Corrente do Golfo

Costa leste dos E.U.A.. As cores laranxa e amarelo sinalan as augas máis quentes da Corrente do Golfo con respecto ao resto do Océano Atlántico.
A circulación oceánica do Atlántico Norte, na que se insire a Corrente do Golfo, forma parte da circulación termohalina que afecta o conxunto das masas de auga oceánicas.
As illas Lofoten, en Noruega, gozan de temperaturas moito máis altas das que lle correspondería pola súa latitude.

A Corrente do Golfo é unha corrente oceánica que despraza unha gran masa de auga quente procedente do Golfo de México e que se dirixe ó Atlántico Norte. A corrente chega a alcanzar os 100 metros de profundidade, e 1000 km de ancho en gran parte da súa longa traxectoria, o que dá unha idea aproximada da enorme cantidade de enerxía que transporta e das consecuencias tan beneficiosas da mesma. A súa velocidade é duns 1,8 m/s, aproximadamente e o seu caudal é duns 80 millóns de m³/s.

A circulación desta corrente asegura a Europa un clima cálido para a súa latitude e impide a excesiva aridez nas zonas atravesadas polos trópicos nas costas orientais de América (por exemplo, México e as Antillas).

A Corrente do Golfo provócase pola acción combinada dos ventos globais, especialmente, dos ventos do Oeste, ventos constantes ou planetarios na zona temperada do Hemisferio norte e do movemento de rotación do planeta.

Descubrimento

Xa en 1513, co descubrimento da Florida, o navegador Ponce de León notara que os seus navíos foran levados por unha rápida corrente de auga quente que viña do mar das Antillas. Aínda que non foi ata 1777 cando Benjamin Franklin realizou o primeiro estudo sobre a corrente do Golfo.

Other Languages
العربية: تيار الخليج
azərbaycanca: Qolfstrim cərəyanı
башҡортса: Гольфстрим
Boarisch: Goifstrom
беларуская: Гальфстрым
беларуская (тарашкевіца)‎: Гальфстрым
български: Гълфстрийм
bosanski: Golfska struja
čeština: Golfský proud
Чӑвашла: Гольфстрим
Deutsch: Golfstrom
English: Gulf Stream
Esperanto: Golfa Marfluo
suomi: Golfvirta
føroyskt: Golfstreymurin
français: Gulf Stream
Frysk: Golfstream
עברית: זרם הגולף
hrvatski: Golfska struja
Հայերեն: Գոլֆստրիմ
Bahasa Indonesia: Gelombang Teluk
íslenska: Golfstraumurinn
ქართული: გოლფსტრიმი
қазақша: Гольфстрим
한국어: 멕시코 만류
Кыргызча: Гольфстрим
lietuvių: Golfo srovė
latviešu: Golfa straume
македонски: Голфска струја
नेपाल भाषा: गल्फ स्ट्रीम
Nederlands: Golfstroom
norsk nynorsk: Golfstraumen
português: Corrente do Golfo
русский: Гольфстрим
саха тыла: Гольфстрим
srpskohrvatski / српскохрватски: Golfska struja
slovenčina: Golfský prúd
slovenščina: Zalivski tok
српски / srpski: Голфска струја
svenska: Golfströmmen
Kiswahili: Mkondo wa Ghuba
Türkçe: Gulf Stream
українська: Гольфстрім
Tiếng Việt: Hải lưu Gulf Stream
West-Vlams: Golfstrôom