Corrente eléctrica

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

A corrente eléctrica ou intensidade eléctrica é o fluxo de carga eléctrica por unidade de tempo que percorre un material condutor de corriente.[1]Na Física, a corrente eléctrica é o fluxo líquido de calquera carga eléctrica. As cargas eléctricas poden ser negativas (electróns) ou positivas (buracos), aínda que a corrente convencional foi definida, por razóns históricas, como un fluxo de cargas positivas. Hoxe, con todo, coñecemos que en materiais como os metais a circulación é de cargas negativas e en dirección oposta; aínda así, a definición da corrente convencional segue sendo válida. Os raios son exemplos de corrente eléctrica, ben como o vento solar, porén o máis coñecido, probabelmente, é o fluxo de electróns a través dun condutor eléctrico, xeralmente metálico.

Ao falarmos de corrente eléctrica, desde un punto de vista xeométrico, podemos considerar tipicamente tres situacións:

  • que a corrente circule por unha liña (i.e. unha corrente unidimensional), caso no que se falará de intensidade de corrente eléctrica.
  • que a corrente circule sobre unha superficie (i.e. unha corrente bidimensional), caso no que se fala de densidade superficial de corrente.
  • que a corrente circule a través dun volume (corrente en tres dimensións), caso no que se fala de densidade volúmica ou volumétrica de corrente.

Historia

A utilización da tecnoloxía da corrente eléctrica comezou cara á metade do século XIX co telégrafo e a galvanización, para as dúas aplicacións utilizábase a potencia que fornecían as primeiras baterías. En 1866 Werner von Siemens utilizou o principio da dinamo de Søren Hjorth para crear o primeiro xerador eléctrico comercial, que se vendía como máquina para a ignición a distancia das cargas explosivas. A partir de 1880 desenvolveu máquinas cada vez máis grandes para responder ás necesidades crecentes de enerxía eléctrica. Ao principio as redes de corrente eléctrica utilizabanse para prover electricidade para o alumado público ou doméstico con lámpadas de descarga, de arco ou de incandescencia. Outra das primeiras utilizacións da corrente eléctrica foi nos faros dado que as lámpadas eléctricas daban unha intensidade de luz superior ás antigas candeas ou lámpadas de queroseno. Como resultado da evolución da tecnoloxía apareceron as primeiras centrais eléctricas que ao principio se baseaban nas turbinas hidráulicas e os motores de vapor. A partir de principios do século XX a dispoñibilidade de turbinas de vapor de gran potencia fará que esta tecnoloxía convértase no principal medio de produción de corrente eléctrica.

Nos últimos anos do século XIX produciuse o que se chama a guerra das correntes, os contendentes eran o corrente continua e o corrente alterna, que se decantó en favor da corrente alterna. A corrente alterna é hoxe en día o xeito fundamental de transporte da enerxía eléctrica e ofrece grandes vantaxes:

  • Baixas perdas durante a transformación.
  • Gran rendemento e facilidade de transporte a grandes voltaxes e utilización de transformadores para entregar corrente adecuaao para ser utilizada nos fogares e a industria.
  • Os motores trifásicos, que só funcionan con corrente alterna, son robustos e non requiren conmutador.

Pero a corrente alterna tamén presenta algúns inconvenientes, por exemplo que a variación constante da tensión obriga a que os aparellos eléctricos sexan alimentados a través dun rectificador. Outro problema é a aparición de potencia reactiva á rede eléctrica, o que levou a partir da segunda metade do século XX á aparición das redes de transporte de corrente continua de alta tensión.

A corrente continua pode ser almacenada en acumuladores xunto coa rede ferroviaria (e tranviaria) constitúe un mercado interesante que xustifica a vixencia deste tipo de corrente. Desde o punto de vista de hoxe en día, ata baterías de gran tamaño serían demasiado pequenas para almacenar cargas importantes. O desenvolvemento da electrónica de potencia pode converter facilmente un tipo de corrente no outro, e podémolos atopar xuntos, por exemplo nos modernos trens multisistema.

Other Languages
Alemannisch: Elektrischer Strom
العربية: تيار كهربائي
azərbaycanca: Elektrik cərəyanı
башҡортса: Электр тогы
беларуская: Электрычны ток
беларуская (тарашкевіца)‎: Электрычны ток
нохчийн: Ток
Esperanto: Elektra kurento
עברית: זרם חשמלי
Kreyòl ayisyen: Kouran elektrik
interlingua: Currente electric
Bahasa Indonesia: Arus listrik
Ido: Korento
íslenska: Rafstraumur
日本語: 電流
Qaraqalpaqsha: Elektr togı
қазақша: Электр тогы
한국어: 전류
lietuvių: Elektros srovė
Malagasy: Rianaratra
македонски: Електрична струја
മലയാളം: വൈദ്യുതധാര
Bahasa Melayu: Arus elektrik
မြန်မာဘာသာ: လျှပ်စီး
Nederlands: Elektrische stroom
norsk nynorsk: Elektrisk straum
ਪੰਜਾਬੀ: ਬਿਜਲਈ ਕਰੰਟ
Piemontèis: Corent elétrica
پنجابی: کرنٹ
português: Corrente elétrica
română: Curent electric
srpskohrvatski / српскохрватски: Električna struja
Simple English: Electric current
slovenščina: Električni tok
српски / srpski: Електрична струја
Basa Sunda: Arus listrik
Kiswahili: Mkondo wa umeme
ślůnski: Sztrům
татарча/tatarça: Электр агымы
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: توك ئېقىمى
українська: Електричний струм
اردو: برقی رو
oʻzbekcha/ўзбекча: Elektr toki
Tiếng Việt: Dòng điện
吴语: 电流
მარგალური: ელექტრული დენი
中文: 电流
Bân-lâm-gú: Tiān-liû
粵語: 電流