El Ejido

El Ejido
Flag of El Ejido Spain.svg
Escudo de El Ejido.svg
Localización
Situación do concello na provincia
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaAlmería
ComarcaPoniente Almeriense
Xeografía
Altitude80 msnm
Superficie227 km²
Demografía
Poboación83.774 hab. (INE 2011)
Densidade369,05 hab./km²
XentilicioEjidense
Outros datos
Código postal04700
AlcaldeFrancisco Góngora Cara (PP)
www.elejido.es
Imaxe de satélite do Campo de Dalías.
Torre Laguna.

El Ejido é unha localidade e un municipio español da provincia de Almería, na comunidade autónoma de Andalucía, situado na comarca de Poniente Almeriense, a 32 km da capital de provincia, Almería.

En 2011 tiña 83.774 habitantes e era o terceiro municipio máis poboado da provincia por detrás de Almería e Roquetas de Mar. A súa extensión superficial é de 227 km² e ten unha densidade de 376,16 hab/km².

Xeografía

Situación

Noroeste: Dalías Norte: Dalías Nordés: Dalías e Vícar
Oeste: Berja Rosa de los vientos.svg Leste: La Mojonera
Suroeste: Mar Mediterráneo Sur: Mar Mediterráneo Sueste: Roquetas de Mar

O termo municipal de El Ejido atópase na comarca do Poniente Almeriense, entre o sistema montañoso da Serra de Gádor ao norte e o mar Mediterráneo ao sur. A súa xeografía está constituída principalmente por unha planicie de 45 msnm de altitude, que sofre lixeiras ondulacións (outeiros e valgadas), sendo a vexetación orixinaria de arbustos (esparto, oliveira brava, lentisco etc). A franxa costeira do municipio, de 27 quilómetros de lonxitude, posúe zonas húmidas de importancia ecolóxica.

Limita ao norte co municipio de Dalías, ao leste cos municipios de Roquetas de Mar, La Mojonera e Vícar, ao oeste co de Berja e ao sur co Mar Mediterráneo.

Clima

O clima da comarca é mediterráneo, con invernos suaves (12 °C) e veráns calorosos (28 °C). As precipitacións son escasas (286 mm anuais), e acumúlanse no outono, inverno e primavera, sendo os meses máis húmidos decembro e xaneiro.

Other Languages
aragonés: El Ejido
العربية: إلإيجايدو
تۆرکجه: ال اخیدو
български: Ел Ехидо
català: El Ejido
Deutsch: El Ejido
Ελληνικά: Εχίδο
English: El Ejido
euskara: El Ejido
فارسی: ال اخیدو
suomi: El Ejido
Kreyòl ayisyen: El Ejido (Almería)
magyar: El Ejido
Հայերեն: Էլ-Էխիդո
interlingua: El Ejido
italiano: El Ejido
македонски: Ел Еџидо
Bahasa Melayu: El Ejido
Nederlands: El Ejido
norsk nynorsk: El Ejido
occitan: Ejido, El
polski: El Ejido
português: El Ejido
română: El Ejido
русский: Эль-Эхидо
српски / srpski: Ехидо
Türkçe: El Ejido
українська: Ель-Ехідо
oʻzbekcha/ўзбекча: El Ejido
Tiếng Việt: El Ejido
Winaray: El Ejido
中文: 埃莱希多
Bân-lâm-gú: El Ejido