Denver Nuggets

Denver Nuggets
Denver Nuggets logo
Información xeral
ConferenciaOeste
DivisiónNoroeste
Fundación1967
HistoriaDenver Rockets (1967–1974)
Cores                    Azul, dourado
Retirados5 (2, 33, 40, 44, 432)
Localización
CidadeColorado Denver, Colorado
PavillónPepsi Center
Capacidade19.155 espectadores
Inauguración1 de outubro de 1999
Persoal
Propietario(s)Ann Walton Kroenke
DirectorTim Connelly
AdestradorMichael Malone
Títulos
Campión0
ConferenciaABA: 1 (1976)
NBA: 0
DivisiónABA: 3 (1970, 1975, 1976)
NBA: 7 (1977, 1978, 1985, 1988, 2006, 2009, 2010)
nuggets.com

Os Denver Nuggets son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Denver, Colorado. Os Nuggets xogan na División Noroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). O equipo foi fundado en 1967 co nome de Denver Larks, sendo unha das franquías fundadoras da American Basketball Association (ABA), aínda que mudaron o seu nome antes do comezo da súa primeira temporada a Denver Rockets. En 1974 adoptaron o seu actual nome, chegando a xogar en 1976 a final da competición.

O equipo uniríase á NBA en 1976 despois da fusión desta competición coa ABA. Tras o seu ingreso na liga goza de verios períodos de explendos, xogando os playoffs durante nove temporadas consecutivas nos anos 1980. Porén, o equipo aínda non consegue chegar a unha final da competición desde o seu último na ABA. Os Nuggets xogan os seus partidos como local no Pepsi Center, pavillón que comparten cos Colorado Avalanche da National Hockey League (NHL).

Historia

Fundación

En 1967 foi outorgada unha das franquías fundadoras da American Basketball Association (ABA) a un grupo de Kansas City, Missouri, encabezado polo empresario californiano James Trindle. Porén, Trindel foi incapaz de encontrar un pavillón axeitado na rexión. Entón, o comisionado da liga George Mikan, suxeriulle trasladar o equipo a Denver. Na capital de Colorado púxose en contacto co ex-xogador local da NBA Vince Boryla para ser o director deportivo da franquía, nacendo así en 1976 os "Denver Larks". Con todo, o grupo de Trindle estaba extremadamente descapitalizado, polo que Mikan lles solicitou unha fianza de 100.000 dólares para non perder a franquía. Horas antes da data límite, Tindle vendeu unha participación maioritaria da franquía ao empresario local Bill Ringsby por 350.000 dólares. Ringsby decidiu mudar o nome do equipo a "Denver Rockets" (don inglés: cohetes), xa que era o propietario dunha importante compañía de transportes.

Other Languages
aragonés: Denver Nuggets
العربية: دنفر ناغتس
asturianu: Denver Nuggets
azərbaycanca: Denver Naqqets
беларуская: Дэнвер Нагетс
беларуская (тарашкевіца)‎: Дэнвэр Нагетс
български: Денвър Нъгетс
bosanski: Denver Nuggets
čeština: Denver Nuggets
español: Denver Nuggets
客家語/Hak-kâ-ngî: Denver Nuggets
hrvatski: Denver Nuggets
Bahasa Indonesia: Denver Nuggets
italiano: Denver Nuggets
한국어: 덴버 너기츠
lietuvių: Denverio Nuggets
مازِرونی: دنور ناگتس
Nederlands: Denver Nuggets
português: Denver Nuggets
română: Denver Nuggets
srpskohrvatski / српскохрватски: Denver Nuggets
Simple English: Denver Nuggets
slovenščina: Denver Nuggets
српски / srpski: Денвер нагетси
Kiswahili: Denver Nuggets
Türkçe: Denver Nuggets
українська: Денвер Наггетс
Volapük: Denver Nuggets
Yorùbá: Denver Nuggets
中文: 丹佛掘金
Bân-lâm-gú: Denver Nuggets