El Prat de Llobregat

El Prat de Llobregat
Coat of Arms of El Prat de Llobregat.svg
Localización
Localització del Prat de Llobregat respecte del Baix Llobregat.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaBaix Llobregat
Xeografía
Altitude8 msnm
Superficie31,17 km²
Demografía
Poboación63.434 hab. (2010)
Densidade2.035,1 hab/km²
XentilicioPratenc, pratenca
Outros datos
AlcaldeLuis Tejedor Ballesteros (ICV)
www.elprat.cat

El Prat de Llobregat é un municipio e cidade da comarca do Baix Llobregat na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España, e forma parte da área metropolitana de Barcelona.

A cidade atópase a beiras do Mar Mediterráneo e o seu termo municipal dunha superficie de 32,23 km² linda cos de Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Cornellà de Llobregat, Sant Boi de Llobregat e Viladecans. O terreo é practicamente chairo e a súa altitude máxima (5 metros) atópase na Plaça de la Vila.

Historia

El Prat é o único municipio creado cuxo territorio está integramente no delta do Llobregat. As súas terras comezaron a ser habitadas cara ao século X, moito antes da creación do núcleo urbano. A finais do século XVII El Prat aínda non formaba poboado pero posuía unha vida legal independente cun consello e unhas ordenacións municipais desde 1689.

O século XVII é o do nacemento do Prat urbano. Así, entre 1720 e 1740 comezan a construírse as primeiras casas ao redor dos edificios da praza, feito motivado pola autorización concedida a Bernat Gual, un granxeiro, para abrir unha carnicería próxima a un cruzamento de camiños (o que hoxe é a Plaça da Vila). Posteriormente, concedíase o dereito papal para ter unha parroquia propia, e máis tarde crecía aos arredores o hostal.

Pouco despois o pequeno núcleo vese favorecido pola barca que o mesmo Bernat Gual pon en servizo para pasar o río, xa que para ir a comerciar a Barcelona requiríase remontar o río ata a primeira ponte, en Martorell, a 23 km de alí, o que supuña unha viaxe dun día só para ir. Coa barca, o traxecto quedou reducido a oito quilómetros, cousa que fixo que moitos máis campesiños interesásense en instalarse no Prat.

A construción da ponte de Ferran Puig para cruzar o río (1873), a chegada do ferrocarril (1881) e o descubrimento da auga artesiana (1893) abriron perspectivas de desenvolvemento á poboación que se materializarán no século XX.

El Prat afronta a entrada do novo século cun feito fundamental no campo: a consolidación dos cultivos de regadío, que conseguiron desbancar totalmente aos cereais de secaño. O municipio vive uns anos de expansión grazas á comercialización dos excedentes agrícolas, e gozan de especial recoñecemento pola súa calidade a alcachofa, a leituga e o melón.

O aeroporto do Prat e o núcleo urbano.

A ruptura coas formas de vida tradicionais virá provocada, basicamente, pola chegada da industria e a instalación da aviación. O paso de man de obra do campo á fábrica, a chegada masiva de traballadores doutros lugares e a consolidación da semanada en substitución do inseguro xornal, contribuirán a alterar profundamente a configuración social e cultural do Prat. En 1917, coa instalación da Papelera Española, en 1923 cos tres aeródromos en funcionamento (eran os campos da Aeronáutica Naval, o de Josep Canudas e o da compañía francesa Latecoère) e en 1926 coa posta en funcionamento de La Seda, serán anos clave no proceso de transición da sociedade agraria á industrial.

A consolidación do proceso industrializador comportará a chegada masiva de novos poboadores que se atoparán cunha cidade que non está preparada para acoller este fluxo demográfico. El Prat de 1950 tiña 10.038 habitantes e 25 anos máis tarde, en 1975, a poboación total era de 51.058 persoas. Os principais déficit sitúanse na falta de vivendas e de prazas escolares pero tamén se fan evidentes nos servizos, especialmente na auga e na rede de sumidoiros.

Ao longo dos anos setenta do século XX, El Prat viviu un importante crecemento, non sempre equilibrado, para adaptarse á nova realidade social. Nos anos oitenta o crecemento urbano continuou e ampliáronse os polígonos industriais coa chegada de novas empresas. As preocupacións urbanísticas van dirixidas a conseguir unha mellora nos equipamentos, especialmente nos barrios máis densificados e con máis carencias, nun intento de racionalizar o urbanismo incontrolado das décadas anteriores e equilibrar o crecemento.

Other Languages