Discapacidade

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Símbolos correspondentes a distintos tipos de discapacidade.

Dise que unha persoa ten unha discapacidade física ou mentalmente se ten unha función básica limitada respecto da media ou anulada por completo. O Día Mundial celébrase o 3 de decembro.

A discapacidade é un vocábulo que abrangue disfuncións, limitación na actividade e restricións na participación. Unha disfunción é un problema na función ou estrutura corporal; unha limitación na actividade é unha dificultad que atopa un individuo para executar unha tarefa ou acción; restrición na participación é un problema experimentado por un individuo no desenvolvemento das situacións da vida. A discapacidade é entón non só un problema de saúde. É un fenómeno complexo que reflicte a interacción entre as características do corpo dunha persoa e as da sociedade en que vive.

A discapacidade é un concepto discutido, con diferentes significados en conmunidades diferentes.[1] Pode empregarse para referirse a atributos físicos ou mentais que algunhas institucións, particularmente sanitarias, ven que necesitan ser arranxadas (modelo médico). Pode referirse a limitacións impostas sobre as persoas mediante as restricións da capacidade (modelo social). Pode servir para referirse á identidade das persoas con discapacidade.

A discusión sobre a definición de discapacidade xorde do activismo da discapacidade nos Estados Unidos e no Reino Unido na década de 1970, que desafiou o concepto médico de discapacidade. Os debates sobre a terminoloxía e as súas implicacións políticas continúan mesmo no campo dos estudos da discapacidade. Nalgúns países, a lei require que as discapacidades se documenten por un provedor de asistencia médica para acceder a beneficios.

Historia

O entendemento contemporáneo da discapacidade deriva de conceptos que xorden durante a Ilustración científica de occidente; antes desta época, as diferenzas físicas víanse dende prismas diferentes.

Durante a Idade Media, a tolemia e outras condicións pensábanse que eran causadas por demos. Tamén se consideraban parte da orde natural, especialmente durante as pragas, que orixinaban disfuncións na poboación xeral.[2] No comezo da Idade Moderna houbo un movemento de procura de causas biolóxicas para as diferenzas físicas e mentais e aumentou o interese en crear categorías: por exemplo, Ambroise Pare, no século XVI, falou de "monstros", "prodixios" e "lisiados".[3] A énfase da Ilustración no coñecemento derivado da razón e da valoración das ciencias naturais no progreso humano axudou ao nacemento de institución e sistemas de coñecemento que observaban e categorizaban os seres humanos; entre elas algunhas significativas para o desenvolvemento do concepto actual de discapacidade, como asilos, clínicas e prisións.[2]

O concepto actual de discapacidade ten a súa raíz nos séculos XVIII e XIX. Nese momento desenvolvéronse disertacións médicas que converteron o corpo humano nun obxecto que se pode manipular, estudar e transformar. Isto combinouse co desenvolvemento científico que buscaba clasificar e categorizar, atopando métodos de normalización.[4] O concepto de "norma" desenvolveuse neste tempo, sinalándose na obra do estatístico francés Alphonse Quetelet, que escribiu da década de 1830 L'homme moyen. Quetelet postulou que se podían tomar a suma de todas as características de todos os individuos nunha poboación dada (como altura ou peso) e atopar a súa media, calculando así o número que serviría de norma á que se debería chegar. Esta idea de norma estatística dispersouse polas reunións estatísticas nos Estados Unidos e Europa occidental neste períoso e vencellouse ao aumento da euxenesia. A discapacidade e conceptos como anormalidade, subnormalidade e normalidade proveñen de aí.[5] A circulación destes conceptos foi evidente nos freak show, onde os xefes dos espectáculos beneficiábanse exhibindo persoas que se desviaban destas normas.[6] Na historia moderna e contemporánea, a discapacidade foi vista con frecuencia como produto do incesto.[7]

Co aumento da euxenia a finais do século XIX estas desviacións víronse como perigosas para a saúde de poboacións enteiras. Coa discapacidade vista como parte da bioloxía persoal e polo tanto da súa herdanza xenética, os científicos volveron a súa atención a conceptos como "desviación". Avaliacións de medidas de saúde persoal empregáronse para deportar, esterilizar ou ingresar aqueles que non se axustaban. Ao final da segunda guerra mundial, co exemplo da euxenesia nazi, este concepto desapareceu do discurso público, e a discapacidade converteuse nunha serie de características que a medicina podía atender mediante rehabilitación ou tratamento.

A principios da década de 1970 os activistas da discapacidade comezaron a desafiar a forma en que a sociedade trataba a xente con discapacidade, así como o achegamento médico á discapacidade. Grazas a este traballo identificáronse barreiras de acceso, condicións que os inhabilitaban. Isto deu lugar ao modelo social de discapacidade (a sociedade que limita unha persoa precisa ser arranxada), expresión cuñada por Mike Oliver en 1983, e que se diferenza do modelo médico da discapacidade (unha disfunción precisa ser arranxada).[8]

Other Languages
Afrikaans: Gestremdheid
Alemannisch: Behinderung
aragonés: Discapacitat
Ænglisc: Unmeaht
العربية: إعاقة
অসমীয়া: অক্ষমতা
asturianu: Discapacidá
azərbaycanca: Əlillik
башҡортса: Зәғифлек
беларуская: Інваліднасць
беларуская (тарашкевіца)‎: Інваліднасьць
български: Инвалидност
brezhoneg: Ampech
bosanski: Invalidnost
català: Discapacitat
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Pó̤-sióng
کوردی: کەمتوانی
čeština: Invalidita
Cymraeg: Anabledd
dansk: Handicap
Deutsch: Behinderung
Ελληνικά: Αναπηρία
English: Disability
Esperanto: Malkapablo
español: Discapacidad
eesti: Puue
euskara: Desgaitasun
فارسی: معلول
suomi: Vammaisuus
français: Handicap
עברית: לקות
hrvatski: Invalidnost
Bahasa Indonesia: Difabel
íslenska: Fötlun
italiano: Disabilità
日本語: 障害者
Patois: Disabiliti
қазақша: Мүгедектік
한국어: 장애인
Кыргызча: Майыптык
Latina: Debilitas
Limburgs: Handicap
lietuvių: Negalia
latviešu: Invaliditāte
македонски: Попреченост
മലയാളം: ഭിന്നശേഷി
Bahasa Melayu: Kehilangan upaya
Nederlands: Handicap (medisch)
norsk nynorsk: Funksjonshemming
occitan: Andicap
ਪੰਜਾਬੀ: ਅਪਾਹਜਪੁਣਾ
پنجابی: معذوری
português: Deficiência
română: Dizabilitate
русский: Инвалидность
sicilianu: Andicappi
srpskohrvatski / српскохрватски: Invalidnost
Simple English: Disability
slovenščina: Invalidnost
Soomaaliga: Naafo
српски / srpski: Инвалидност
Kiswahili: Ulemavu
తెలుగు: వికలాంగులు
Türkmençe: Inwalidlik
Tagalog: Kapansanan
Türkçe: Engellilik
українська: Інвалідність
اردو: معذوری
oʻzbekcha/ўзбекча: Nogironlik
Tiếng Việt: Người khuyết tật
吴语: 残疾人
中文: 身心障礙
Bân-lâm-gú: Phoà-siùⁿ
粵語: 殘廢