2001) (Só no álbum Zoom)
  • Ringo Starr - tambores (2000-) (Só no álbum Zoom)
  • Rosie Vea - coros (2000-) (Só no álbum Zoom)
  • Marc Mann - guitarras, teclados, coros, arranxos de violoncello (2000-) (Só no álbum Zoom)
  • Gregg Bissonette - tambores, coros (2000-) (Só no álbum Zoom)
  • Matt Bissonette - Baixo, coros (2000-) (Só no álbum Zoom)
  • Peggy Baldwin - violoncello (2000-) (Só no álbum Zoom)
  • Sarah Ou'Brien - violoncello (2000-) (Só no álbum Zoom)
Other Languages
беларуская: Electric Light Orchestra
Bahasa Indonesia: Electric Light Orchestra
ქართული: Electric Light Orchestra
Кыргызча: Electric Light Orchestra
русский: Electric Light Orchestra
Simple English: Electric Light Orchestra
татарча/tatarça: Electric Light Orchestra
українська: Electric Light Orchestra
Tiếng Việt: Electric Light Orchestra