Conxunto arqueolóxico de Tarraco
English: Tarraco

Conxunto arqueolóxico de Tarraco
Tarraco Lageplan.png
Plano de Tarraco en época imperial que mostra os edificios principais
TarracoImperial-9090.jpg
Maqueta de Tarraco en tempos imperiais, que se atopa nos restos do foro provincial
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización
CriteriosII, III
Inscrición2000 (24ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e 875

Tarraco é o nome antigo da actual cidade de Tarragona (Cataluña, España). Foi o asentamento romano máis antigo da Península Ibérica, fundada durante a segunda guerra púnica[1] por Escipión Calvo, e converteuse en capital da provincia romana de Hispania Citerior, e da Tarraconense durante o Imperio romano.

En 2000, o conxunto arqueolóxico de Tarraco foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Orixes e a segunda guerra púnica

Os principais restos da cidade romana consérvanse no Museu Nacional Arqueològic de Tarragona (MNAT)].

O municipio foi habitado en tempos prerromanos por iberos que tiñan contactos comerciais cos gregos e fenicios que se asentaron na costa. As colonias ibéricas localizáronse principalmente no val do Ebro. A evidencia de colonias ibéricas no municipio de Tarragona foi datada no século V antes de Cristo.

As referencias na literatura da presenza dos ibéricos en Tarraco son ambiguas. Livio menciona un parvum oppidum (pequena cidade) chamada Cissis e Polibio fala dunha polis chamada Kissa (Κίσσα).[2] Tarraco menciónase por primeira vez logo da chegada de Cneo Cornelio Escipión Calvo en Empúries no ano 218 aC no inicio da segunda guerra púnica que iniciou a conquista romana de Hispania. Livio escribe que os romanos conquistaron un campo de subministracións das tropas púnicas de Aníbal preto Cissis e tomaron a cidade. Pouco tempo despois, os romanos foron atacados "non moi lonxe de Tarraco" (haud procul Tarracone[3]). Con todo, non queda claro se Cissis e Tarraco eran a mesma cidade. Unha moeda que se atopou en Empúries leva a inscrición Tarakon-salir (salir probablemente significa prata). A moeda, gravada en consonancia con outros modelos de Empúries nun lugar descoñecido, é xeralmente datada no ano 250 aC, por suposto, antes da chegada dos romanos. O nome Kesse aparece nas moedas de orixe ibérica dos séculos I e II aC que foron marcadas de acordo coas normas de peso romanos. Kesse pode ser equiparado con Cissis, o lugar de orixe dos Cissisians mencionados por Plinio.[4]

No 217 aC chegaron reforzos de Italia baixo o mando de Publio Escipión, e el e o seu irmán Cneo Cornelio atribúense a fortificación de Tarraco e o establecemento dun porto militar, e como Plinio o Vello dixo: Tarraco Scipionum Opus, Tarraco foi obra dos Escipións como Cartago foi dos cartaxineses.[4] A muralla da cidade romana foi probablemente construída encima da vella muralla ibera de cantería.

Logo da morte dos irmáns Escipión, Tarraco foi a base de inverno de Escipión o Africano (fillo de Publio) entre 211 e 210,[5] e onde reuniu as tribos de Hispania en conventus.[6] A poboación foi en gran medida fiel aos romanos durante a guerra. Livio chamounos aliados e amigos do pobo romano (socii et amici populi Romani) e os pescadores de Tarraco (Piscatores Tarraconenses) serviron cos seus barcos durante o sitio de Carthago Nova.[7]

A conquista da Península Ibérica polos romanos levou máis de 200 anos.

A conquista da Península Ibérica polos romanos levoulles máis de 200 anos.

Other Languages
беларуская: Таракон
català: Tàrraco
Deutsch: Tarraco
Ελληνικά: Τάρρακο
English: Tarraco
español: Tarraco
euskara: Tarraco
suomi: Tarraco
français: Tarraco
հայերեն: Տառակո
ქართული: ტარაკო
മലയാളം: ടാരാകോ
Nederlands: Tarraco
occitan: Tarraco
português: Tarraco
русский: Тарракон
svenska: Tarraco
Türkçe: Tarraco
українська: Таррако
Tiếng Việt: Tarraco
中文: 塔拉科