Drácula de Bram Stoker

Drácula de Bram Stoker
Ficha técnica
Título orixinalBram Stoker's Dracula
DirectorFrancis Ford Coppola
ProdutorFrancis Ford Coppola
Fred Fuchs
GuiónJames V. Hart
Bram Stoker
IntérpretesGary Oldman
Winona Ryder
Anthony Hopkins
Keanu Reeves
MúsicaWojciech Kilar
Annie Lennox
FotografíaMichael Ballhaus
MontaxeAnna Goursand
Glen Scantlebury
Nicholas C. Smith
DistribuidoraColumbia Pictures
Sony Pictures Entertainment
EstreaFlag of the United States.svg 13 de novembro de 1992
Galicia 10 de marzo de 2009 (TVG)
Duración128 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento$40 000 000[1][2]
Recadación$215 862 692[3]

Drácula de Bram Stoker (en inglés: Bram Stoker's Dracula) é un filme de horror e romance, estreada en 1992 e dirixida por Francis Ford Coppola. A historia baséase no libro Drácula de Bram Stoker. Actúan entre outros Gary Oldman, Keanu Reeves, Anthony Hopkins e Winona Ryder. Estreouse en galego na TVG o 10 de marzo de 2009.[4]

Como en moitas outras ocasións a película viu como resultado dun longuísimo proceso de preparación, e respondía a fins creativos de Coppola, non comerciais. O seu obxectivo principal era revitalizar o personaxe de Drácula adaptándoo ó gusto contemporáneo, o que Coppola procurou mediante dúas novidades: recuperar boa parte da novela de Bram Stoker, eliminando engadidos doutros filmes, e por outro lado presentar o lado humano e sentimental do protagonista, máis alá do morbo sexual suxerido en versións anteriores. Para iso, Coppola reconstrúe o pasado do conde Drácula "antes de" ser Drácula, e o presenta como un condenado, un maldito.

Ó contrario que noutras versións, Coppola ambienta a acción na época vitoriana, a de Bram Stoker, cando a súa novela foi publicada asentando o mito do vampiro fusionando personaxes e tradicións de orixe dispar. Coppola amosa o Londres anterior a 1900 dun xeito moi orixinal. Fronte á Romanía rural, oponse a cidade ilustrada con estética mestiza, entre europea e asiática. A ambientación do cabaleiro Drácula, no século XV, é moi elocuente, así como certos atuendos de Drácula maior (como un quimono vermello de longa cola). Esta visión do protagonista choca coa tradicional, de aristócrata con chaqué.

A banda sonora foi composta por Wojciech Kilar, e o seu tema principal foi interpretado por Annie Lennox.

Foi a novena película con maior recadación en 1992 con máis de 200 millóns de dólares. Gañou 3 Premios Oscar en 1992 (deseño de vestiario, maquillaxe e edición de son).

Argumento

No ano 1890, o avogado Jonathan Harker viaxa a un castelo perdido de Transilvania, onde coñece ó Conde Drácula, que en 1462 perdeu ó seu amor Elisabeta durante a guerra contra os turcos, e por ese motivo renega de Deus e convértese nunha criatura maldita. O Conde, fascinado por unha fotografía de Mina Murray, a prometida de Harker, que lle lembra á súa Elisabeta, viaxa ata Londres "cruzando océanos de tempo" para coñecela. Xa en Inglaterra, intentará conquistar e seducir a Lucy, a mellor amiga de Mina.

Other Languages
беларуская (тарашкевіца)‎: Дракула (фільм, 1992)
hrvatski: Drakula (1992.)
Bahasa Indonesia: Dracula (film 1992)
Lëtzebuergesch: Dracula (Film 1992)
Plattdüütsch: Bram Stoker’s Dracula
srpskohrvatski / српскохрватски: Dracula (film, 1992)
Simple English: Bram Stoker's Dracula
українська: Дракула (фільм, 1992)