Copa do Rei de balonmán

A Copa do Rei de balonmán é unha competición española de balonmán entre clubs, organizada desde 1991 pola ASOBAL (Asociación de Clubs Españois de Balonmán), e que se disputa cada ano desde 1957. É a segunda competición máis importante do balonmán español, tras a Liga ASOBAL.

Historia

A Copa do Rei recibe este nome desde 1975 na honra ao Xefe de Estado de España. Entre 1957 e 1975 a competición recibiu a denominación de Copa do Xeneralísimo e nalgunhas edicións non enfrontou a clubs senón a seleccións provinciais. Con anterioridade, disputábase anualmente o Campionato de España de Balonmán a sete, torneo en formato copeiro que comezou a celebrarse en 1952 e que nalgunhas edicións tamén recibía o subtítulo de Copa do Xeneralísimo.[1]

Outra modalidade de balonmán, denominado "de campo" ou "a once", disputou de xeito descontinuo e en formato copeiro os Campionatos de España[2] da especialidade entre 1942 e 1959, en ocasións baixo o nome de Copa do Xeneralísimo.[3]