Departamento de Artigas

Localización do departamento en Uruguai

O departamento de Artigas é un dos dezanove departamentos nos que se divide administrativamente o territorio de Uruguai. A súa capital é a cidade de Artigas.

Áchase no norte do estado, limitando polo norte e leste con Brasil, do cal está separado polo Río Cuareim; polo sur, co departamento de Salto e polo oeste coa República Arxentina, co río Uruguai no medio. No seu vértice noroeste atópase a cidade de Bella Unión, que recibe ese nome debido a que se encontra na fronteira con Brasil e Arxentina.

Xeografía

Orografía

No seu solo aflora case exclusivamente o basalto, parte do gran manto volcánico que cobre 800.000 km² na conca dos ríos Paraná e Uruguai. A cuchilla de Belén recorre o departamento de leste a oeste, dividindo as choivas e levando as súas augas cara o río Cuareim, ao norte, e cara o río Arapey Chico, ao sur.

Hidrografía

A paisaxe da lugar a pequenas quebradas que albergan cursos de augas. Cara o río Cuareim flúen longos arroios, como o Cuaró, o Tres Cruces, o Yacutujá e o Catalán.

Toponimia

Característica salientábel do departamento de Artigas é a súa toponimia de orixe guaraní. Ríos, arroios, cerros, flora e fauna conservan as voces dos antigos poboadores.[1]

Other Languages
Chavacano de Zamboanga: Artigas
français: Artigas
Bahasa Indonesia: Departemen Artigas
norsk nynorsk: Departementet Artigas
Runa Simi: Artigas suyu
davvisámegiella: Artigas (departemeanta)
Simple English: Artigas Department
Tiếng Việt: Artigas (tỉnh)