Edmond Halley

Edmond Halley
Edmund Halley.gif
Datos persoais
Nacemento 8 de novembro de 1656
Lugar Flag of England.svg Londres, Inglaterra
Falecemento 14 de xaneiro de 1742 (85 anos)
Lugar Union flag 1606 (Kings Colors).svg Greenwich, Gran Bretaña
Soterrado St Margaret's, Lee
Nacionalidade Inglés (despois británico)
Cónxuxe Mary Tooke
Fillos Dr. Edmond Halley
Margaret
Richelle
Actividade
Campo Astronomía, Xeofísica, Matemáticas, Meteoroloxía, Física e Cartografía
Alma máter Universidade de Oxford
Institucións Universidade de Oxford
Astrónomo Real
Contribucións e premios
Coñecido por Cometa Halley
Premios membro da Royal Society

Edmond Halley, nado en Haggerston, Londres, o 8 de novembro de 1656 e finado en Greenwich o 14 de xaneiro de 1742, foi un matemático e astrónomo inglés que, polo seu estudo do Cometa Halley, revelou a natureza periódica dos cometas.

Traxectoria

Fillo dun rico fabricante de xabón, xa dende moi novo amosa interese polas matemáticas e a astronomía da man do astrónomo real, John Flamsteed, profesor seu en Oxford. Logo de se graduar viaxa á illa de Santa Helena, coa intención de estudar as estrelas dende o hemisferio sur. En 1678 regresa a Inglaterra e publica Catalogus Stellarum Australium ( 1679), no que inclúe detalles de 341 estrelas meridionais, e entra na Royal Society.
Un dos seus traballos presentados na Royal Society foi o informe da eclipse total de Sol acontecida o 22 de abril de 1715, que atravesou o centro da Gran Bretaña ( Inglaterra e Gales), feito que non acontecía na illa dende había 500 anos, e calculou tamén o diámetro, dirección e velocidade de paso da sombra. Aplicando a teoría da gravidade de Newton calculou a órbita de varios cometas, descubrindo que a órbita do cometa de 1682 era a mesma que as órbitas dos vistos en 1531 e 1607, chegando á conclusión de que se trataba dun único cometa e que volvería pasar en 1758. Na súa honra déuselle o seu nome a este cometa ( 1P/Halley). Entre 1698 e 1700 percorreu as costas de África austral, ocupado na teoría do magnetismo terrestre no barco Paramour Pink.

Other Languages
Afrikaans: Edmond Halley
العربية: إدموند هالي
অসমীয়া: এডমাণ্ড হেলি
azərbaycanca: Edmund Halley
تۆرکجه: ادموند هالی
беларуская: Эдмунд Галей
беларуская (тарашкевіца)‎: Эдмунд Галей
български: Едмънд Халей
brezhoneg: Edmond Halley
bosanski: Edmond Halley
català: Edmond Halley
čeština: Edmund Halley
Deutsch: Edmond Halley
English: Edmond Halley
Esperanto: Edmond Halley
español: Edmund Halley
euskara: Edmond Halley
français: Edmond Halley
Gaeilge: Edmond Halley
hrvatski: Edmond Halley
Bahasa Indonesia: Edmond Halley
íslenska: Edmond Halley
italiano: Edmond Halley
ქართული: ედმუნდ ჰალეი
Lëtzebuergesch: Edmond Halley
latviešu: Edmonds Halejs
Malagasy: Edmond Halley
македонски: Едмонд Халеј
Bahasa Melayu: Edmond Halley
မြန်မာဘာသာ: အက်မော ဟေလီ
Plattdüütsch: Edmond Halley
Nederlands: Edmond Halley
norsk nynorsk: Edmond Halley
occitan: Edmund Halley
Piemontèis: Edmund Halley
پنجابی: ایڈمنڈ ہیلے
português: Edmond Halley
română: Edmond Halley
sicilianu: Edmond Halley
srpskohrvatski / српскохрватски: Edmond Halley
Simple English: Edmond Halley
slovenčina: Edmund Halley
slovenščina: Edmond Halley
српски / srpski: Едмунд Халеј
svenska: Edmond Halley
Türkçe: Edmond Halley
українська: Едмонд Галлей
oʻzbekcha/ўзбекча: Galley Edmund
Tiếng Việt: Edmund Halley
Winaray: Edmond Halley
Bân-lâm-gú: Edmond Halley
粵語: 哈雷