David Hilbert

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
David Hilbert
Hilbert.jpg
David Hilbert (1912)
Datos persoais
Nacemento23 de xaneiro de 1862
LugarKönigsberg Prusia Oriental
Falecemento14 de febreiro de 1943
(81 anos)
LugarGöttingen Flag of Germany.svg Alemaña
SoterradoStadtfriedhof de Göttingen
Nacionalidadealemán
EtniaPobo alemán
CónxuxeKäthe Jerosch (18641945)
FillosFranz Hilbert (1893-1969)
Actividade
Campomatemática, física e filosofía
Alma máterUniversidade de Königsberg
Director de teseFerdinand von Lindemann
Alumnos de teseWilhelm Ackermann
Otto Blumenthal
Richard Courant
Max Dehn
Erich Hecke
Hellmuth Kneser
Robert König
Emanuel Lasker
Erhard Schmidt
Hugo Steinhaus
Teiji Takagi
Hermann Weyl
Ernst Zermelo
José Agustín Pérez del Pulgar
Contribucións e premios
Coñecido porTeorema da base de Hilbert
Axiomas de Hilbert
Problemas de Hilbert
Programa de Hilbert
Acción Einstein-Hilbert
Espacio de Hilbert
Influído porImmanuel Kant
PremiosMedalla Lobachevski (1904)
Premio Bolyai (1910)
Membro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]

David Hilbert, nado en Königsberg[1] o 23 de xaneiro de 1862 e finado en Göttingen o 14 de febreiro de 1943, foi un matemático alemán. Está recoñecido como un dos matemáticos máis influentes e universais de finais do século XIX e comezos do XX.

Descubriu e desenvolveu un amplo número de ideas fundamentais en moitas áreas, como a teoría de invariantes e a axiomatización da xeometría. Tamén formulou a teoría dos espazos de Hilbert[2], un dos fundamentos da análise funcional. Hilbert adoptou e defendeu vehementemente a teoría de conxuntos e os números transfinitos de Cantor. Un exemplo célebre do seu liderado nas matemáticas foi a presentación en 1900 no Congreso Internacional de Matemáticos de París dunha colección de 23 problemas que marcaron o curso de gran parte da investigación matemática do século XX.

Xunto cos seus discípulos, contribuíu significativamente a establecer rigor e desenvolver importantes ferramentas usadas na física matemática moderna. Hilbert é recoñecido como un dos fundadores da teoría da proba e a lóxica matemática, así como por ser un dos primeiros en distinguir entre matemáticas e metamatemáticas[3].

En pugna por demostrar correctamente algúns dos erros cometidos por Einstein, na teoría xeral da relatividade, David Hilbert adiantouse ás correccións de Einstein, con todo nunca quixo outorgarse o mérito.[4] Minkowski, o mellor e máis sincero amigo de Hilbert morreu prematuramente dunha apendicite perforada en 1909.[5] Pertencía ao selecto grupo de fellows da Royal Society[6].

Traxectoria

Hilbert, foi o primeiro dos dous fillos de Otto e Maria Therese (nada Erdtmann) Hilbert, naceu en Prusia Oriental -quizais en Königsberg (de acordo ao afirmado por el mesmo) ou Wehlau (actualmente Znamensk) ao lado de Königsberg onde traballaba o seu pai.[7] Comezou os seus estudos no Friedrichskolleg Gymnasium (Collegium Fridericianum, a mesma escola onde estudou Immanuel Kant 140 anos antes), pero trasladouse ao Wilhelm Gymnasium, unha escola con máis orientación científica, onde se graduou en 1880.[8] O mesmo ano ingresou na Universidade de Königsberg, a "Albertina". Aquí coñeceu a Hermann Minkowski (dous anos máis novo que el);[9] esta amizade inclinouno definitivamente polas matemáticas en contra do parecer do seu pai. En 1884, chegou á Universidade, como profesor asociado, Adolf Hurwitz procedente de Göttingen e estableceuse un intenso e frutal intercambio entre os tres. Hilbert obtivo o seu doutoramento en 1885, cunha tese escrita baixo a supervisión de Ferdinand von Lindemann, titulada Über invariante Eigenschaften spezieller binärer Formen, insbesondere der Kugelfunktionen ("Sobre as propiedades invariantes das fórmulas binarias especiais, en particular das funcións harmónicas esféricas").

Hilbert permaneceu na Universidade de Königsberg como profesor desde 1886 ata 1895. En 1892, casou con Käthe Jerosch (1864-1945), con quen tivo un fillo: Franz Hilbert (1893 ata 1969). En 1895, e grazas á intervención de Felix Klein no seu favor, obtivo a posición de catedrático de Matemáticas na Universidade de Göttingen, o centro máis prestixioso de investigación en matemáticas da época,[10] no que permaneceu ata a fin dos seus días.

O seu fillo Franz sufriu para sempre unha enfermidade mental sen diagnosticar: a súa inferioridade intelectual era unha decepción terrible para o seu pai e esta desgraza era un asunto de preocupación polos matemáticos e estudantes en Göttingen.[4] Minkowski, o mellor e máis sincero amigo de Hilbert morreu prematuramente dunha apendicite perforada en 1909.[11]

Entre os seus 69 estudantes de doutoramento en Göttingen hai moitos que despois se converteron en famosos matemáticos, por exemplo (coa data da súa tese): Otto Blumenthal (1898), Felix Bernstein (1901), Hermann Weyl (1908), Richard Courant (1910), Erich Hecke (1910), Hugo Steinhaus (1911), ou Wilhelm Ackermann (1925).[12] Entre os anos 1902 e 1939 Hilbert foi editor de Mathematische Annalen, a revista de matemáticas máis importante daqueles tempos.

En 1899 publicou Grundlagen der Geometrie (Fundamentos da Xeometría), un estudo sistemático dos seus axiomas básicos que representou unha revolución, presentando a disciplina baseada única e exclusivamente en 21 axiomas e promovendo o enfoque axiomático das matemáticas. Esta obra pódese considerar das máis influentes nas matemáticas do século XX.

O ano seguinte, 1900, Hilbert presentou ao Congreso da Unión Matemática Internacional a súa conferencia na que presentou os retos da Matemática do século XX: istos son os famosos 23 Problemas de Hilbert, entre os que se atopaba a demostración da Hipótese de Riemann, a día de hoxe aínda non resolta. Foi unha conferencia chea de optimismo no poder das matemáticas.

En 1928 publica con Wilhelm Ackermann os Principios de lóxica matemática no que se establece a distinción entre Matemáticas e Metamatemàtiques.

O Instituto de Matemáticas en Göttingen. O seu novo edificio, construído con fondos da Fundación Rockefeller, foi inaugurada por Hilbert e Courant en 1930.

En 1930, Hilbert retirouse, sendo substituído na cátedra por Hermann Weyl. Non obstante permaneceu na cidade de Göttingen exercendo a súa influencia no departamento de Matemáticas da Universidade. En 1934 e 1939 publicáronse os dous volumes de Grundlagen der Mathematik (Fundamentos das Matemáticas) en colaboración con Paul Bernays e nos que intentaba establecer unha Teoría da demostración.

Últimos anos

Hilbert aínda vivía cando o nazismo vai podar moitos dos prominentes membros da Universidade de Gotinga en 1933.[13] Esta persecución obrigou a exiliarse a Hermann Weyl (o seu sucesor), Emmy Noether, Otto Neugebauer, Richard Courant e outros. Outros colegas tiveron menos sorte: Edmund Landau morreu en 1938 e Otto Blumenthal foi deportado e morto no Campo de concentración de Theresienstadt.

En 1934, Hilbert foi invitado a un banquete no que estaba sentado a carón do novo ministro de educación, Bernhard Rust. Rust preguntoulle, Como están as matemáticas en Gotinga, agora que as liberamos da influencia xudía? Hilbert respondeu, 'Matemáticas en Gotinga? Xa non quedan!.[14]

Tumba de Hilbert en Gotinga
Wir müssen wissen
Wir werden wissen

Cando Hilbert morría en 1943, en plena Guerra Mundial, os nazis cambiaran todo o persoal da Universidade, xa que a maior parte dos membros do departamento eran xudeus, estaban casados con xudeus ou tiñan simpatías esquerdistas. Ao funeral de Hilbert asistiron só unha ducia de persoas, das cales só dúas eran colegas académicos, entre eles Arnold Sommerfeld, un físico teórico tamén nativo de Königsberg.[15] A noticia da súa morte só foi mundialmente coñecida logo de seis meses de morrer.

O epitafio gravado na súa tumba no cemiterio de Gotinga é o famoso epigrama que deu como conclusión no seu discurso de despedida ao retirarse en 1930. Estas palabras eran unha resposta á máxima latina: " Ignoramus che ignorabimus" ou "Non sabemos, non podemos saber":[16]

Wir müssen wissen.
Wir werden wissen.

En galego:

Temos que saber.
Imos saber.
Other Languages
Afrikaans: David Hilbert
Alemannisch: David Hilbert
aragonés: David Hilbert
العربية: ديفيد هيلبرت
asturianu: David Hilbert
azərbaycanca: David Hilbert
башҡортса: Давид Гильберт
беларуская: Давід Гільберт
беларуская (тарашкевіца)‎: Давід Гільбэрт
български: Давид Хилберт
brezhoneg: David Hilbert
bosanski: David Hilbert
català: David Hilbert
čeština: David Hilbert
Cymraeg: David Hilbert
Deutsch: David Hilbert
English: David Hilbert
Esperanto: David Hilbert
español: David Hilbert
euskara: David Hilbert
føroyskt: David Hilbert
français: David Hilbert
Gaeilge: David Hilbert
贛語: 侯勃
Fiji Hindi: David Hilbert
hrvatski: David Hilbert
Kreyòl ayisyen: David Hilbert
interlingua: David Hilbert
Bahasa Indonesia: David Hilbert
Interlingue: David Hilbert
Ilokano: David Hilbert
íslenska: David Hilbert
italiano: David Hilbert
Basa Jawa: David Hilbert
Kabɩyɛ: David Hilbert
Lëtzebuergesch: David Hilbert
lietuvių: David Hilbert
latviešu: Dāvids Hilberts
Malagasy: David Hilbert
македонски: Давид Хилберт
Mirandés: David Hilbert
မြန်မာဘာသာ: ဒေးဗစ် ဟီလ်ဘတ်
नेपाल भाषा: डेविड हिल्बर्ट
Nederlands: David Hilbert
norsk nynorsk: David Hilbert
occitan: David Hilbert
Piemontèis: David Hilbert
پنجابی: ڈیوڈ ہلبرٹ
português: David Hilbert
română: David Hilbert
संस्कृतम्: डेविड हिल्बर्ट
саха тыла: Гильберт Давид
srpskohrvatski / српскохрватски: David Hilbert
Simple English: David Hilbert
slovenčina: David Hilbert
slovenščina: David Hilbert
српски / srpski: Давид Хилберт
svenska: David Hilbert
Kiswahili: David Hilbert
Tagalog: David Hilbert
Türkçe: David Hilbert
татарча/tatarça: David Hilbert
українська: Давид Гільберт
oʻzbekcha/ўзбекча: Gilbert
Tiếng Việt: David Hilbert
Winaray: David Hilbert
isiXhosa: UDavid Hilbert
Yorùbá: David Hilbert
文言: 希爾伯特
Bân-lâm-gú: David Hilbert
粵語: 打域囂拔