Creatina

Creatina
Identificadores
Número CAS 57-00-1
PubChem 586
ChemSpider 566
UNII MU72812GK0
Número CE 200-306-6
DrugBank DB00148
KEGG C00300
MeSH Creatine
ChEBI CHEBI:16919
ChEMBL CHEMBL283800
Número RTECS MB7706000
Código ATC EB06
Referencia Beilstein 907175
Referencia Gmelin 240513
3DMet B00084
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C4H9N3O2
Masa molar 131,13 g mol−1
Aspecto Cristais brancos
Olor Sen olor
Punto de fusión 255 °C; 491 °F; 528 K
Solubilidade en auga 13,3 g L−1 (a 18 °C)
log P −1,258
Acidez (pKa) 3,429
Basicidade (pKb) 10,568
Punto isoeléctrico 8,47
Termoquímica
Entalpía estándar
de formación
ΔfHo298
−538,06–−536,30 kJ mol−1
Entalpía estándar
de combustión
ΔcHo298
−2,3239–−2,3223 MJ mol−1
Entropía molar
estándar
So298
189,5 J K−1 mol−1
Capacidade calorífica, C 171,1 J K−1 mol−1 (a 23.2 °C)
Perigosidade
Pictogramas GHS Pictograma do signo de exclamación no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)
Palabra sinal GHS WARNING
declaración de perigosidade GHS 315 319 335
declaración de precaución GHS 261 305+351+338
Clasificación da UE Irritante Xi
Frases R r36/37/38
Frases S s26, s36
Compostos relacionados
ácidos alcanoicos relacionados Sarcosina, dimetilglicina, glicociamina, -aspártico, -alanina, ácido guanidinopropiónico
Compostos relacionados Dimetilacetamida

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A creatina é un composto orgánico nitroxenado que aparece de forma natural nos vertebrados e axuda a fornecer enerxía ás células, principalmente ás musculares. Isto realízase converténdose en fosfocreatina, a cal incrementa a formación de adenosina trifosfato (ATP). A creatina foi identificada en 1832 por Michel Eugène Chevreul como un compoñente do músculo esquelético, e deulle o seu nome derivándoo do termo grego κρέας, kreas, carne. En solución, a creatina está en equilibrio coa creatinina, forma cíclica. [1]

Biosíntese

Creatina ionizada. A súa vida media é de 3 horas.

A creatina prodúcese no corpo humano a partir de aminoácidos, principalmente nos riles e fígado. Transpórtase por vía sanguínea aos músculos. Aproximadamente o 95% da creatina total do corpo humano está localizada no músculo esquelético. [2]

A creatina non é un nutriente esencial, xa que se produce no corpo a partir de L-arxinina, glicina, e L-metionina. [3], pero tamén se obtén dos alimentos. Nos humanos e animais, aproximadamente a metade da creatina almacenada orixínase a partir da comida (principalmente da carne).

O encima GATM (L- arxinina: glicina amidinotransferase ( EC 2.1.4.1) é un encima mitocondrial responsable da catálise do primeiro paso da biosíntese da creatina, que é unha reacción limitante, e se expresa primariamente nos riles e páncreas. [4] A partir de arxinina e glicina produce guanidinoacetato.

O segundo encima da ruta é o (GAMT, EC:2.1.1.2), que se expresa principalmente no fígado e páncreas, [4] e transforma o guanidinoacetato en creatina utilizando S-adenosil metionina.

As deficiencias xenéticas na ruta biosintética da creatina orixinan varios defectos neurolóxicos graves. [5]

Ruta de síntese da creatina
Arg - Arxinina; GATM - Glicina amidinotransferase; GAMT - Guanidinoacetato N-metiltransferase; Gly - Glicina; Met - Metionina; SAH - S-adenosil homocisteína; SAM - S-adenosil metionina.
O esquema de cores utilizado é o seguinte: encimas, coencimas e a parte correspondente á Met, nomes dos substratos, a parte correspondente á Gly, a parte correspondente á Arg
Other Languages
العربية: كرياتين
беларуская: Крэацін
български: Креатин
català: Creatina
čeština: Kreatin
dansk: Kreatin
Deutsch: Kreatin
Ελληνικά: Κρεατίνη
English: Creatine
Esperanto: Kreatino
español: Creatina
eesti: Kreatiin
suomi: Kreatiini
français: Créatine
עברית: קראטין
hrvatski: Kreatin
magyar: Kreatin
Հայերեն: Կրեատին
Bahasa Indonesia: Kreatina
italiano: Creatina
日本語: クレアチン
한국어: 크레아틴
lietuvių: Kreatinas
latviešu: Kreatīns
македонски: Креатин
Nederlands: Creatine
norsk: Kreatin
polski: Kreatyna
português: Creatina
русский: Креатин
srpskohrvatski / српскохрватски: Kreatin
Simple English: Creatine
slovenčina: Kreatín
српски / srpski: Kreatin
svenska: Kreatin
Türkçe: Kreatin
українська: Креатин
中文: 肌酸