Electrófilo

En química, un electrófilo (literalmente amante dos electróns) é un reactivo que é atraído polos electróns e acepta electróns. Os electrófilos son especies químicas cargadas positivamente ou neutras que teñen orbitais libres, que son atraídos a un centro rico en electróns. Participan nunha reacción química aceptando un par de electróns para enlazarse a un nucleófilo. Como os electrófilos aceptan electróns, funcionan como ácidos de Lewis. A maioría dos electrófilos están cargados positivamente, ou ben teñen un átomo que leva unha carga parcial positiva, ou presentan un átomo que non ten un octete de electróns. Os electrófilos son atacados pola parte máis poboada de electróns dun nucleófilo.

Os electrófilos que participan frecuentemente en sínteses orgánicas poden ser catións como o e , moléculas neutras polarizadas como o HCl, haluros de alquilo, haluros de acilo, e compostos carbonilo, ou moléculas neutras polarizables como o Cl2 e Br2, ou tamén axentes oxidantes como os perácidos orgánicos, ou especies químicas que non satisfán a regra do octete como os carbenos e radicais, e algúns ácidos de Lewis como o e DIBAL.

Escala de electrofilia

índice de electrofilia
Flúor 3,86
Cloro 3,67
Bromo 3,40
Iodo 3,09
Hipoclorito 2,52
Dióxido de xofre 2,01
Disulfuro de carbono 1,64
Benceno 1,45
Sodio 0,88
Algúns valores seleccionados [1] (sen dimensións)

Hai varios métodos para situar os electrófilos por orde de reactividade [2] e un deles é o ideado por Robert Parr [1] no que o índice de electrofilia ω vén dado por:

onde é a electronegatividade e é a dureza química. Esta ecuación está relacionada coa clásica ecuación da potencia eléctrica:

onde é a resistencia eléctrica ( Ohm ou Ω) e é a voltaxe. Neste sentido o índice de electrofilia é un tipo de potencia eléctrica. Atipáronse correlacións entre a electrofilia de varios compostos químicos e as velocidades de reacción en sistemas bioquímicos.

Tamén hai un índice de electrofilia para radicais libres. [3] Os radicais fortemente electrofílicos como os halóxenos reaccionan con sitios ricos en electróns, e os radicais fortemente nucleofílicos como o 2-hidroxipropil-2-il e o radical tert-butil reaccionan con preferencia con sitios pobres en electróns.

Other Languages
bosanski: Elektrofil
català: Electròfil
čeština: Elektrofil
Cymraeg: Electroffil
Deutsch: Elektrophilie
English: Electrophile
español: Electrófilo
français: Électrophile
Gaeilge: Leictrifíl
עברית: אלקטרופיל
magyar: Elektrofil
Bahasa Indonesia: Elektrofil
italiano: Elettrofilo
日本語: 求電子剤
한국어: 친전자체
Nederlands: Elektrofiel
polski: Elektrofil
português: Eletrófilo
română: Electrofil
русский: Электрофил
srpskohrvatski / српскохрватски: Elektrofil
Simple English: Electrophile
slovenčina: Elektrofil
српски / srpski: Elektrofil
svenska: Elektrofil
Türkçe: Elektrofil
中文: 亲电体