Coroa islandesa

Coroa islandesa
Íslensk króna en islandés
Código:ISK
Ámbito:Islandia Islandia
Símbolo:kr, Íkr
Fracción:100 aurar
Moedas:1, 5, 10, 50, 100 coroas
Billetes:500, 1.000, 2.000, 5.000 coroas
Emisor:Banco Central de Islandia
Taxa de troco:
11-01-2010
1 EUR = 180,6658 ISK
1 USD = 124,2800 ISK
Troco actual

A coroa (en islandés: króna) é a moeda oficial de Islandia. Divídese en 100 aurar (eyrir) aínda que esta división non se utiliza. Normalmente abreviase como "kr." e o seu código ISO 4217 é ISK.

Historia

Primeira coroa, 1874-1981

En 1874 introduciuse por primeira vez a coroa danesa para substituír a primeira divisa danesa, o rigsdaler. Xa en 1885, Islandia comezou a emitir os seus propios billetes. Tras a disolución da Unión Monetaria Escandinava co comezo da Primeira Guerra Mundial e a autonomía adquirida por parte de Dinamarca en 1918, a coroa islandesa separouse da danesa. As primeiras moedas acuñáronse en 1922.

Moedas

As primeiras moedas islandesas introducíronse en 1922 e consistían en denominacións de 10 e 25 aurar. A estas seguíronlle en 1925 outras moedas de 1 e 2 coroas, e en 1926 moedas de 1, 2 e 5 aurar. En 1946 os deseños das moedas víronse alterados para eliminar o monograma real da monarquía danesa (CXR) tras a independencia de Islandia en 1944, momento no que Dinamarca foi ocupada polas tropas nazis. A comezos de 1967, introducíronse novas moedas debido a unha considerable perda do valor da coroa. Ese mesmo ano introducíronse as moedas de 10 coroas, seguidas de denominacións de 50 aurar e 5 coroas en 1969, e 50 coroas en 1970.

Billetes

Os primeiros billetes emitíronse en 1885 a cargo do Landssjóð Íslands en denominacións de 5, 10 e 50 coroas. En 1904, o Banco de Islandia (Íslands Banki) asumiu as competencias para emitir billetes e introduciu denominacións de 100 coroas. En 1921, o Ríkissjóð Íslands empezou a emitir billetes de novo en denominacións de 1, 5, 10 e 50 coroas. En 1929, outro banco, o Landsbanki Íslands fíxose cargo da emisión de billetes de 5 coroas e superiores, mentres que o Rikissjóð continuou emitindo os billetes de 1 coroa até 1947. O Landsbanki Íslands introduciu os billetes de 500 coroas en 1935, e en 1957 engadiu os de 25 e 1.000 coroas. En 1961, o Seðlabanki Íslands converteuse no Banco Central de Islandia e empezou a emitir papel moeda, en denominacións de 10, 25, 100, 500, 1.000 e 5.000 coroas.

Segunda coroa, 1981-

En 1981 a coroa islandesa revalidouse en 100 coroas antigas (código ISO 4217: ISJ) por unha nova coroa. Tecnicamente, unha coroa aínda está dividida en 100 aurar, aínda que na práctica as moedas inferiores a 1 coroa non circularon desde hai anos. En setembro de 2002, Davíð Oddsson, Primeiro Ministro islandés naquel tempo, asinou dous regulamentos decretando que todas as cantidades de diñeiro de facturas e reclamacións financeiras deberían permanecer e ser pagadas en coroas enteiras, e todas as moedas inferiores a 1 coroa serían retiradas da circulación.

Moedas

En 1981 introducíronse moedas en denominacións de 5, 10, 50 aurar, 1 e 5 coroas, ás que seguiron moedas de 10 coroas en 1984, 50 coroas en 1987 e 100 coroas en 1995. Desde outubro de 2003, os bancos islandeses xa non aceptan as moedas de 5, 10 e 50 aurar.


Denominación Metal Canto Diámetro
(mm.)
Peso
(gr.)
Anverso Reverso
5 Aurar Cu+Zn Liso 15,00 1,50 FIMM AURAR - Falcón - ÍSLAND - ano de acuñación 5 - Manta-raia
10 Aurar Cu+Zn Liso 17,00 2,00 TÍU AURAR - Toro - ÍSLAND - ano de acuñación 10 - Lura
50 Aurar Cu+Zn Liso 19,00 3,00 FIMMTÍU AURAR - Dragón - ÍSLAND - ano de acuñación 50 - Lagostino
1 Coroa Cu+Nin Estriado 21,50 4,50 EIN KRÓNA - Xigante - ÍSLAND - ano de acuñación 1 KR - Bacallau
5 Coroas Cu+Nin Estriado 24,50 6,50 FIMM KRÓNUR - Escudo de Islandia - ÍSLAND - ano de acuñación 5 KR - Golfiños
10 Coroas Cu+Nin Estriado 27,50 8,00 TÍU KRÓNUR - Escudo de Islandia - ÍSLAND - ano de acuñación 10 KR - Calepáns
50 Coroas Cu+Nin+Zn Estriado 23,00 8,25 FIMMTÍU KRÓNUR - Escudo de Islandia - ÍSLAND - ano de acuñación 50 KR - Cangrexo verde
100 Coroas Cu+Nin+Zn Estriado 25,50 8,50 EITT HUNDRAÐ KRÓNUR - Escudo de Islandia - ÍSLAND - ano de acuñación 100 KR - Lumpo

Billetes

Os billetes islandeses imprímense coas datas desde que teñen base legal. En 1981 emitíronse billetes de 10, 50, 100 e 500 coroas de acordo a lei de 20 de marzo de 1961. En 1984 introducíronse os billetes de 1.000 coroas, seguidos dos de 5.000 coroas en 1986 en base á mesma lei. En 1994 volvéronse a emitir os billetes de 100, 500 e 1.000 coroas en base á lei de 5 de maio de 1986. Ao ano seguinte, introduciuse por primeira vez uns billetes de 2.000 coroas, diferente en deseño a todos os demais.

O 22 de maio de 2001 introduciuse unha nova serie con máis cambios que melloran a seguridade para previr a falsificación. Por exemplo, aos billetes de 1.000 e 5.000 coroas engadíronselle bandas metálicas. Os billetes inferiores a 100 coroas non circulan desde que o Banco Central retirounos do curso legal. En 2006, a maioría dos billetes en circulación eran de 500, 1.000 e 5.000 coroas. Os billetes de 2.000 coroas seguen circulando pero non son tan comúns, de feito, son coñecidos polos locais como "diñeiro de turistas". A súa utilización nunca estivo moi xeneralizada.


Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Anverso Reverso
10 Coroas Azul 130 x 70 mm 10 - TÍU KRÓNUR - Arngrímur Jónsson o Sabio - SEÐLABANKI ÍSLANDS 10 - Antiga escena islandesa baseada nunha pintura de Auguste Mayer
50 Coroas Marrón 135 x 70 mm 50 - Fimmtíu Krónur - Guðbrandur Þorláksson - SEÐLABANKI ÍSLANDS 50 - Tipógrafos - Pasaxe da Biblia de Guðbrandur cos tipos
100 Coroas Verde 140 x 70 mm 100 - Eitt hundrað krónur - Árni Magnússon - SEÐLABANKI ÍSLANDS 100 - Monxe traballando nun scriptorium
500 Coroas Vermello 145 x 70 mm 500 - FIMM HUNDRUÐ KRÓNUR - Jón Sigurðsson - SEÐLABANKI ÍSLANDS 500 - Jón Sigurðsson - Tapiz islandés - Escola de Gramática en Reykjavik
1.000 Coroas Violeta 150 x 70 mm 1000 - EITT ÞÚSUND KRÓNUR - Brynjólfur Sveinsson - SEÐLABANKI ÍSLANDS 1000 - Igrexa Brynjólf en Skálholt
2.000 Coroas Multicolor 150 x 70 mm 2000 - TVÖ ÞÚSUND KRÓNUR - Jóhannes Kjarval e a súa obra "Dentro e Fóra" - SEÐLABANKI ÍSLANDS 2000 - "Anhelando o Voo" e "Muller e Flores" de Jóhannes Kjarval
5.000 Coroas Azul 155 x 70 mm 5000 - FIMM ÞÚSUND KRÓNUR - Ragnheiður Jónsdóttir - SEÐLABANKI ÍSLANDS 5000 - Ragnheiður Jónsdóttir e dous alumnos - Tapiz islandés
Other Languages
asturianu: Corona islandesa
azərbaycanca: İslandiya kronu
žemaitėška: Islandėjės kruona
беларуская: Ісландская крона
беларуская (тарашкевіца)‎: Ісьляндзкая крона
български: Исландска крона
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: আইসল্যান্ডিক ক্রোনা
bosanski: Islandska kruna
Esperanto: Islanda krono
Gaeilge: Króna
hrvatski: Islandska kruna
Bahasa Indonesia: Króna Islandia
íslenska: Íslensk króna
lietuvių: Islandijos krona
македонски: Исландска круна
Nederlands: IJslandse kroon
norsk nynorsk: Islandsk króna
português: Coroa islandesa
srpskohrvatski / српскохрватски: Islandska kruna
Simple English: Icelandic króna
slovenčina: Islandská koruna
српски / srpski: Исландска круна
українська: Ісландська крона
中文: 冰岛克朗
Bân-lâm-gú: Peng-tó króna
粵語: 冰島克朗