Cuncha

A cuncha é unha estrutura dura, de natureza calcárea, que cobre externamente o corpo dos moluscos para protexelo dos predadores e servir de elemento de inserción dos músculos e órganos internos. Constitúe, nestes animais, o exoesqueleto ou esqueleto externo propio dos animais invertebrados. Noutros casos, coma nos crustáceos, fálase de caparazón.

Adopta formas e características moi variables segundo o grupo ó que pertenzan na clasificación taxonómica e, nalgún caso, é interna ou chega a faltar. Pode estar formada por unha peza única ou por dúas ou máis pezas, móbiles entre si, chamadas valvas.

A cuncha é segregado polo manto, tegumento que recobre a masa visceral.

Cuncha de mexillón (Mytilus galloprovincialis)

Clasificación dos moluscos segundo a cuncha

Cunchas de distintas especies de moluscos bivalvos.

O filo Mollusca clasifícase en oito clases baséandose na disposición dos distintos órganos (especialmente o ) e a forma da cuncha:

  • Aplacóforos e Caudofoveados: pequenos moluscos de aspecto vermiforme, sen pé nin cuncha e que no seu lugar dispoñen de espículas calcáreas no manto.
  • Monoplacóforos: pequenos moluscos cunha cuncha en forma dunha peza cónica dorsal (non inclúen as lapas).
  • Poliplacóforos (quitóns): cuncha formada por oito valvas que cobren a superficie dorsal e pé moi desenvolvido.
  • Gasterópodos (caracois, lapas, lesmas): cuncha univalva, enrolada sobre si mesma, que acolle a masa visceral e un pé ben desenvolvido. Nalgunhas especies, coma as lesmas, redúcese a unha pequena placa branda ou chega a faltar.
  • Bivalvos (= lamelibranquios) (mexillóns, ostras, ameixas): pé en forma de machado e cuncha formada por dúas valvas artelladas.
  • Escafópodos ( dente de elefante): cuncha formada por unha soa valva tubular e apuntada.
  • Cefalópodos: carecen de pé, que se transformou en tentáculos. A cuncha pode estar ben desenvolvida, semellante á dos caracois (coma no nautilus), reducida a unha pluma interna (lura, xiba) ou faltar (polbo).
Other Languages
Afrikaans: Skulp
العربية: صدفة بحرية
беларуская (тарашкевіца)‎: Ракавіна
български: Раковина
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Káe̤k-siŏh
ᏣᎳᎩ: ᎤᏯᏍᎦ
čeština: Schránka
Cymraeg: Cragen
dansk: Konkylie
Deutsch: Muschelschale
Ελληνικά: Κοχύλι
English: Seashell
Esperanto: Konko
español: Concha
eesti: Merikarp
euskara: Maskor
فارسی: صدف
Gaeilge: Sliogán
हिन्दी: कौड़ी
Ido: Konko
italiano: Conchiglia
日本語: 貝殻
ქართული: ნიჟარა
Limburgs: Sjelp
lietuvių: Kriauklė
latviešu: Čaula
नेपाली: कौडा
Nederlands: Schelp
norsk: Konkylie
polski: Muszla
português: Concha
русский: Раковина
संस्कृतम्: वराटिका
sicilianu: Cunchigghia
Scots: Seashell
Simple English: Shell (zoology)
Soomaaliga: Angalool
Tagalog: Kabibe
Türkçe: Denizkabuğu
українська: Черепашка
oʻzbekcha/ўзбекча: Chigʻanoq
vèneto: Capa
中文: 貝殼
粵語: 貝殼