Duraluminio

Reforzo transversal de duraluminio afectado polo incendio do dirixible LZ 129 Hindenburg, recuperado do lugar onde caeu, ea Base Aérea McGuire, Nova Jersey, o 6 de maio de 1937.
Peza usada no dirixible USS Akron.

O duraluminio é unha aliaxes de aluminio (> 90 %) con cobre (3-5 %), magnesio (0,4-2,4 %) e manganeso (0,3-1 %) e, ás veces, unha pequena porcentaxe de silicio. Pertence á familia das aliaxes aluminio-cobre. [1]

Foi descuberto accidentalmente en 1908 polo químico e enxeñeiro metalúrxico alemán Alfred Wilm (1869-1937), [2] en Düren ( Alemaña), [3] aínda que non foi introducido na industria até 1909. [4]

Antes de ser sometido a un tratamento térmico, a aliaxe é dúctil e maleábel. Pero co tratamento térmico, unha reacción entre o aluminio e o magnesio provoca un aumento na dureza e a resistencia á tracción.

Propiedades

O seu peso lixeiro e outras propiedades físicas fixeron que o duraluminio fora amplamente utilizado na industria aeroespacial desde a década de 1920. As súas principais característica son a grande resistencia á tracción e a súa moi elevada resistencia mecánica a temperatura ambiente. [1] Porén, a súa resistencia á corrosión, soldabilidade e aptitude para o anodizado son baixas.

  • Boa mecanización.
  • Pouca resistencia á abrasión.
  • Pouca resistencia á corrosión.
Other Languages
العربية: ديورالومين
беларуская: Дзюралюміній
български: Дуралуминий
català: Duralumini
čeština: Dural
Deutsch: Duraluminium
English: Duralumin
Esperanto: Duraluminio
español: Duraluminio
français: Duralium
Gaeilge: Dúralúman
hrvatski: Duraluminij
italiano: Duralluminio
한국어: 두랄루민
Кыргызча: Дуралюмин
lietuvių: Duraliuminis
Nederlands: Duraluminium
occitan: Duralium
polski: Duraluminium
português: Duralumínio
română: Duraluminiu
русский: Дюралюминий
srpskohrvatski / српскохрватски: Duraluminij
Simple English: Duralumin
slovenčina: Dural
slovenščina: Duraluminij
српски / srpski: Дуралуминијум
svenska: Duraluminium
українська: Дюралюміній
Tiếng Việt: Đura
中文: 杜拉鋁