Dani Güiza

Dani Güiza
Danig.jpg
Información persoal
Nome completoDaniel González Güiza
Nacemento17 de agosto de 1980 (38 anos)
LugarXerez da Fronteira, España
Altura1,82 m.
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualCerro Porteño
Número21
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1998–1999Xerez16(1)
1999–2002Mallorca B70(29)
1999–2003Mallorca8(1)
1999–2000→ Dos Hermanas (cedido)18(9)
2002–2003Recreativo (cedido)4(0)
2003Barcelona B (cedido)15(5)
2003–2005Ciudad de Murcia83(38)
2005–2007Getafe70(27)
2007–2008Mallorca37(27)
2008–2011Fenerbahçe62(23)
2011–2013Getafe32(3)
2012–2013→ Johor Takzim (cedido)10(6)
2013–Cerro Porteño12(3)
Selección nacional
2007–2010España21(6)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 31 de decembro de 2013.
† Aparicións (Goles)

Daniel González Güiza, nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 17 de agosto de 1980, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Club Cerro Porteño.

Traxectoria

Inicios

Nacido en 1980, no seo dunha familia humilde, Dani Güiza pasou a súa infancia no popular barrio da Liberación, na zona sur de Xerez da Fronteira. Tras destacar en equipos de fútbol basee, iniciou a súa carreira profesional nas filas do Xerez CD, por entón en Segunda División B. Güiza declarouse seguidor do Cádiz CF abertamente en varias ocasións ao longo da súa vida deportiva, manifestando ata que lle gustaría xogar o último ano da súa carreira deportiva neste equipo.[1]

A tempada 1999–00 foi cedido ao Dos Hermanas CF, tamén na categoría de bronce, onde empezou a despuntar como goleador. A metade da tempada o Real Club Deportivo Mallorca fíxose cos seus servizos por 117 millóns de pesetas, un desembolso considerable para un xogador aínda en idade xuvenil.

Primeira división

Aínda que a súa fichaxe foi para reforzar ao filial dos baleares, esa mesma campaña chegou a debutar co primeiro equipo na máxima categoría. Foi nun encontro contra o RCD Espanyol, o 2 de abril de 2000, con só 19 anos.

A pesar dos seus prometedores inicios, nas dúas seguintes tempadas só disputou seis partidos co primeiro equipo, nos que marcou un gol. O seu baixo rendemento, acusando a súa atarefada vida extradeportiva, fixo que o club optase por cedelo a tempada 2002–03. Lucas Alcaraz, que fora o seu técnico en Dos Hermanas, abriulle as portas do Recreativo de Huelva, que acababa de ascender a Primeira División. En Huelva só disputou 4 partidos, nos que non anotou ningún gol, e terminou a tempada no filial do FC Barcelona, en Segunda B.

Rexurdir

O verán de 2003, coa súa carreira en claro declive a pesar dos seus 23 anos, foi traspasado ao CF Ciudad de Murcia, que ese ano debutaba en Segunda División. No club murciano recuperou o instinto goleador (16 tantos no seu primeiro ano e 20 no segundo). Uns rexistros que lle permitiron volver á máxima categoría, tras enrolarse á filas do Getafe CF.

Na súa primeira campaña no club madrileño logrou nove tantos en 32 partidos, que permitiu aos azulones manter a categoría sen apuros. Na súa segunda tempada logrou mellorar os seus números na liga, con once tantos, pero o seu papel máis destacado foi na Copa. Seus foron dous dos catro goles cos que o Getafe remontou un 5-2 do FC Barcelona, clasificándose para a final copeira por primeira vez na súa historia, un éxito sen precedentes para o modesto club madrileño. Güiza foi titular na final, que o seu equipo acabou perdendo ante o Sevilla FC.

Explosión

O verán de 2007, tras rexeitar ofertas do Deportivo da Coruña e o Kazan ruso, finalmente foi traspasado ao RCD Mallorca.[2] No seu regreso ao conxunto balear protagonizou a mellor campaña da súa carreira, sendo o máximo goleador da liga española con 27 dianas, batendo a marca anotadora dun xogador mallorquinista nunha tempada. O rexistro, ademais, permitiulle gañar a Bota de Prata como segundo mellor goleador das ligas europeas.[3] Mercé a esta gran tempada, en novembro de 2007 debutou coa selección española e foi convocado para participar na Eurocopa 2008, onde marcou dous goles, un deles en semifinais. Recibiu o premio Cidade de Xerez á deportividade.

O 15 de xullo de 2008 firma por catro anos co Fenerbahçe SK a cambio de 15 millóns de euros, o que lle converte na fichaxe máis cara da historia do fútbol turco.[4] No club de Istambul coincide con Luis Aragonés, que xa fora o seu técnico en Mallorca e coa selección.

Other Languages
العربية: دانييل غويزا
azərbaycanca: Daniel Quisa
български: Дани Гуиса
čeština: Dani Güiza
Deutsch: Daniel Güiza
English: Dani Güiza
español: Dani Güiza
فارسی: دنیل گیزا
français: Daniel Güiza
hrvatski: Dani Güiza
Bahasa Indonesia: Daniel Güiza
italiano: Daniel Güiza
қазақша: Дани Гуиса
한국어: 다니엘 귀사
lietuvių: Dani Güiza
Malagasy: Daniel Güiza
Bahasa Melayu: Dani Güiza
norsk nynorsk: Daniel Güiza
português: Daniel Güiza
română: Daniel Güiza
Simple English: Daniel Gonzales Guiza
slovenčina: Dani Güiza
српски / srpski: Данијел Гвиза
svenska: Dani Güiza
тоҷикӣ: Дани Гиса
Türkçe: Daniel Güiza
українська: Данієль Гуїса
oʻzbekcha/ўзбекча: Daniel Güiza
Tiếng Việt: Daniel Güiza