Digimon Frontier

Digimon Frontier
デジモンフロンティア
(Dejimon Furontia)
Anime Digimon Frontier
Dirixido por Yukio Kaizawa
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Fuji TV
Primeira emisión 7 de abril de 2002
Última emisión 30 de marzo de 2003
Núm. de capítulos 50
Traballos relacionados

Digimon Frontier (デジモンフロンティア Dejimon Furontia ?) é a cuarta serie de animación da franquía xaponesa Digimon, e foi estreada na televisión nipoa no 2002.

Argumento

Despois de recibir unhas estrañas mensaxes nos seus teléfonos móbiles, cinco rapaces van á unha estación de tren subterránea e toman un tren que os leva ó Digital World. Unha vez alí coñecen a Bokomon e a Neemon, dous digimon que actúan como guías, e eles cóntanlles que son os nenos elixidos e que o mundo dixital está en perigo. Deberán loitar contra o principal antagonista, Cherubimon e os seus Guerreiros Lendarios que queren dominar o mundo. En contraste coas series anteriores, nas que os protagonistas tiñan un compañeiro digimon, estes nenos elixidos transfórmanse eles mesmos en digimons, tendo cada un deles un espírito de transformación en forma humana e en forma animal.