Efecto Doppler

O efecto Doppler, chamado así polo austríaco Christian Andreas Doppler, é o cambio na frecuencia dunha onda producido polo movemento da fonte respecto ao seu observador, ou a inversa, do observador respecto da fonte emisora, ou de ambolos dous. Doppler propuxo este efecto no ano 1842 no artigo Über das farbige Licht der Doppelsterne und einige andere Gestirne des Himmels (sobre a cor da luz en estrelas binarias e outros astros). O científico holandés Christoph Hendrik Diederik Buys Ballot investigou esta hipótese no ano 1845 para o caso de ondas sonoras, confirmando experimentalmente que a tonalidade dun son emitido por unha fonte que se aproxima ao observador é mais aguda que cando a fonte de emisión se afasta (con músicos tocando unha nota calibrada mentres viaxaban nun vagón de tren na liña férrea Utrecht - Amsterdam). Hippolyte Fizeau descubriu de xeito independente o mesmo fenómeno no caso das ondas electromagnéticas no ano 1848, polo que en Francia este efecto tamén se coñece como Efecto Doppler-Fizeau.

Diagrama do Efecto Doppler, o obxecto móvese cara a esquerda da imaxe(a posición do observador), as ondas mostran nesa dirección unha frecuencia maior, pese a ser emitidas coa mesma frecuencia que as da dereita. Un observador situado a dereita da imaxe escoitaría as ondas a unha frecuencia menor da emitida.

Efecto Doppler no espectro visible do espectro electromagnético

Corremento ao vermello das liñas espectrais no espectro óptico do supercúmulo de galaxias afastadas BAS11 (dereita), comparado co espectro do Sol (esquerda).

No caso do espectro visible da radiación electromagnética, co obxecto emisor (normalmente unha galaxia) afastándose do observador, o espectro de emisión/absorción contido na luz emitida semella terse desprazado a unha frecuencia mais longa, corréndose ao vermello as liñas de Fraunhofer. Cando se achega o obxecto emisor ao observador, o espectro de emisión/absorción contido na luz emitida presentase nunha frecuencia mais curta, corréndose ao azul. Esta desviación ao vermello ou o azul é moi feble incluso para velocidades elevadas da fonte emisora, como nas velocidades relativas entre estrelas ou entre galaxias, e o ollo humano non pode captalo -a ollo nu-, soamente pode medilo indirectamente con instrumentos de precisión como o espectrómetro.

Se o obxecto emisor puidese moverse a fraccións significativas da velocidade da luz, entón si podería apreciarse de forma directa, a ollo nú. Nótese que na Teoría da relatividade especial a luz ten velocidade constante no baleiro (con frecuencia e lonxitude de onda constantes) polo que neste caso o espectro de emisión/absorción do obxecto parecería frearse, inverténdose, no límite do infravermello ou do ultravioleta (non o traspasaría porque nese caso, , converteríase a masa do obxecto en enerxía pura ao chegar a velocidade da luz, desaparecendo as liñas de absorción do espectro da luz segundo a interpretación ortodoxa da relatividade especial), o efecto chámase doppler relativista e produce aberración lumínica, con inversión do corremento ao vermello e ao azul, e con respecto a un observador en repouso unha dilatación espazo-temporal.

Other Languages
Afrikaans: Doppler-effek
Alemannisch: Doppler-Effekt
العربية: تأثير دوبلر
asturianu: Efeutu Doppler
azərbaycanca: Dopler effekti
беларуская: Эфект Доплера
български: Доплеров ефект
brezhoneg: Efed Doppler
bosanski: Dopplerov efekt
čeština: Dopplerův jev
Esperanto: Efiko de Doppler
español: Efecto Doppler
فارسی: اثر دوپلر
français: Effet Doppler
hrvatski: Dopplerov efekt
Kreyòl ayisyen: Efè Doppler
Bahasa Indonesia: Efek Doppler
íslenska: Dopplerhrif
italiano: Effetto Doppler
한국어: 도플러 효과
lietuvių: Doplerio efektas
latviešu: Doplera efekts
македонски: Доплеров ефект
Bahasa Melayu: Kesan Doppler
Nederlands: Dopplereffect
norsk nynorsk: Dopplereffekten
Piemontèis: Efet Doppler
português: Efeito Doppler
română: Efectul Doppler
srpskohrvatski / српскохрватски: Doplerov efekat
Simple English: Doppler effect
slovenčina: Dopplerov jav
slovenščina: Dopplerjev pojav
српски / srpski: Доплеров ефекат
svenska: Dopplereffekt
Türkçe: Doppler etkisi
татарча/tatarça: Допплер эффекты
українська: Ефект Доплера
oʻzbekcha/ўзбекча: Dopler effekti
Tiếng Việt: Hiệu ứng Doppler