Diamante

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Diamante
DiamanteEZ.jpg
Diamante de cor amarela en forma cúbica
Fórmula químicaC
ClaseElementos nativos
Sistema cristalinoCúbico
CorIncolora, branca, amarela, parda, vermella, verde e azul
BrilloAdamantino
Dureza10
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta, segundo as caras do octaedro ou cubo
RaiaBranca
Densidade3,25 g/cm3

En mineraloxía, o diamante (do grego antigo αδάμας, adámas, que significa invencible ou inalterable) é un alótropo do carbono onde os átomos de carbono están dispostos nunha variante da estrutura cristalina cúbica centrada na cara denominada "rede de diamante". É a segunda forma máis estable do carbono, despois do grafito; porén, a taxa de conversión de diamante a grafito é desprezable a condicións ambientais. Ten renome especificamente como un material con características físicas superlativas, moitas das cales derivan do forte enlace covalente entre os seus átomos. En particular, o diamante ten a máis alta dureza e condutividade térmica de todos os materiaiss coñecidos polo ser humano. Estas propiedades determinan que a súa aplicación industrial principal sexa en ferramentas de corte e de pulido, ademais doutras aplicacións.

É un dos minerais máis preciados do mundo polas súas características físicas. Ten características ópticas destacables. Debido á súa estrutura cristalina extremadamente ríxida, apenas é contaminado por poucos tipos de impurezas, como o boro e o nitróxeno. Se a isto se lle engade a súa gran transparencia (correspondente a unha ampla banda prohibida de 5,5 eV), o resultado é a aparencia clara e incolora da maioría dos diamantes naturais. Pequenas cantidades de defectos ou impurezas (aproximadamente unha parte por millón) inducen unha cor de diamante azul (boro), amarelo (nitróxeno), marrón (defectos cristalinos), verde, violeta, rosado, negro, laranxa ou vermello. O diamante tamén ten unha dispersión refractiva relativamente alta, isto é, habilidade para dispersar luz de diferentes cores, que lle dá o seu brillo característico. As súas excelentes propiedades ópticas e mecánicas, combinadas cunha mercadotecnia eficiente, fan que sexa a xema máis popular.

A maioría dos diamantes naturais fórmanse en condicións de presión e temperatura extremas, existentes a profundidades de 140 km a 190 km no manto terrestre. Os minerais que conteñen carbono abastéceno, e o crecemento ten lugar nun período de tempo de 1.000 a 3.300 millóns de anos que representa, aproximadamente, entre o 25 % e o 75 % da idade da Terra. Os diamantes ascenden ata preto da superficie terrestre no magma producido por erupcións volcánicas profundas, que se arrefría en rochas ígneas, coñecidas como kimberlitas e lamproítos. Tamén poden ser producidos sinteticamente nun proceso de alta presión e alta temperatura que simula aproximadamente as condicións no manto da Terra. Unha alternativa e técnica completamente diferente, é a deposición química de vapor. Algúns materiais distintos ao diamante, entre os que están a zirconia cúbica e o carburo de silicio, son denominados frecuentemente simulantes de diamante, semellándose ao diamante en aparencia e moitas propiedades. Desenvolvéronse técnicas xemológicas especiais para distinguir os diamantes naturais dos sintéticos de dos simulantes de diamante.

Aparencia

O diamante preséntase en forma de cristais incoloros octaédricos ou cúbicos de brillo adamantino aínda que a miúdo pódense atopar diamantes de cores variadas (branca, amarela, parda, vermella, verde ou azul). A cor nos diamantes ten dúas fontes adicionais: irradiación (usualmente por partículas alfa), que ocasiona a cor nos diamantes verdes e deformacións físicas do cristal de diamante coñecidas como deformacións plásticas. A deformación plástica é a causa da cor en certos diamantes castaños[1] e talvez nalgúns rosados e vermellos.[2] En orde de rareza, os diamantes incoloros, por moito os máis comúns, son seguidos polos amarelos e castaños, despois polos azuis, verdes, negros, brancos translúcidos, rosados, violetas, laranxas, morados, e o máis raro o vermello.[3] Chámanse diamantes negros aos diamantes que non son verdadeiramente negros, mais que conteñen numerosas inclusións escuras que dan á xema a súa aparencia escura.

Other Languages
Afrikaans: Diamant
Alemannisch: Diamant
aragonés: Diamant
العربية: ألماس
مصرى: الماز
asturianu: Diamante
azərbaycanca: Almaz
башҡортса: Алмас (минерал)
беларуская: Алмаз
беларуская (тарашкевіца)‎: Алмаз
български: Диамант
Bahasa Banjar: Intan
বাংলা: হীরক
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: ডিয়ামান্টে
brezhoneg: Diamant
bosanski: Dijamant
català: Diamant
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Cōng
کوردی: ئەڵماس
čeština: Diamant
kaszëbsczi: Diamańt
Cymraeg: Diemwnt
dansk: Diamant
Deutsch: Diamant
Ελληνικά: Διαμάντι
English: Diamond
Esperanto: Diamanto
español: Diamante
eesti: Teemant
euskara: Diamante
فارسی: الماس
suomi: Timantti
Võro: Teemant
føroyskt: Diamantar
français: Diamant
Frysk: Diamant
Gaeilge: Diamant
客家語/Hak-kâ-ngî: Chon-sa̍k
עברית: יהלום
हिन्दी: हीरा
hrvatski: Dijamant
magyar: Gyémánt
հայերեն: Ալմաստ
interlingua: Diamante
Bahasa Indonesia: Intan
íslenska: Demantur
italiano: Diamante
la .lojban.: krilytabno
ქართული: ალმასი
Kabɩyɛ: Tiyamaɣ
қазақша: Алмаз
ಕನ್ನಡ: ವಜ್ರ
한국어: 다이아몬드
Кыргызча: Алмаз
Latina: Adamas
Limburgs: Diamaant
lumbaart: Diamant
lietuvių: Deimantas
latviešu: Dimants
олык марий: Алмаз
македонски: Дијамант
മലയാളം: വജ്രം
монгол: Алмааз
मराठी: हिरा
Bahasa Melayu: Berlian
Mirandés: Diamante
မြန်မာဘာသာ: စိန်
नेपाली: हिरा
नेपाल भाषा: हेरा
Nederlands: Diamant
norsk nynorsk: Diamant
norsk: Diamant
occitan: Diamant
ଓଡ଼ିଆ: ହୀରା
ਪੰਜਾਬੀ: ਹੀਰਾ
polski: Diament
پنجابی: ھیرا
پښتو: الماس
português: Diamante
Runa Simi: Q'ispi umiña
română: Diamant
русский: Алмаз
русиньскый: Діамант
संस्कृतम्: वज्रम्
саха тыла: Алмаас
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱦᱤᱨᱟᱹ
sicilianu: Diamanti
Scots: Diamond
سنڌي: الماس
srpskohrvatski / српскохрватски: Dijamant
සිංහල: දියමන්ති
Simple English: Diamond
slovenčina: Diamant
slovenščina: Diamant
Soomaaliga: Luul (macdan)
shqip: Diamanti
српски / srpski: Дијамант
Basa Sunda: Berlian
svenska: Diamant
Kiswahili: Almasi
தமிழ்: வைரம்
ತುಳು: ವಜ್ರ
తెలుగు: వజ్రం
тоҷикӣ: Алмос
ไทย: เพชร
Tagalog: Diyamante
Türkçe: Elmas
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئالماس
українська: Алмаз
اردو: ہیرا
oʻzbekcha/ўзбекча: Olmos
vepsän kel’: Almaz
Tiếng Việt: Kim cương
Winaray: Diamante
吴语: 钻石
ייִדיש: בריליאנט
Yorùbá: Díámọ̀ndì
Vahcuengh: Cuenqsig
中文: 钻石
Bân-lâm-gú: Soān-chio̍h
粵語: 鑽石