Doenza

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Imaxe microscópica da Mycobacterium tuberculosis, unha bacteria patóxena infecciosa que é a principal causante da tuberculose.

Unha doenza ou enfermidade é unha condición anormal que afecta ó corpo dun organismo. A miúdo é interpretada como unha condición médica asociada a uns síntomas e sinais específicos. Pode ser causada por factores procedentes dunha fonte externas, como as enfermidades infecciosas, e poden causar dor, disfunción, malestar, problemas sociais ou a morte á persoa aflixida. No senso máis amplo, tamén se inclúen feridas, discapacidades, desordes, síndromes, infeccións, síntomas illados, desviación do comportamento, e variacións atípicas de estruturas e funcións, mentres que noutros contextos e para outros propósitos son consideradas noutras categorías. As doenzas adoitan afectar ás persoas non só fisicamente, senón tamén emocionalmente, xa que poden alterar a perspectiva da vida e a personalidade das persoas.

Existen catro tipos principais de doenzas: doenzas patóxenas, doenzas de discapacidade, doenzas hereditarias e doenzas psicolóxicas. Tamén poden ser clasificadas como transmisibles e non transmisibles. A doenza máis común do mundo é doenza das enxivas que afecta a 3 de cada 4 persoas.[1] A doenza máis mortal do mundo é a doenza isquémica do corazón (obstrución da circulación do sangue),[2] seguida polas cerebrovasculares e as infeccións das vías respiratorias.[3]

A morte causada por unha doenza é chamada morte por causas naturais. O estudo das doenzas denomínase patoloxía, mentres que a medicina é un corpus do coñecemento máis amplo, abranguendo tanto o coñecemento das enfermidades como o seu tratamento.

Definición e termos relacionados

O concepto de doenza é unha aproximación que orienta sobre o tipo de problema de saúde en cuestión, e axuda no seu entendemento. Toda doenza ten un compoñente conceptual que a categoriza, e proporciona un punto de referencia para identificar que pode ter en común ou diferenciarse unha entidade nosolóxica doutra.

Diferenza entre doenza e outros termos

Por definición, existe unha soa doenza, pero a caracterización e identificación de variados procesos e estados diferentes da saúde levou á discriminación dun universo de entidades distintas (entidades nosolóxicas), moitas delas entendidas estritamente como enfermidades pero outras non (cf. síndrome, entidade clínica e trastorno). Deste xeito, as enfermidades e procesos sucedáneos e análogos, son entendidas como categorías determinadas pola mente humana.

Fitopatoloxía e medicina veterinaria

As enfermidades que afectan ás plantas concirnen á fitopatoloxía, e as patoloxías que afectan ós animais son dominio da ciencia veterinaria. A doenza humana é o núcleo organizador da ciencia médica, pois gran parte do coñecemento médico está orientado cara a enfermidade e a súa solución.[4]

Patoloxía humana e nosoloxía

Estritamente, as doenzas son obxecto de estudo da patoloxía (do grego παθος: 'afección', 'sufrimento'), póla da medicina que investiga as características propias de cada entidade, os seus compoñentes e o proceso que desenvolven, en relación coa evidencia morfofisiolóxica que se imprime na bioloxía do organismo enfermo. Porén, é a nosoloxía a disciplina encargada de gobernar a definición e clasificación das diversas doenzas segundo unha normativa baseada na caracterización e identificación dos compoñentes e funcións que definen cada entidade nosolóxica como algo único e discernible do resto. Así, son estudadas nun contexto máis amplo, comparativo e sistemático, dentro dun esquema global da patoloxía.

Nomenclatura

Para denominar unha doenza, como regra xeral, especifícase a parte do corpo afectada, seguida dun sufixo que indica a etiopatoxenia do problema de saúde.

Exemplos:

  • tendinite: tendón (estrutura anatómica lesionada) + "-ite" (indica proceso inflamatorio).
  • artrose: articulación (estrutura anatómica lesionada) + "-ose" (indica proceso dexenerativo).
  • osteoma: oso (estrutura anatómica afectada) + "-oma" (indica que se desenvolveu unha masa ou tumor).

Algunhas enfermidades levan o nome de quen as descubriu ou describiu por vez primeira; son os denominados epónimos, como é o caso da doenza de Alzheimer e a doenza de Parkinson

Aínda que coloquialmente se emprega moito nese senso, a palabra patoloxía non é sinónimo de 'enfermidade', xa que fai referencia a unha disciplina, e non ó nome das enfermidades.[5]

Other Languages
Afrikaans: Siekte
Alemannisch: Krankheit
aragonés: Malautía
Ænglisc: Ādl
العربية: مرض
ܐܪܡܝܐ: ܟܘܪܗܢܐ
অসমীয়া: ৰোগ
asturianu: Enfermedá
Aymar aru: Usu
azərbaycanca: Xəstəlik
башҡортса: Ауырыу
žemaitėška: Lėga
беларуская: Хвароба
беларуская (тарашкевіца)‎: Хвароба
български: Болест
भोजपुरी: रोग
Bahasa Banjar: Garing
bamanankan: Banaw
বাংলা: রোগ
བོད་ཡིག: ན་ཚ།
brezhoneg: Kleñved
bosanski: Bolest
буряад: Үбшэн
català: Malaltia
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Bâng
کوردی: نەخۆشی
čeština: Nemoc
Cymraeg: Clefyd
dansk: Sygdom
Deutsch: Krankheit
Ελληνικά: Ασθένεια
English: Disease
Esperanto: Malsano
español: Enfermedad
eesti: Haigus
euskara: Eritasun
estremeñu: Malotia
فارسی: بیماری
suomi: Sairaus
Võro: Tõbi
français: Maladie
Frysk: Sykte
Gaeilge: Galar
贛語:
Avañe'ẽ: Mba'asy
客家語/Hak-kâ-ngî: Phiang
עברית: מחלה
हिन्दी: रोग
hrvatski: Bolest
Kreyòl ayisyen: Maladi
magyar: Betegség
interlingua: Maladia
Bahasa Indonesia: Penyakit
Ilokano: Sakit
Ido: Morbo
íslenska: Sjúkdómur
italiano: Malattia
日本語: 病気
Patois: Diziiz
Basa Jawa: Panyakit
ქართული: დაავადება
қазақша: Дерт
ಕನ್ನಡ: ರೋಗ
한국어: 질병
kurdî: Nesaxî
Кыргызча: Оору
Latina: Morbus
Lingua Franca Nova: Maladia
Limburgs: Krenkde
lingála: Bokɔnɔ
lietuvių: Liga
latviešu: Slimība
मैथिली: रोग
Basa Banyumasan: Penyakit
Malagasy: Aretina
македонски: Болест
മലയാളം: രോഗം
монгол: Өвчин
मराठी: रोग
Bahasa Melayu: Penyakit
эрзянь: Ормат
Nāhuatl: Cocoliztli
नेपाली: रोग
Nederlands: Ziekte
norsk nynorsk: Sjukdom
norsk: Sykdom
occitan: Malautiá
ਪੰਜਾਬੀ: ਰੋਗ
polski: Choroba
پنجابی: روگ
پښتو: ناروغي
português: Doença
Runa Simi: Unquy
română: Boală
armãneashti: Lângoari
русский: Болезнь
русиньскый: Хворота
саха тыла: Ыарыы
sicilianu: Affizzioni
Scots: Disease
سنڌي: مرض
srpskohrvatski / српскохрватски: Bolest
සිංහල: රෝග
Simple English: Disease
slovenčina: Choroba
slovenščina: Bolezen
Soomaaliga: Cudur
shqip: Sëmundja
српски / srpski: Болест
svenska: Sjukdom
Kiswahili: Ugonjwa
தமிழ்: நோய்
తెలుగు: వ్యాధి
тоҷикӣ: Беморӣ
ไทย: โรค
Tagalog: Sakit
Türkçe: Hastalık
Xitsonga: Mavabyi
татарча/tatarça: Авыру
українська: Хвороба
اردو: مرض
oʻzbekcha/ўзбекча: Kasallik
vèneto: Malatia
Tiếng Việt: Bệnh
walon: Maladeye
Winaray: Sakit
吴语: 疾病
isiXhosa: Isifiso
ייִדיש: קראנקייט
Yorùbá: Àrùn
中文: 疾病
Bân-lâm-gú: Pīⁿ
粵語: