EDI

EDI é o acrónimo inglés para o intercambio electrónico de datos (en inglés electronic data interchange). Refírese á transmisión estruturada de datos entre organizacións por medios electrónicos. Emprégase para transferir documentos electrónicos ou datos de negocios entre un sistema informático e outro. Este intercambio pode realizarse en diferentes formatos: EDIFACT, XML, ANSI, ASC, X12, TXT, etc.

Características

Albarás, facturas, ordes de compra e outros documentos comerciais electrónicos poden tramitarse directamente dende o sistema informático da empresa emisora ó sistema informático da empresa receptora, co consecuente aforro en tempo e evitando os erros da comunicación tradicional en papel

EDIFACT, o formato de máis amplo uso, é un estándar da Organización das Nacións Unidas para o intercambio de documentos comerciais no ámbito mundial. Existindo diversas variantes axeitadas para cada área de negocio (distribución, automoción, transporte, aduanas, etc) ou para cada país. Así, por exemplo, AECOC regula o estándar EDI do sector da distribución. Para o intercambio deste tipo de información sóese empregar as redes de valor engadido. Ademais do intercambio de información, estas redes permiten o seu rexistro ou gravación.

Other Languages