Ducado de Borgoña


Duché de Bourgogne
Ducado de Borgoña
880–1477
Bandeira Escudo
Territorios da dinastia de Valois-Borgoña
durante o goberno de Carlos o Temerario
Capital Dijon (tamén Bruxas e Gante)
Lingua latín
linguas de oïl (Bourguignon), flamengo
Relixión Igrexa Católica
Goberno Monarquía
Duque de Borgoña
 • 880- 921 primeiro duque.
 • 1467 - 1477 último duque efectivo.
Período histórico Idade Media
 •  Tratado de Verdún 880
 •  Guerra dos Cen Anos 1337 - 1453
 •  Creación da Orde do Vélaro de Ouro 1430
 •  Guerra de Borgoña 1474 - 1477
 •  Batalla de Nancy 1477

O Ducado de Borgoña foi un dos estados máis importantes da Europa medieval, que foi practicamente independente entre 880 e 1477.

Non debe ser confundido co condado de Borgoña, outro territorio de Francia.

A partir de 1006, o ducado foi un apanaxe ( feudo concedido a un príncipe, en compensación de que só o primoxénito herdaría a coroa) gobernado sucesivemente por dúas liñaxes de sangue real, Capetos directos e Valois.

Como consecuencia do matrimonio do duque con Margarida de Flandres, os Valois-Borgoña deron tal extensión ás súas posesións nos Países Baixos entre 1363 e 1477 que fixo que pretenderan converter ao seu Estado borgoñón nun estado independente. Porén, este crecemento tan rápido conduciu á formación dunha coalición encabezada pola Confederación Suíza e o duque de Lorena que infrinxiu unha serie de derrotas ao último duque Carlos o Temerario, quen finalmente encontrou a morte baixo as murallas de Nancy.

A Borgoña propiamente dita convértese incluso nun Goberno e unha Xeneralidade do reino de Francia. O seu territorio correspondía principalmente aos actuais departamentos de:

O seu territorio aumentaría coa adición de Bresse e do Bugey, cando Savoia cedeu a Henrique de Borbón, rei de Francia e de Navarra, as súas posesións na beira dereita do Ródano.

En canto ás posesións dos duques de Borgoña nos Países Baixos, foi Carlos V, neto de Carlos o Termerario, quen fará deles unha entidade política independente.

Grazas á súa riqueza e vasto territorio, o ducado foi tanto política como economicamente moi importante. Tecnicamente eran vasalos do rei de Francia, pero os duques de Borgoña souberon manter unha política propia.

Historia

As primeires casas ducais

A repartición da antiga Burgundia entre Francia e Xermania

O ducado de Borgoña foi un dos herdeiros da antiga Burgundia merovinxia, que rexurdiu con ocasión dos numerosos repartimentos carolinxios. Ao fío das guerras aparecen e coexisten o reino de Borgoña, o ducado de Borgoña e o condado de Borgoña.

En 841 aparece o título de dux Burgundiae potentissimus, que levaba o conde Guerín, un comandante militair.

Os repartimentos de 843 en Verdún, de 855 en Prüm e de 870 en Meerssen foron a orixe da separación perdurábel dos territorios en Borgoña occidental (ducado) e oriental (condado): as terras ao oeste dos ríos Saona e Ródano son para Carlos o Calvo, e as do leste para Lotario. [1]

Creación do condado: os Bosónidas (898-952)

En 879, Bosón de Provenza, conde de Vienne e de Autun, convértese en rei. As súa posesións abarcaban gran parte da antiga Borgoña. Pero o rei da Francia Occidental Carlomán II, apoiado polo propio irmán de Bosón, Ricardo I de Borgoña, chamado Ricardo o Xusticeiro, reduciu o seu reino á Provenza.

Ricardo convértese en Conde de Autun en 883. En 887, á morte de Bosón, herdou os condados de Troyes e de Nevers. En 894, o rei Eudes I de Francia concédelle o título de marqués. En 898, conquista o condado de Sens. Isto foi o cemezo do ducado de Borgoña que estaba formamdo.

Contra 918, titúlase como dux, así que foi o primeiro duque de Borgoña (un dos seis pares laicos primitivos de Francia) reunindo entón os condados de Autun, Nevers e Auxerre. Os condes e os bispos de Brienne, Chalon, Beaune, Troyes e Langres, sitúanse baixo a súa autoridade no contexto das invasións normandas. [2] Funda así a primeira dinastía dos duques de Borgoña, a dos Bosónidas (898-952).

O ducado Robertino (956-1002) e Capeto (1006-1361)

Os Tobertinos dispútanlle o ducado de Borgoña á familia do rei Raúl desde 936.

Hugo o Grande (943-956) obtén do rei de Francia Luís IV o ducado de Borgoña despois de que os seus fillos Otón (956-965) e Henrique (965-1002), irmáns de Hugo Capeto, o sucederan. O ducado foi retido enseguida por Roberto o piadoso, fillo de Hugo Capeto, que llo outorgou ao seu terceiro fillo Roberto, cuxos descendentes constitúen até 1361 unha rama secundaria da dinastía dos Capetos (primeira casa Capeto de Borgoña).

Desde 1363 a 1482 serían outros Capetos, unha rama secundaria dos Valois, os que reinarían no ducado.

Formación e apoxeo do Estado borgoñón: A dinastía Valois-Borgoña

Artigo principal: Estado borgoñón.

En 1363, , cuarto fillo do rei Xoán II de Francia, recibiu do seu pai o ducado de Borgoña como feudo. En 1369 Filipe casou coa condesa Margarida III de Flandres, herdeira do condado palatino de Borgoña, e tamén dos condados de Artois, Flandres, Nevers e Rethel. E así, en 1384, titulouse deste xeito:

Philippe, fils du roy de France, duc de Bourgoingne, conte de Flandres, d'Artois et de Bourgoingne palatin, de Nevers, de Retel, sire de Salins et de Malines. [3]
Filipe, fillo do rei de Francia, duque de Borgoña, conde de Flandres, de Artois e palatino de Borgoña, de Nevers, de Rethel, señor de Salins e de Malinas.

Inaugurouse así unha política matrimonial seguida polos seus sucesores, que construíron o Estado borgoñón. En 1385 Filpe casou aos seus fillos e Margarida con senllos fillos do duque Alberto I de Baviera, tamén conde de Holanda (con Frisia), de Zelandia e de Hainaut, preparando así a unión dinástica ao Estado borgoñón.

Tras a derrota de Azincourt, en 1415, Xoán sen Medo, contrario aos armagnac, aproximouse aos ingleses, do que resultou o seu asasinato nunha entrevista co delfín Carlos. Sucedeuno finalmente o seu fillo , que completou a súa alianza cos ingleses polo tratado de Troyes (1420), no que se desherdaba ao delfín en beneficio do fillo do rei de Inglaterra, o futuro Henrique VI; desta maneira foise conformando o poder e a influencia que tiñan os territorios rexidos polo duque de Borgoña.

Francia en 1435 e, en vermello máis intenso, os territorios franceses do duque de Borgoña .

En 1421 Filipe III titulábase «Filipe, duque de Borgoña, conde de Flandres, de Artois e palatino de Borgoña, señor de Salins e de Malinas». [3] Durante a guerra dos Cen Anos, Filipe III herdou de varios primos e apropiouse de varios territorios nos Países Baixos: incorporou ao ses dominios Namur, por compra, en 1429; os condados de Hainaut, Holanda (co señorío de Frisia) e Zelandia, en 1432, por conquista; os ducados de Brabante e de Limburgo, en 1430, por herdanza; e o ducado de Luxemburgo, en 1443, por compra, aínda que dita operación non foi recoñecida até 1467 por Isabel de Austria, esposa de Casimiro IV de Polonia e Lituania.

Estas adquisicións foron confirmadas no tratado de Arrás (1435) por Carlos VII de Francia a cambio de recoñecelo como rei de Francia fronte ás aspiracións inglesas, o cal manifesta a influencia e poder territorial do duque de Borgoña dentro de Francia.

Filipe o Bo morreu en 1467, e os títulos do seu fillo Carlos o Temerario, en 1467, reflicte ben o crecemento do poder territorial da dinastía borgoñoa: [4]

Charles, par la grace de Dieu, duc de Bourgoingne, de Lothier, de Brabant, de Lembourg, et de Lucembourg, comte de Flandres, d'Artois, de Bourgoingne palatin, de Haynnau, de Hollande, de Zellande et de Namur, marquis du Saint Empire, seigneur de Frise, de Salins et de Malines.
Carlos, pola graza de Deus, duque de Borgoña, da Baixa Lorena, de Brabante, de Limburgo e de Luxemburgo, conde de Flandres, de Artois, de Borgoña, de Hainaur, de Holanda, de Zelandia e de Namur, marqués do Santo Imperio, señor de Frisia, se Salins e de Malinas. [3]

O duque Carlos o Temerario lanzouse a unha política de creación dun reino borgoñón, para o que intentou procurar a vinculación entre as terras propiamente borgoñoas ("pays de par-delà") e as terras neerlandesas do norte ("pays de par-deça"). Isto levouno a unha confrontación co rei Luís XI de Francia, que se intensificou a partir da humillación que lle infrixiu co tratado de Péronne de 1468; por outra parte, en 1473, nun encontro en Tréveris co emperador Federico III, para concertar o matrimonio da súa filla María co fillo de Federico III, Maximiliano, intentou ser coroado rey, [5] pero as negociacións interrompéronse bruscamente, quizais debido ás intrigas do rei de Francia, [6] non sen antes recoñecer a Carlos a investidura dos ducados de Güeldres e de Zutphen.

A pesar de non conseguir o título de rei, Carlos proseguiu a súa política expansiva conquistando os territorios que separaban as dúas zonas (ambas as Borgoñas ao sur, e Flandres ao norte). A súa loita contra as cidades alsacianas e a ocupación da Lorena, propiciou a unión dos seus veciños na Liga de Constanza e, coa neutralización dos ingleses polo tratado de Picquigny (1475), foi derrotado e morto na batalla de Nancy, en xaneiro de 1477. [7]

O ducado pasou á coroa francesa e dous anos máis tarde Xoán II de Francia concedeulle o título ao seu fillo máis pequeno, Filipe. Filipe casou con Margarida III de Flandres e a través desta unión o ducado de Borgoña uniuse ao Condado de Flandres, Artois, Nevers, Rethel e aos ducados de Brabante e de Limburgo.

A última duquesa da Borgoña independente foi María de Borgoña, que casou con Maximiliano I, arquiduque de Austria e futuro emperador do Sacro Imperio. Nas capitulacions matrimoniais estipulouse que o seu segundo fillo sería quen herdase os territorios maternos pero María faleceu nun accidente de cabalo antes de que iso acontecese. Logo desta traxedia, o ducado de Borgoña foi incorporado a Francia, mentres que os outros territorios do Estado borgoñón (os Países Baixos) pasaron á Casa dos Austria.

Other Languages
azərbaycanca: Burqundiya hersoqluğu
Bahasa Indonesia: Kadipaten Bourgogne
português: Ducado da Borgonha
srpskohrvatski / српскохрватски: Burgundsko Vojvodstvo
slovenščina: Vojvodina Burgundija