Corticosterona

Corticosterona
Molécula de corticosterona
Identificadores
Número CAS 50-22-6
PubChem 5753
ChemSpider 5550
UNII W980KJ009P
DrugBank DB04652
MeSH Corticosterone
ChEBI CHEBI:16827
ChEMBL CHEMBL110739
Ligando IUPHAR 2869
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C21H30O4
Masa molar 346,46 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A corticosterona [1] [2] (CORT) ou 17-desoxicortisol [3] é unha hormona esteroide de 21 carbonos do grupo dos corticosteroides producida no córtex adrenal.

Funcións

En moitas especies, incluíndo anfibios, réptiles, roedores e aves, a corticosterona é un glicocorticoide principal, [4] que intervén na regulación da enerxía, reaccións inmunitarias e nas respostas ao estrés.

Porén, nos humanos, a corticosterona ten unha feble actividade hormonal, e a súa importancia débese fundamentalmente a que é un intermediario na vía esteroidoxénica que vai da pregnenolona á aldosterona, e que é a seguinte:

pregnenolonaproxesterona → desoxicorticosterona → corticosterona → aldosterona

Nos humanos prodúcese corticosterona principalmente na zona zona fasciculada do córtex das glándulas adrenais. A corticosterona é convertida en aldosterona polo encima aldosterona sintase, que se encontra só nas mitocondrias das células da zona glomerulosa, que é a capa máis superficial do córtex adrenal.

Other Languages
Deutsch: Corticosteron
español: Corticosterona
français: Corticostérone
Bahasa Indonesia: Kortikosteron
italiano: Corticosterone
македонски: Кортикостерон
português: Corticosterona
srpskohrvatski / српскохрватски: Kortikosteron
српски / srpski: Kortikosteron
svenska: Kortikosteron
Türkçe: Kortikosteron
中文: 皮质酮