Cordados

Cordados
Rango fósil: cámbrico - presente
Branchiostoma lanceolatum
Branchiostoma lanceolatum
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Bateson, 1885
Subfilos

Os cordados (Chordata, do latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un filo do reino animal caracterizado por presentar cinco sinapomorfias, a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou notocorda de células turxentes (e dun tubo neural) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento. [1]

Coñécense preto de 65 000 especies actuais, [2] a maioría pertencentes ao subfilo dos vertebrados, e case a metade das cales son peixes.

Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de nichos ecolóxicos e que demostraron ao longo da súa historia evolutiva notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos elos tróficos dos seus ecosistemas.

Nos cordados destaca a capacidade de autorregulación e organización interna; algúns, como as aves e os mamíferos, poden elevaren e manteren constante a temperatura do corpo. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as reaccións metabólicas e o desenvolvemento dun complexo sistema nervioso.

Características xerais

Son animais deuteróstomos, de simetría bilateral, corpo segmentado, triploblásticos (é dicir, con tres capas xerminativas no embrión), celoma ben desenvolvido (que, porén, se perde nalgúns grupos).

Entre as características propias do filo encóntranse: [3]

  1. Notocorda: eixe semirríxido de sostemento que se sitúa dorsalmente, por riba do tubo dixestivo. Está formada por células vacuolizadas que dan certa rixidez ao corpo, e está recuberta dunha vaíña fibrosa. Esténdese ao longo de todo o corpo, e nalgúns grupos persiste durante toda a vida, mentres que na maioría dos craniados é substituída durante o desenvolvemento pola columna vertebral (vertebrados).
  2. Cordón nervioso oco, tubular e dorsal ( tubo neural, por riba do tubo dixestivo ( epineuros). A partir do extremo anterior deste cordón, desenvólvese, nos animais máis complexos, o encéfalo e a medula espiñal. Este cordón oco fórmase no embrión pola invaxinación de células ectodérmicas da zona dorsal do corpo, sobre a notocorda. Nos vertebrados, o cordón nervioso está protexido polos arcos neurais das vértebras; o cerebro está rodeado por un cranio óseo ou cartilaxinoso.
  3. Faringotremia, nalgunha etapa do desenvolvemento presentan sacos ou fendeduras ao longo da farinxe. As fendeduras farínxeas comunican a cavidade farínxea co exterior, e se forman por invaxinación do ectoderma (sucos farínxeos) e por evaxinación do endoderma (sacos farínxeos) que limitan a farinxe. Ambos os dous únense cando se constitúen as fendeduras branquiais nos vertebrados acuáticos: peixes e larvas de anfibios. Nos amniotas nunca chegan a abrirse, e dan lugar a outras estruturas. Ademais das branquias, as fendeduras farínxeas forman nos vertebrados distintas glándulas: o timo e as amígdalas. Tamén dan lugar a estruturas como a trompa de Eustaquio ou a cavidade do oído medio. Nos protocordados, a farinxe perforada xurdiu como un sistema de alimentación por filtración.
  4. Endóstilo, en ( urocordados e cefalocordados), ou o seu homólogo ( glándula tiroide), en vertebrados.
  5. Cola ou rabo postanal nalgunha parte do desenvolvemento.
  6. Segmentación muscular nun tronco non segmentado.
  7. Corazón ventral, con vasos sanguíneos dorsais e ventrais. Sistema circulatorio pechado.
  8. Aparello dixestivo completo, con boca e ano.
Other Languages
Afrikaans: Rugstringdiere
Alemannisch: Chordatiere
aragonés: Chordata
العربية: حبليات
অসমীয়া: ক'ৰডাটা
asturianu: Chordata
azərbaycanca: Xordalılar
башҡортса: Хордалылар
žemaitėška: Chuordėnē
беларуская: Хордавыя
беларуская (тарашкевіца)‎: Хордавыя
български: Хордови
भोजपुरी: कार्डेट
বাংলা: কর্ডাটা
brezhoneg: Chordata
bosanski: Hordati
буряад: Хүбшэтэн
català: Cordats
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Cék-só̤h dông-ŭk
کوردی: مازەداران
čeština: Strunatci
Cymraeg: Cordog
dansk: Chordater
Deutsch: Chordatiere
Ελληνικά: Χορδωτά
English: Chordate
Esperanto: Ĥorduloj
español: Chordata
euskara: Kordatu
فارسی: طنابداران
føroyskt: Chordata
français: Chordata
Nordfriisk: Ragstringdiarten
Gaeilge: Chordates
Gàidhlig: Chordata
Gaelg: Chordata
客家語/Hak-kâ-ngî: Chit-sok thung-vu̍t
עברית: מיתרניים
हिन्दी: रज्जुकी
Fiji Hindi: Chordate
hrvatski: Svitkovci
Kreyòl ayisyen: Kòde
Հայերեն: Քորդավորներ
interlingua: Chordata
Bahasa Indonesia: Chordata
Ilokano: Kordata
íslenska: Seildýr
italiano: Chordata
日本語: 脊索動物
la .lojban.: skoselti'e
Basa Jawa: Chordata
ქართული: ქორდიანები
қазақша: Хордалылар
ಕನ್ನಡ: ಕಾರ್ಡೇಟ್
한국어: 척삭동물
Перем Коми: Мышксöнаэз
kernowek: Chordata
Кыргызча: Хордалуулар
Latina: Chordata
Lëtzebuergesch: Chordadéieren
Limburgs: Chordabieste
Ligure: Chordata
lietuvių: Chordiniai
latviešu: Hordaiņi
македонски: Хордови
മലയാളം: കോർഡേറ്റ
монгол: Хөвчтөн
Bahasa Melayu: Kordata
Malti: Chordata
Plattdüütsch: Ruggensnarendeerter
Nederlands: Chordadieren
norsk nynorsk: Ryggstrengdyr
Novial: Chordata
occitan: Chordata
ਪੰਜਾਬੀ: ਤੰਦਧਾਰੀ
polski: Strunowce
Piemontèis: Chordata
پنجابی: کورڈیٹ
português: Cordados
Runa Simi: Wasa tiwlliyuq
română: Cordate
русский: Хордовые
русиньскый: Хордовы
саха тыла: Хордалыктар
sicilianu: Chordata
Scots: Chordate
srpskohrvatski / српскохрватски: Svitkovci
Simple English: Chordate
slovenčina: Chordáty
slovenščina: Strunarji
српски / srpski: Хордати
Basa Sunda: Chordata
Kiswahili: Kodata
తెలుగు: కార్డేటా
тоҷикӣ: Танобдорон
Tagalog: Kordata
lea faka-Tonga: Monumanu filo siliva
Türkçe: Kordalılar
татарча/tatarça: Хордалылар
українська: Хордові
اردو: حبلیات
oʻzbekcha/ўзбекча: Xordalilar
West-Vlams: Chordabêestn
Winaray: Chordata
მარგალური: ქორდიანეფი
ייִדיש: כארדאטן
中文: 脊索动物
Bân-lâm-gú: Chek-soh tōng-bu̍t
粵語: 脊索動物