Copa Mundial de Clubs da FIFA

Copa Mundial de Clubs da FIFA
Fundación2000
RexiónMundo
Equipos7
Actual campiónR Madrid CF
Organizadores.fifa.com

A Copa Mundial de Clubs da FIFA, máis coñecida como Mundial de Clubs, é a competición de fútbol a nivel de clubs máis importante do mundo que dá o título mundial.[1][2][3]Nela participan os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA. O torneo organízase cada ano e reúne aos equipos campións das competicións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC e, a partir da edición de 2007, ao campión do país organizador.

O antecedente directo do torneo foi a Copa Intercontinental.[4] disputada entre os campións da Copa Libertadores de América (en representación de América do Sur) e a Liga de Campións da UEFA (representando a Europa).

No 2010, pola primeira vez un club de África xogou a final. O Mazembe eliminou o Internacional na semifinal polo marcador de 2-0, perdendo na final 3-0 ante o Inter de Milán.

Estadio do Maracaná, sede da primeira final do torneo (2000).
Other Languages
Bahasa Indonesia: Piala Dunia Antarklub FIFA
Bahasa Melayu: Piala Kelab Dunia FIFA
srpskohrvatski / српскохрватски: FIFA Svjetsko klupsko prvenstvo
Simple English: FIFA Club World Cup