Creatividade

Exemplo de traballo creativo.

A creatividade (ou enxeño) é a xeración ou posta en relación de "ideas" orixinais, e, potencialmente útiles en calquera eido, entendendo "idea" non como un concepto intelectualizado senón nun senso máis amplo, podendo ser musical, un movemento do corpo ou relacionada cun xeito de entender o espazo ou as cores, por exemplo.[1]

A creatividade asóciase con imaxinación e o pensamento diverxente, xa que moitas veces xorde da dúbida, de reconsiderar unha cuestión dende diferentes ángulos, nun proceso que implica a intuición e a memoria.

Socioloxía

A creatividade, cando se aplica a un novo concepto ou obxecto, por razóns económicas pode rexistrarse (patentes) e desfrutar dos dereitos de propiedade intelectual. Este costume ou tradición do capitalismo é cultural, xa que no pasado en Europa non se consideraba importante protexer as invencións, senón que eran consideradas parte da comunidade. Mesmo en períodos como a Idade Media, os artistas eran anónimos, xa que do contrario era un pecado de orgullo.

Algunhas culturas, como a oriental, cren que a creatividade é unha facultade divina porque esta relacionada semánticamente e en efecto á Creación dos deuses, e, polo tanto, o seu exercicio ten un aura de sagrado. Os crentes tentan promover e para exercer as artes para estar máis preto da divindade.

Este concepto tamén foi estendido no período clásico, xa que os gregos (e os romanos despois) crían nas musas como unha presenza divina que posuía o corpo do artista, causándolle a creatividade. Por esta razón eran invocadas ó comezo dos poemas. A figura retórica durou durante os séculos seguintes, especialmente durante o romanticismo (que está ligada á idea de xenio).

Other Languages
Afrikaans: Kreatiwiteit
العربية: إبداع
asturianu: Creatividá
azərbaycanca: Yaradıcılıq
беларуская: Творчасць
беларуская (тарашкевіца)‎: Творчасьць
български: Творчество
català: Creativitat
čeština: Tvořivost
Deutsch: Kreativität
English: Creativity
Esperanto: Krepovo
español: Creatividad
eesti: Loovus
euskara: Sormen
فارسی: خلاقیت
suomi: Luovuus
français: Créativité
עברית: יצירתיות
हिन्दी: सृजन
hrvatski: Kreativnost
Bahasa Indonesia: Daya cipta
íslenska: Sköpunargáfa
italiano: Creatività
日本語: 創造力
한국어: 창의성
lietuvių: Kūrybiškumas
latviešu: Radošums
Bahasa Melayu: Daya kreatif
эрзянь: Шкинема
Nederlands: Creativiteit
português: Criatividade
română: Creativitate
русский: Творчество
srpskohrvatski / српскохрватски: Kreativnost
Simple English: Creativity
slovenčina: Kreativita
српски / srpski: Стваралаштво
svenska: Kreativitet
Türkçe: Yaratıcılık
українська: Творчість
Tiếng Việt: Tư duy sáng tạo
中文: 創造力
粵語: 創意