Condado de Kerry

County Kerry
Contae Ciarraí
Flag of county Kerry.svgKerrycocologo.png
BandeiraEscudo
Mapa
IrelandKerry.png
Información
PaísFlag of Ireland.svg República de Irlanda
ProvinciaFlag of Munster.svg Munster
CapitalTralee
Superficie4.746 km2
Poboación139.616 (2006)
CódigoKY
kerrycoco.ie

O condado de Kerry (en gaélico irlandés Contae Ciarraí ou Chiarraí) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda, no suroeste do país. É celebre por ser o punto entrada do cristianismo nas Illas Británicas e por conter algunhas das máis importantes e históricas abadías da orde irlandesa. Ocupa unha extensión de 4.746 km² nos que habitaban 139.616 persoas no 2006. É o quinto condado máis grande dos 32 condados de Irlanda, e é o décimo cuarto en termos de poboación.[1]. Con respecto á provincia é o segundo máis grande por superficie e o cuarto por poboación. A capital do condado é Tralee, mais neste condado áchase unha cidade senlleira irlandesa, Killarney.

O seu territorio limita co condado de Limerick polo leste e co condado de Cork polo sueste. Tamén ten costas atlánticas. Alberga un Parque Nacional (Killarney National Park), onde se atopan os Lagos de Killarney. A punta da Península de Dingle é o punto máis occidental de Irlanda, coas Illas Blasket, actualmente deshabitadas, ao oeste.

O condado tamén é sede dun dos equipos de fútbol gaélico máis importantes do país.

Topónimo

Kerry é unha anglicismo de Ciarraí, que deriva de Ciarraighe, ou "xente de Ciar", o nome da tribo pre-gaélica que viviu en parte do condado actual. O fundador lendario da tribo foi Ciar, fillo de Fergus mac Róich.[2] En irlandés antigo "Ciar" significaba negro ou marrón escuro, e a verba úsase no irlandés moderno como adxectivo que describe a cor morena da pel.[3]

Other Languages
العربية: مقاطعة كري
asturianu: Condáu de Kerry
български: Кери (графство)
Cebuano: Ciarraí
čeština: Hrabství Kerry
Cymraeg: Swydd Kerry
Deutsch: County Kerry
English: County Kerry
Esperanto: Graflando Kerry
français: Comté de Kerry
Gàidhlig: Contae Chiarraí
עברית: מחוז קרי
italiano: Contea di Kerry
日本語: ケリー州
한국어: 케리주
lietuvių: Kerio grafystė
македонски: Кери
Nederlands: County Kerry
norsk nynorsk: County Kerry
polski: Kerry
پنجابی: کیری
português: Condado de Kerry
română: Comitatul Kerry
srpskohrvatski / српскохрватски: Kerry (grofovija)
Simple English: County Kerry
slovenčina: Kerry (grófstvo)
српски / srpski: Кери (округ)
svenska: Kerry
Kiswahili: Wilaya ya Kerry
Türkçe: Kerry Kontluğu
українська: Керрі (графство)
中文: 凱里郡