Coregonus

Coregonus
Coregonus clupeaformis
Coregonus clupeaformis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Coregoninae
Xénero: Coregonus
Linnaeus, 1758 [1]
Especie tipo
Coregonus lavaretus
( Linnaeus, 1758)
Especies
Ver no texto
Coregonus lavaretus.

Coregonus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, que é o tipo da subfamilia dos coregoninos.

Comprende numerosas especies denominadas corégonos, moitas delas moi apreciadas na pesca deportiva.

Describíronse até 68 taxa, pero o número efectivo de especies é, como en case todos os xéneros de salmónidos, un tema suxeito a debate.

Sexan as que for, todas as especies do xénero teñen poboacións en vías de regresión, e algunhas están ao bordo da extinción.

De feito, moitas, especialmente dos Grandes Lagos norteamericanos e dos lagos alpinos de Europa, xa se extinguiron no século pasado.

Por iso todas as especies de Coregonus están hoxe protexidas ao abeiro do Convención de Berna.

Características

O corpo dos corégonos ten a forma típica dos salmónidos. De menor tamaño que o salmón, e con escamas máis grandes; teñen sempre menos de 110 escamas ao longo da liña lateral, que é claramente visíbel. [2]

A aleta dorsal ten polo menos por 16 raios; as aletas pelvianas están en posición anterior e a aleta caudal é gallada ou sensibelmente fendida. [2]

De cor basicamente prateada, aínda que algúns individuos que viven en lagos de Norteamérica teñen o lombo de cor parda verdosa ou parda máis ou menos escura, pero sempre cos flancos prateados e o ventre abrancazado.

Other Languages
Alemannisch: Felchen
العربية: كورجون
azərbaycanca: Siqi
башҡортса: Алабалыҡ
català: Coregonus
Cebuano: Coregonus
čeština: Síh
Deutsch: Coregonus
English: Coregonus
Esperanto: Koregono
español: Coregonus
euskara: Coregonus
فارسی: سفیدماهی
suomi: Coregonus
français: Coregonus
Հայերեն: Սիգ
italiano: Coregonus
ქართული: სიგი
қазақша: Ақ сақа
lietuvių: Sykai
Nederlands: Coregonus
polski: Coregonus
română: Coregonus
русский: Сиги
саха тыла: Майаҕастар
svenska: Sikar (fisk)
Türkçe: Coregonus
українська: Сиг
Tiếng Việt: Chi Cá hồi trắng
Winaray: Coregonus