Deporte

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
O fútbol é un deporte moi popular en moitas partes do mundo.

O deporte é unha actividade física, lúdica e mental que está suxeita a unha serie de determinadas regras. Algúns deportes practícanse con vehículos. Neste caso é máis importante a destreza e a concentración que a actividade física. Xeralmente practícase un deporte para divertirse, mais existen competicións nas que os deportistas xogan para ver quen é o mellor. Os deportes poden ser colectivos ou individuais: nos colectivos, xógase en equipo, e nos individuais, xoga unha persoa contra outra (ou outras).

É posíbel que os deportes nacesen na prehistoria, aínda que isto non está demostrado. O que si está demostrado é que moitas civilizacións antigas practicaban deportes, como a azteca, a exipcia, a grega, a chinesa, a aborixe australiana, ou a romana. De feito, os Xogos Olímpicos teñen a súa orixe na cidade Olimpia da antiga Grecia.

Historia

Existen utensilios e estruturas que suxiren que os chineses xa realizaban actividades deportivas no ano 4000 a. C.[1] A ximnasia parece que foi un deporte popular na antiga China.

Os monumentos aos emperadores indican que unha certa cantidade de deportes, incluíndo a natación e a pesca, foron xa deseñados e regulados hai miles de anos no Antigo Exipto.[2] Outros deportes exipcios inclúen o lanzamento de xavelina, o salto de altura e a loita. Algúns deportes da antiga Persia como a arte marcial iraniana de Zourkhaneh están ligados ás habilidades na batalla.[3] Entre outros deportes orixinarios de Persia están o polo e a xusta. Por outra banda, en América as culturas mesoamericanas como os maias practicaban o xogo de pelota, que á súa vez era un ritual.

Unha ampla variedade de deportes estaban xa establecidos na época da Antiga Grecia, e a cultura militar e o desenvolvemento dos deportes en Grecia influíronse mutuamente. Para os gregos o deporte era unha parte moi importante da súa cultura, polo que crearon os Xogos Olímpicos, competición que se disputou dende o ano 777 a.C. ao 394 d.C., cada catro anos en Olimpia, pequena poboación no Peloponeso.[4]

Os deportes viron aumentada a súa capacidade de organización e regulación dende os tempos da Antiga Grecia ata a actualidade. A industrialización incrementou o tempo de lecer entre a cidadanía nos países desenvolvidos, conducindo a unha maior dedicación do tempo para ver competicións deportivas e máis participación en actividades deportivas, facilitada por unha maior accesibilidade a instalacións deportivas. Estas pautas continuaron coa chegada dos medios de comunicación de masas. Na actualidade, moitas persoas fan exercicio para mellorar a súa saúde e modo de vida. O deporte considérase unha actividade saudable que axuda a manterse en forma psicolóxica e fisicamente, especialmente na terceira idade.

Other Languages
Afrikaans: Sport
Alemannisch: Sport
አማርኛ: ስፖርት
aragonés: Esporte
Ænglisc: Plega
العربية: رياضة
asturianu: Deporte
azərbaycanca: İdman
تۆرکجه: ایدمان
башҡортса: Спорт
Boarisch: Spoat
žemaitėška: Spuorts
беларуская: Спорт
беларуская (тарашкевіца)‎: Спорт
български: Спорт
भोजपुरी: खेलकूद
Bislama: Spot
bamanankan: Farikoloɲɛnajɛ
বাংলা: ক্রীড়া
བོད་ཡིག: ལུས་རྩལ།
brezhoneg: Sport
bosanski: Sport
буряад: Тамир
català: Esport
Chavacano de Zamboanga: Deporte
нохчийн: Спорт
کوردی: وەرزش
corsu: Sport
qırımtatarca: Sport
čeština: Sport
kaszëbsczi: Szpòrt
Чӑвашла: Спорт
Cymraeg: Chwaraeon
dansk: Sport
Deutsch: Sport
Zazaki: Spor
Ελληνικά: Αθλητισμός
English: Sport
Esperanto: Sporto
español: Deporte
eesti: Sport
euskara: Kirol
estremeñu: Deportis
فارسی: ورزش
suomi: Urheilu
Võro: Sport
føroyskt: Ítróttur
français: Sport
furlan: Sport
Frysk: Sport
Gaeilge: Spórt
贛語: 運動
Gàidhlig: Spòrs
Avañe'ẽ: Jetepyso
Bahasa Hulontalo: Olahraga
ગુજરાતી: રમત-ગમત
Gaelg: Spoyrt
客家語/Hak-kâ-ngî: Yun-thûng hong-muk
עברית: ספורט
हिन्दी: खेल
Fiji Hindi: Sport
hrvatski: Šport
Kreyòl ayisyen: Espò (divètisman)
magyar: Sport
հայերեն: Սպորտ
interlingua: Sport
Bahasa Indonesia: Olahraga
Interlingue: Sport
ГӀалгӀай: Спорт
Ido: Sporto
íslenska: Íþrótt
italiano: Sport
日本語: スポーツ
Patois: Spuots
Basa Jawa: Ulah raga
ქართული: სპორტი
Qaraqalpaqsha: Sport
Taqbaylit: Addal
қазақша: Спорт
kalaallisut: Timersorneq
한국어: 스포츠
kurdî: Werziş
коми: Чожмӧг
Кыргызча: Спорт
Ladino: Espor
Lëtzebuergesch: Sport
лезги: Спорт
Lingua Franca Nova: Sporte
Limburgs: Sjport
Ligure: Sport
ລາວ: ກີລາ
لۊری شومالی: ڤٱرزشت
lietuvių: Sportas
latgaļu: Sports
latviešu: Sports
олык марий: Спорт
македонски: Спорт
монгол: Спорт
मराठी: खेळ
Bahasa Melayu: Sukan
Malti: Sport
Mirandés: Çporto
эрзянь: Спорт
مازِرونی: ورزش
Napulitano: Sport
Plattdüütsch: Sport
Nedersaksies: Sport
नेपाली: खेल
नेपाल भाषा: कासा
Nederlands: Sport
norsk nynorsk: Idrett
norsk: Sport
Novial: Sporte
Nouormand: Sport
Sesotho sa Leboa: Dipapadi
occitan: Espòrt
Livvinkarjala: Sportu
ਪੰਜਾਬੀ: ਖੇਡ
Kapampangan: Pasiknangan
Papiamentu: Deporte
Deitsch: Schparret
Norfuk / Pitkern: Sportii
polski: Sport
پنجابی: سپورٹس
پښتو: تکړښت
português: Desporto
rumantsch: Sport
română: Sport
русский: Спорт
русиньскый: Шпорт
Kinyarwanda: Umukino
саха тыла: Спорт
sardu: Isport
sicilianu: Sport
Scots: Sport
srpskohrvatski / српскохрватски: Sport
සිංහල: ක්‍රීඩා
Simple English: Sport
slovenčina: Šport
slovenščina: Šport
Soomaaliga: Ciyaaraha
shqip: Sporti
српски / srpski: Спорт
Sesotho: Dipapadi
Seeltersk: Sport
svenska: Sport
Kiswahili: Michezo
ślůnski: Szport
తెలుగు: ఆటలు
тоҷикӣ: Варзиш
ไทย: กีฬา
ትግርኛ: ስፖርት
Türkmençe: Sport
Tagalog: Palakasan
Türkçe: Spor
Xitsonga: Tamintlangu
татарча/tatarça: Спорт
українська: Спорт
اردو: کھیل کود
oʻzbekcha/ўзбекча: Sport
vèneto: Spor
vepsän kel’: Sport
Tiếng Việt: Thể thao
walon: Spôrt
吴语: 体育运动
isiXhosa: Ezemidlalo
მარგალური: სპორტი
ייִדיש: ספארט
Vahcuengh: Dijyuz
Zeêuws: Sport
中文: 体育运动
Bân-lâm-gú: Su-pò͘-chuh
粵語: 運動