Copa do Mundo de Fútbol Masculino

Copa do Mundo da FIFA
Fundación1930 (Uruguai 1930)
RexiónAfiliados á FIFA
Equipos32 (na fase final)
204 (total en 2014)
Máis laureadoBrasil www.fifa.com
Actual Rusia 2018

A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola Fédération Internationale de Football Association — FIFA. O torneo conta con dúas etapas principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 32 seleccións nun período aproximado dun mes.

A primeira edición do mundial foi en 1930, coa vitoria da selección anfitrioa, e foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á Segunda Guerra Mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou con máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións. Despois do Brasil en título obtidos, seguen a selección de Italia, con catro, Alemaña, con tres, Arxentina e Uruguai con dous e, cun só título, Inglaterra, Francia e España, a actual campioa.

O torneo presenta unha forte dominación dos equipos europeos e suramericanos: os primeiros gañaron o título en 10 ocasións, mentres que os segundos en nove. Ademais tan só dous equipos de outras confederacións xeográficas teñen chegado ás semifinais Estados Unidos en 1930 e Corea do Sur en 2002. Ademais, o Brasil (en 1958 e 2002) e España (en 2010) foron até o momento os únicos equipos que conseguiron gañar fóra do seu continente. A fase final da Copa do Mundo é o evento dunha soa disciplina máis seguido do mundo (a edición de 2002 foi vista por máis de 1.100 millóns de espectadores), e o segundo máis seguido en xeral tan só por detrás dos Xogos Olímpicos de verán.

Historia

As primeiras competicións internacionais

O primeiro amigable internacional de Fútbol foi xogado en 1872, entre a Inglaterra e Escocia, nun momento en que o deporte era raramente practicado fóra da Gran Bretaña. No final do século XIX o fútbol comezou a gañar máis adeptos, e por iso se tornou en deporte de demostración (sen disputa de medallas) nos Xogos Olímpicos de 1900 e 1904, ata se tornar nunha competición oficial nos Xogos Olímpicos de Verán de 1908. Organizada pola Football Association, era un evento para xogadores non profesionais, e na época non foi considerado unha competición, mais si un mero espectáculo. A selección non profesional da Inglaterra foi a campioa nas dúas edicións, 1908 e 1912.

En 1914 a FIFA recoñeceu o torneo olímpico como unha "competición global de Fútbol non profesional", tomando para si a responsabilidade de organizalo. Con iso na edición de 1924 houbo a primeira disputa de Fútbol intercontinental. O Uruguai foi o campión nas dúas edicións, 1924 e 1928. En 28 de maio de 1928 a FIFA tomou a decisión de facer a competición por separado, non sendo máis un deporte dos de Verán. Para celebrar o centenario da independencia do Uruguai en 1930 foi decidido que a sede da competición sería no país suramericano, no mesmo ano.

A primeira Copa do Mundo oficial

O Estádio Centenário, local da primeira final da Copa do Mundo, en 1930, na cidade de Montevideo, Uruguai

Só trece seleccións participaron na primeira Copa, sete da América Latina (o Uruguai, a Arxentina, Bolivia, o Brasil, Chile, Paraguai e o Perú), catro da Europa (Bélxica, Francia, Iugoslavia e Romanía) e dúas da América do Norte (México e EUA). Moitas seleccións europeas acabaron desistindo da competición debido á longa e cansada viaxe polo Océano Atlántico.

Os dous primeiros xogos da Copa ocorreran simultaneamente, sendo vencidas pola Francia e Estados Unidos, que venceron a México por 4x1 e a Bélxica por 3x0, respectivamente. O primeiro gol en Copas do Mundo foi marcado polo xogador francés Lucien Laurent. A final foi entre o Uruguai e a Arxentina, gañando os uruguaios o xogo por 4x2, no Estadio Centenario, en Montevideo, cun público estimado de 93.000 espectadores. O mellor goleador deste torneo foi o Arxentino Guillermo Stábile.

Desenvolvemento

Globo en forma de bóla de Fútbol en Nuremberg, Alemaña, como propaganda do Mundial de Fútbol Alemaña 2006. O torneo creceu ao longo do tempo ata se tornar a maior competición deportiva do planeta.

Os problemas que atopaban as primeiras edicións do torneo eran as dificultades da época para unha viaxe intercontinental. Nas Copas de 1934 e 1938, xogadas na Europa, houbo unha pequena participación dos países sur-americanos. Só a selección brasileira estivo presente nesas dúas edicións. As edicións de 1942 e 1946 foron canceladas debido á Segunda Guerra Mundial.

O Mundial de Fútbol Brasil 1950 foi o primeiro en ter participantes británicos. Estes retiráranse da FIFA en 1920, por rexeita-lo xogo con países cos que recentemente mantiveron unha guerra e por unha protesta da influencia estranxeira no Fútbol, xa que o deporte era unha "invención" británica e eses países consideraban que o mesmo foi deturpado polo modo de xogar estranxeiro. A pesar disto, eles retornarían a ser membros da FIFA en 1946. O torneo tamén contou coa volta da participación do Uruguai, que boicoteara as dúas edición anteriores.

Nas Copas de 1934 ata 1978 había 16 seleccións clasificadas para a fase final (agás nos raros casos onde desistiron algunhas seleccións ). A maioría era da América Latina e Europa, cunha pequena minoría da África, Asia e Oceanía. Esas seleccións normalmente non pasaban da primeira fase, sendo facilmente derrotadas (coa excepción da Corea do Norte, que chegou ata os cuartos-de-final en 1966).

A fase final foi expandida para 24 seleccións en 1982, e 32 en 1998, permitindo que máis seleccións da África, Asia e América do Norte puidesen participar. Nos últimos anos eses novos participantes teñen acadado mellores posicións, como Camerún chegando ata os cuartos-de-final en 1990 e Corea do Sur, Senegal e Estados Unidos pasando aos cuartos-de-final en 2002, e a Corea do Sur acadou o 4º lugar.

Other Languages
العربية: كأس العالم
azərbaycanca: FİFA Dünya Kuboku
беларуская (тарашкевіца)‎: Чэмпіянат сьвету па футболе
भोजपुरी: फीफा बिस्वकप
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: FIFA Sié-gái-buŏi
føroyskt: HM fótbóltur
客家語/Hak-kâ-ngî: FIFA Sṳ-kie-pî
Bahasa Indonesia: Piala Dunia FIFA
ភាសាខ្មែរ: World Cup
한국어: FIFA 월드컵
Baso Minangkabau: Piala Dunia FIFA
Bahasa Melayu: Piala Dunia FIFA
မြန်မာဘာသာ: ဖီဖာ ကမ္ဘာ့ဖလား
नेपाल भाषा: फिफा वर्ल्ड कप
português: Copa do Mundo FIFA
srpskohrvatski / српскохрватски: FIFA Svjetsko prvenstvo
Simple English: FIFA World Cup
chiShona: FIFA World Cup
Soomaaliga: Koobka Adduunka
oʻzbekcha/ўзбекча: FIFA Jahon chempionati
Bân-lâm-gú: FIFA Sè-kài Poe