Contra o reloxo

O ciclista Ivan Basso nunha contra o reloxo en 2005.

As contra o reloxo[1] constitúen a terceira gran familia de carreiras de ciclismo na estrada (as outras son as Clásicas e as carreiras por etapas).

Características

Dende mediados dos anos 1990, hai tamén un Campionato do Mundo destinado a corredores nesta especialidade. Nas probas por etapas sempre adoita haber unha ou varias probas contra o reloxo, dependendo polo xeral da súa duración.

A diferenza do que ocorre nas carreiras en liña, Clásicas ou por etapas, as probas contra o reloxo dispútanse en solitario ou equipos, con saídas separadas de minuto en minuto nas distancias máis curtas (menos de 30 quilómetros), ou de dous en dous, e mesmo de tres en tres minutos para distancias superiores.