Copa Mitropa

Países que participaron na Copa Mitropa.

A Copa Mitropa ou Copa de Europa Central foi unha competición continental de fútbol a nivel de clubs que naceu en 1927 e desapareceu en 1940 por mor da Segunda Guerra Mundial.

Historia

Nas primeiras dúas edicións participaron dous clubs de Hungría, Austria, Checoslovaquia e Iugoslavia. En 1929 os clubs de Iugoslavia foron substituídos polos de Italia. En 1934 ampliouse a participación a 4 equipos por país. A partir de 1936 foron admitidos clubs de Suíza, e ó ano seguinte tamén de Romanía e novamente de Iugoslavia. En 1938, por mor da anexión alemá de Austria, os clubs dese país rexeitaron formar parte da competición. En 1940, por mor da guerra, a competición foi abandonada.

A Copa Mitropa enfrontaba ós clubs das, por aquel entón, principais potencias futbolísticas de Europa. Italia acadou os campionatos do mundo de 1934 e 1938, sendo subcampións Checoslovaquia e Hungría. Ademais Italia acadou o ouro nos Xogos Olímpicos de 1936, deixando a prata para a selección de fútbol de Austria, demostrando pois que Italia, Checoslovaquia, Hungría e Austria eran as 4 principais potencias do fútbol mundial. De feito Austria, Checoslovaquia e Hungría foron os 3 primeiros países do mundo en introducir o profesionalismo no fútbol (en 1924, 1925 e 1926 respectivamente). Estes datos fan entender que no seu tempo a Copa Mitropa tivo un prestixio semellante ó que ten actualmente a Liga de Campións da UEFA.

Palmarés

Finais da Copa Mitropa
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
1940 Hungría Ferencvárosi TC Final non disputada Flag of Romania.svg FC Rapid Bucureçti
1939 Hungría Újpest FC 4-1 e 2-2 Hungría Ferencvárosi TC
1938 Checoslovaquia SK Slavia Praha 2-2 e 2-0 Hungría Ferencvárosi TC
1937 Hungría Ferencvárosi TC 4-2 e 5-4 Italia SS Lazio
1936 Austria FK Austria Wien 0-0 e 1-0 Checoslovaquia AC Sparta Praha
1935 Checoslovaquia AC Sparta Praha 1-2 e 3-0 Hungría Ferencvárosi TC
1934 Italia Bologna FC 2-3 e 5-1 Austria SK Admira Wien
1933 Austria FK Austria Wien 1-2 e 3-1 Italia AS Ambrosiana
1932 Italia Bologna FC 2-0 e 0-1 Austria First Vienna FC
1931 Austria First Vienna FC 3-2 e 2-1 Austria Wiener AC
1930 Austria SK Rapid Wien 2-0 e 2-3 Checoslovaquia AC Sparta Praha
1929 Hungría Újpest FC 5-1 e 2-2 Checoslovaquia SK Slavia Praha
1928 Hungría Ferencvárosi TC 7-1 e 3-5 Austria SK Rapid Wien
1927 Checoslovaquia AC Sparta Praha 6-2 e 1-2 Austria SK Rapid Wien

Trala Segunda Guerra Mundial

A comezos dos anos 50 os países de Europa Central viron o éxito da Copa Latina, unha competición continental creada á imaxe e semellanza da antiga Copa Mitropa, e que enfrontaba cada ano ós campións das ligas de España, Portugal, Francia e Italia. En 1951 disputouse un torneo chamado Copa Zentropa, que pretendía ser a continuación da Copa Mitropa, porén non tivo continuidade ate que, en 1955, volveu o antigo torneo, co mesmo nome: Copa Mitropa, e co mesmo formato, aínda que con moito menos prestixio internacional, xa que ese mesmo ano naceu a Copa de Campións de Europa, actual Liga de Campións da UEFA. Durante moitos anos o representante italiano era o equipo que remataba o campionato doméstico por detrás dos equipos clasificados para Copa da UEFA. A partir dos anos 80 a competición comezou a ser disputada tan só polos campións das diversas segundas divisións. Os campións do torneo na súa segunda vida foron os seguintes:

Other Languages
български: Купа Митропа
bosanski: Mitropa cup
català: Copa Mitropa
Cymraeg: Cwpan Mitropa
Ελληνικά: Μιτρόπα Καπ
English: Mitropa Cup
español: Copa Mitropa
euskara: Mitropa Kopa
français: Coupe Mitropa
italiano: Coppa Mitropa
한국어: 미트로파컵
Nederlands: Mitropacup
português: Mitropa Cup
română: Cupa Mitropa
sicilianu: Coppa Mitropa
српски / srpski: Митропа куп
svenska: Mitropacupen
Türkçe: Mitropa Kupası
українська: Кубок Мітропи
中文: 米杜柏杯