Ecuador
English: Ecuador

Ecuador
República del Ecuador
Bandeira de Ecuador
Escudo de Ecuador
BandeiraEscudo
Ecuador (orthographic projection).svg
Lema: «Dios, Patria y Libertad»
Himno: Salve, Oh Patria
Capital
 • Poboación
Quito
2 671 191 (2011)
Cidade máis poboadaGuayaquil
Linguas oficiaisEspañol
 • CooficiaisKichwa (Quichua), shuar e outras "son oficiais para os pobos indíxenas"[1]
Forma de gobernoRepública democrática
Lenín Moreno
Otto Sonnenholzner
 •Declarada
 •Recoñecemento
10 de agosto de 1809
16 de febreiro de 1830
SuperficiePosto 75º
 • Total283 560 km²
 • % auga5%
Fronteiras2010 km
Costas2 237 km
PoboaciónPosto 65º
 • Total (2010)14 483 499[2] hab.
 • Densidade58,95 hab./km²
PIB (nominal)Posto 66º
 • Total (2007)56 402 mill. US$[3]
 • per cápita4 151 US$
PIB (PPA)Posto 70º
 • Total (2006)64 671 mill. US$
 • per cápita4 989 US$
MoedaDólar estadounidense
IDH (2007)0,807 (72º) – Alto
XentilicioEcuatoriana/o
Fuso horarioUTC -5
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ec
Prefixo telefónico+593
Prefixo radiofónicoHCA-HDZ
Código ISO218 / ECU / EC
Membro de: ONU, OEA, BID, BM, FMI

Ecuador (en quechua: Ikwayur; en shuar: Ekuatur),[4][5] oficialmente República del Ecuador, é un país de América do Sur, limitado ó norte por Colombia, ó leste e sur por Perú e ó oeste polo Océano Pacífico. Alén do territorio continental, Ecuador posúe tamén as illas Galápagos, sendo o territorio continental máis próximo daquelas illas.

Ecuador é un país multiétnico, con gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica; situado en plena liña ecuatorial, a latitude cero. Ten 256.370 quilómetros cadrados de superficie, o que evidencia que é o estado máis miúdo dos países andinos, mais aínda así conta cunha gran biodiversidade[6].

A súa capital é San Francisco de Quito, sede dos principais entes estatais e do Goberno Nacional e a súa maior cidade é Santiago de Guayaquil, peirao marítimo principal e importante centro económico. Divídese en 24 provincias, distribuídas en catro rexións naturais: Amazonía, Costa, Sierra, e Región Insular. En Ecuador existen 55 volcáns, 14 en estado activo, 14 volcáns inactivos e 42 pasivos, sendo o volcán máis alto o Chimborazo, con 6.310 msnm. É o estado coa máis alta concentración de ríos por milla cadrada no mundo[7]. É tamén o principal exportador de plátano a nivel mundial[8] e un dos principais exportadores de flores, camaróns e cacao.

Historia

Artigo principal: Historia de Ecuador.

O nome Ecuador refírese á liña ficticia que divide o mundo en dous hemisferios (Norte e Sur) que atravesa o país, chamada liña Ecuatorial ou Ecuador. A República de Ecuador é un dos catro países que emerxeron da desintegración da "Gran Colombia" no 1830 (os outros son Colombia, Panamá e Venezuela). Entre 1904 e 1942, Ecuador perdeu territorios nunha serie de conflitos cos seus veciños. En 1941 un conflito territorial entre Ecuador e Perú conduciu ás partes ao "Protocolo de Río de Xaneiro" homologado o 29 de xaneiro de 1942 establecendo fronteiras provisorias. O estado de conflito perdurou entre os dous países ata o 26 de outubro de 1999 cando os presidentes Jamil Mahauad (do Ecuador) e Alberto Fujimori (do Perú) asinaron o acordo denominado "Ata Brasilia". polo cal Perú concedeu un quilómetro cadrado do seu territorio no lugar chamado "Tiwinza" onde 14 soldados de Ecuador foran sepultados, transformándose así nun campo santo. Ambos países asinaron tamén tratados de comercio e acordos de navegación polos cales Ecuador ten o dereito de navegación irrestricta polo río Amazonas.

Época precolombiana

Ruínas de Ingapirca.

Os primeiros rexistros de asentamentos humanos coñecidos no actual territorio ecuatoriano son de fai aproximadamente 12.000 anos. Do Paleoindio fican vestixios en Las Vegas, Chobsi, Cubilán e pinturas rupestres amazónicas. Ademais, existen múltiples vestixios de puntas talladas de obsidiana, cerámica, uso de metais e en menor medida construcións, sendo as máis relevantes as que se achan na serra norte, como son as pirámides de Cochasquí e, na costa, as tumbas da cultura La Tolita. Estas rexións estaban habitadas só por pequenas poboacións de indios até que pasaron a formar parte do gran imperio Inca agás no norte, onde existía o Reino de Quito que se opuxo sen éxito á tentativa inca de integralo no seu imperio.

Á chegada dos incas, estímase que habitaban Ecuador máis de 46 pobos descendentes dos minchaleños e encarnacionillos e os máis numerosos eran: pastos, caranquis, imbayas, paltas, puruháes, panzaleos, cañaris, quitus, hambatus e outros, que foron sometidos mediante a potencia militar inca e por pactos entre os monarcas locais e os delegados do Imperio. Durante o Incario, construíronse algúns asentamentos, sendo dos máis importantes Ingapirca e Tumipampa (Tomebamba). A permanencia desta situación non foi maior de 60 anos.

Etapa española

En 1534, o español Sebastián de Benalcázar conquistou terras ecuatorianas. Este, unha vez tomada a capital, Quito, o maior asentamento poboacional prehispánico en 1563, refundouna como cidade española, capital da Presidencia de Quito e Real Audiencia de Quito formando parte do Vicerreinado do Perú. Os españois utilizaron non só os asentamentos urbanos indíxenas como base das novas cidades mestizas, senón que tamén usaron varios elementos da estrutura social autóctona para colonizar os territorios que ocuparon; os indíxenas superábanos en número, mais os españois tiñan unha maior destreza militar polo que someteron ás poboacións indíxenas. Os Incas, ademais de estar en guerras internas descoñecían as armas de fogo. Dise que moitos indíxenas pensaron que os españois que montaban os seus cabalos eran seres de catro patas, e comparaban o son dos canóns co dos tronos, mais non pasou moito tempo ata que os indíxenas comezaron a defenderse a pesar da súa desvantaxe.

En 1739, integrouse o Vicerreinado de Nova Granada xunto con Caracas, Panamá e Santa Fé de Bogotá. Para o sometemento indíxena utilizáronse oprobiosas institucións, como a Mita e a Encomienda, que reduciron gran parte da poboación; ademais enfermidades como o sarampelo reduciron a poboación indíxena. Isto fixo que para o traballo forzado se trouxera poboación africana negra, en calidade de escravos, o que contribuíu á mestizaxe do Ecuador actual.

Emancipación e Gran Colombia

Os tres departamentos (Quito, Cundinamarca e Venezuela) na época da Gran Colombia federada.
Artigo principal: Independencia de Ecuador.

Os primeiros movementos empezaron en 1809 coa rebelión dos crioulos contra o dominio español coñecida como Primeiro Grito de Independencia Americana. Aínda que tamén existiron outros precursores como Eugenio Espejo, indíxena que lanzou as primeiras proclamas por escrito na publicación El Nuevo Luciano de Quito. Os sublevados formaron unha Xunta de Goberno provisional o 10 de agosto de 1809 en Quito, mais os participantes acabaron sendo encarcerados e asasinados na Matanza do 2 de agosto de 1810. Aínda que nesta data non se falaba explicitamente da independencia do Ecuador, senón de fundar unha república monárquica ou unha monarquía republicana e de cambiar as autoridades afrancesadas de Quito, mantendo a fidelidade ao rei Fernando VII[9], parte da historiografía do Ecuador considera este acontecemento como o Primeiro Grito de Independencia Hispanoamericana e o inicio do proceso de emancipación da rexión.

Rematado o dominio francés e coa negativa do rei de España, Fernando VII, de acatar a A Pepa, desatáronse na América española unha serie de revoltas independentistas. Así, a antiga Presidencia e Audiencia de Quito consegue escindirse na Batalla de Pichincha do 24 de maio de 1822, grazas ao Mariscal Antonio José de Sucre, lugartenente de Simón Bolívar.

Os territorios de Quito e Guayaquil (que se separaran de España o 9 de outubro de 1820 e mantiñan un goberno propio) pasaron a formar parte da Gran Colombia baixo o nome de Distrito do Sur. Á Gran Colombia tamén se anexionaría o resto da terra ecuatoriana. O colapso da nova república deu lugar á formación dos estados de Nova Granada (actuais Colombia e Panamá), Venezuela e Ecuador en 1830.

Primeiro século da República

O presidente Gabriel García Moreno.
Artigo principal: Estado Liberal Ecuatoriano.

A República do Ecuador como tal naceu en 1830, cando abandonou definitivamente a federación da Gran Colombia. Para a nacente nación agardábase como presidente a Antonio José de Sucre, mais este foi asasinado, segundo algunhas versións, polo venezolano Juan José Flores, quen tomaría cargo como o primeiro presidente da República do Ecuador. Flores recolleu un país en caos e estivo mandando durante quince anos consecutivos, interrompidos de 1934 até 1893, cando sería o presidente Vicente Rocafuerte, aínda que o venezolano retomaría o poder despois. Cando Flores volveu, os grupos de poder da costa levantáronse co obxectivo de eliminar o militarismo estranxeiro. O presidente para o cargo foi José Joaquín de Olmedo, pensador guayaquileño, que só se mantivo no poder até que o lexislativo chamou a eleccións e se nomeou a Vicente Ramón Roca como presidente do Ecuador. Dende 1845 a 1859 viviuse un período de gobernos liberais até unhas eleccións onde se tornou presidente Gabriel García Moreno dende 1859 até 1875, ano no que foi asasinado.

Trala morte de Gabriel García Moreno os dous partidos políticos do Ecuador trataron de unificar o seu pensamento. Antonio Borrero Cortázar foi o primeiro presidente froito desta unificación, pero só durou un ano no poder e sería seguido por Ignacio de Veintimilla e a posterior aparición do reformista Eloy Alfaro. No período do presidente Luis Cordero realizouse a coñecida Venda da Bandeira, o que desencadeou unha revolta militar que deu orixe ao liberalismo ecuatoriano con Eloy Alfaro como presidente constitucional.

Houbo un Goberno Plural Civil-Militar no cal cada integrante da xunta gobernaba durante unha semana, gobernando así até marzo de 1926 cando a xunta cesou a súa actividade e se nomeou como presidente a Isidro Ayora quen expediu unha nova constitución. En 1930 produciuse unha deflación xeral e Ayora viuse obrigado a renunciar, deixándolle o poder ao ministro de Goberno, Luis Larrea Alba, quen asumiu o poder o 24 de agosto de 1931 e ante a negativa do congreso para adquirir poderes plenos, decidiu disolvelo e o pobo reaccionou fronte á ditadura e así entregoulle o poder ao presidente do Senado Alfredo Baquerizo Moreno quen convocou comicios presidenciais para outubro, e tras unha serie de problemas de gobernos, Velásco Ibarra chegaría en 1934.

Estado de emerxencia de 2019

Artigo principal: Protestas en Ecuador de 2019.

Unha serie de protestas comezaron o 3 de outubro de 2019 contra o fin dos subsidios e as medidas de austeridade adoptadas polo Presidente de Ecuador Lenín Moreno e a súa administración. O 10 de outubro, os manifestantes tomaron a capital, Quito causando que o Goberno de Ecuador se trasladase a Guayaquil,[10] mais coa intención de regresar a Quito.[11]

Other Languages
Acèh: Èkuador
адыгабзэ: Экуадор
Afrikaans: Ecuador
Alemannisch: Ecuador
አማርኛ: ኤኳዶር
aragonés: Ecuador
Ænglisc: Ecuador
العربية: الإكوادور
مصرى: اكوادور
asturianu: Ecuador
Aymar aru: Ikwadur
azərbaycanca: Ekvador
تۆرکجه: اکوادور
башҡортса: Эквадор
Boarisch: Ecuador
žemaitėška: Ekvaduors
Bikol Central: Ekwador
беларуская: Эквадор
беларуская (тарашкевіца)‎: Эквадор
български: Еквадор
भोजपुरी: इक्वेडोर
Bislama: Ecuador
বাংলা: ইকুয়েডর
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: ইকুয়াডর
brezhoneg: Ecuador
bosanski: Ekvador
буряад: Эквадор
català: Equador
Chavacano de Zamboanga: Ecuador
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Ecuador
нохчийн: Эквадор
Cebuano: Ecuador
ᏣᎳᎩ: ᎡᏆᏙᎵ
کوردی: ئێکوادۆر
qırımtatarca: Ekvador
čeština: Ekvádor
Чӑвашла: Эквадор
Cymraeg: Ecwador
dansk: Ecuador
Deutsch: Ecuador
Zazaki: Ekwador
dolnoserbski: Ekuador
डोटेली: इक्वेडर
ދިވެހިބަސް: އިކުއެޑޯރު
eʋegbe: Ecuador
English: Ecuador
Esperanto: Ekvadoro
español: Ecuador
eesti: Ecuador
euskara: Ekuador
estremeñu: Equadol
فارسی: اکوادور
suomi: Ecuador
Võro: Ecuador
føroyskt: Ekvador
français: Équateur (pays)
Nordfriisk: Ekwadoor
Frysk: Ekwador
Gaeilge: Eacuadór
Gagauz: Ekvador
Gàidhlig: Eacuador
Avañe'ẽ: Ekuator
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: एक्वादोर
ગુજરાતી: ઈક્વેડોર
Gaelg: Ecuador
Hausa: Ecuador
客家語/Hak-kâ-ngî: Ecuador
עברית: אקוודור
हिन्दी: ईक्वाडोर
Fiji Hindi: Ecuador
hrvatski: Ekvador
hornjoserbsce: Ekwador
Kreyòl ayisyen: Ekwatè (peyi)
magyar: Ecuador
հայերեն: Էկվադոր
interlingua: Ecuador
Bahasa Indonesia: Ekuador
Interlingue: Ecuador
Igbo: Ecuador
Ilokano: Ecuador
Ido: Equador
íslenska: Ekvador
italiano: Ecuador
日本語: エクアドル
Patois: Ekuaduor
la .lojban.: ekuador
Jawa: Ékuadhor
ქართული: ეკვადორი
Qaraqalpaqsha: Ekvador
Kabɩyɛ: Ekuwatɛrɩ
Gĩkũyũ: Ecuador
қазақша: Эквадор
kalaallisut: Ecuador
ಕನ್ನಡ: ಎಕ್ವಡಾರ್
한국어: 에콰도르
kurdî: Ekuador
kernowek: Pow Ekwadorel
Кыргызча: Эквадор
Latina: Aequatoria
Ladino: Ekvador
Lëtzebuergesch: Ecuador
лезги: Эквадор
Lingua Franca Nova: Ecuador
Limburgs: Ecuador
Ligure: Ecuadòr
lumbaart: Ecuador
لۊری شومالی: اٛکڤادور
lietuvių: Ekvadoras
latgaļu: Ekvadors
latviešu: Ekvadora
Malagasy: Ekoadôra
олык марий: Эквадор
Māori: Ekuatoa
македонски: Еквадор
മലയാളം: ഇക്വഡോർ
монгол: Эквадор
मराठी: इक्वेडोर
кырык мары: Эквадор
Bahasa Melayu: Ecuador
Malti: Ekwador
Mirandés: Eiquador
မြန်မာဘာသာ: အီကွေဒေါနိုင်ငံ
مازِرونی: اکوادر
Dorerin Naoero: Ekwador
Nāhuatl: Ecuador
Plattdüütsch: Ecuador
नेपाली: इक्वेडर
नेपाल भाषा: इक्वेडोर
Nederlands: Ecuador
norsk nynorsk: Ecuador
norsk: Ecuador
Novial: Equador
Livvinkarjala: Ekvador
Oromoo: Iqqu'aador
ଓଡ଼ିଆ: ଇକ୍ୱାଡୋର
Ирон: Эквадор
ਪੰਜਾਬੀ: ਏਕੁਆਦੋਰ
Pangasinan: Equador
Kapampangan: Ecuador
Papiamentu: Ecuador
Norfuk / Pitkern: Ekwador
polski: Ekwador
Piemontèis: Ecuador
پنجابی: ایکویڈار
português: Equador
Runa Simi: Ikwayur
rumantsch: Ecuador
romani čhib: Ekuador
română: Ecuador
armãneashti: Ecuador
русский: Эквадор
русиньскый: Еквадор
Kinyarwanda: Ekwadoro
संस्कृतम्: एक्वाडोर
саха тыла: Экуадор
sardu: Ecuador
sicilianu: Ecuador
Scots: Ecuador
davvisámegiella: Ecuador
srpskohrvatski / српскохрватски: Ekvador
සිංහල: ඉක්වදෝරය
Simple English: Ecuador
slovenčina: Ekvádor
slovenščina: Ekvador
Gagana Samoa: Ekuatoa
chiShona: Ecuador
Soomaaliga: Ikwadoor
shqip: Ekuadori
српски / srpski: Еквадор
Seeltersk: Ecuador
Sunda: Ékuador
svenska: Ecuador
Kiswahili: Ekuador
ślůnski: Ekwadůr
తెలుగు: ఈక్వడార్
tetun: Ekuadór
тоҷикӣ: Экуадор
Tagalog: Ecuador
Tok Pisin: Ekuwado
Türkçe: Ekvador
татарча/tatarça: Эквадор
удмурт: Эквадор
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئېكۋادور
українська: Еквадор
oʻzbekcha/ўзбекча: Ekvador
vèneto: Ecuador
vepsän kel’: Ekvador
Tiếng Việt: Ecuador
West-Vlams: Ecuador
Volapük: Lekvadorän
walon: Ecwateur
Winaray: Ecuador
Wolof: Ekwadoor
吴语: 厄瓜多尔
მარგალური: ეკვადორი
ייִדיש: עקוואדאר
Vahcuengh: Ecuador
Zeêuws: Ecuador
中文: 厄瓜多尔
文言: 厄瓜多
Bân-lâm-gú: Ecuador
粵語: 厄瓜多爾