Comunismo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Aínda que comunmente asociado co marxismo (as máis das veces na súa interpretación leninista) o termo comunismo é moito mais antigo e coñeceu diversos significados. Na primeira metade do século XVIII, os socialistas utópicos (principalmente os seguidores de Robert Owen e Charles Fourier) fundaron comunidades onde a propiedade era común.

Robert Owen falou por primeira vez de comunismo en 1827, referíndose a socialistas e comunistas. Segundo el, estes consideraban o capital común máis benéfico có capital privado. As palabras socialismo e comunismo foron empregadas como sinónimos durante todo o século XIX. A definición do termo comunismo é dada despois da Revolución rusa, no inicio do século XX, pois Vladimir Lenin entendía que o termo socialismo xa estaba desgastado e deturpado. Segundo a súa teoría, o comunismo só sería atinxido despois dunha fase de transición polo socialismo.

O concepto de comunismo pode ser entendido de varios xeitos, que cambiaron e se diversificaron ao longo da historia:

  • É unha concepción do mundo baseado nos traballos de Karl Marx e Friedrich Engels. Utiliza a análise histórica das transicións nas sociedades humanas, para postular a transición da actual sociedade capitalista cara a outra socialista, e eventualmente cara a outra comunista, e o seu principal obxectivo é o establecemento dunha sociedade sen clases.
  • Á sociedade produto destas transicións tamén se lle chama comunismo.
  • Ao Movemento político derivado da ideoloxía comunista chámaselle comunismo, e xurdiu desde mediados do século XIX e fíxose importante desde principios do século XX.
  • Durante a guerra fría, e a raíz dela, empezouse a chamar erroneamente comunista a aquela persoa que vivise nalgún dos países socialistas baixo a influencia da URSS, e se lle deu a estes países a denominación de comunistas malia ser unicamente socialistas.
  • Existen doutrinas teóricas non marxistas erroneamente denominadas comunistas.

É a partir da publicación do Manifesto comunista por Marx e Engels que o termo tomou o seu significado actual:

Doutrina político-económica que se basea na máxima de "de cada un segundo a súa capacidade, a cada un segundo as súas necesidades". O comunismo defende unha sociedade sen clases e sen Estado, á que se chegará mediante unha etapa de estado socialista.

Bases ideolóxicas

A fouce e o martelo, símbolos comunistas

A teoría que dá base á construción do comunismo ten como punto de partida a análise feita por Marx da sociedade capitalista. Segundo el, a propiedade privada dos medios de produción, característica fundamental do capitalismo, só existe coa apropiación da plusvalía pola clase dominante, ou sexa, a explotación do home polo home é fundamental ao capitalismo.

O comunismo defende a conquista do poder polo proletariado (clase traballadora), a abolición da propiedade privada dos medios de produción, e polo tanto a desaparición das clases como categorías socioeconómicas, o cal, finalmente, comportaría a extinción do Estado como ferramenta que materializa o poder de dominación dunha clase sobre outra.

Para chegar a tal sociedade, Marx propón unha fase de transición (o socialismo), coa toma do poder polo proletariado (ditadura do proletariado) para abolir a propiedade privada dos medios de produción e a consecuente orientación da economía de forma planeada co obxectivo de suprir todas as necesidades da sociedade e os seus individuos. Marx entende que, coas necesidades supridas, deixan de existir as clases sociais e, polo tanto, non existe a necesidade do Estado.

Os teóricos máis importantes do comunismo foron, no século XIX, Karl Marx e Friedrich Engels, e no século XX, Vladimir Illich Ulianov "Lenin" Iósif "Stalin" e Mao Tse Tung.

No século XX foron moitos os Estados do mundo que decidiron tomar a vía socialista como camiño cara ao comunismo, sendo o primeiro estado socialista do mundo a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), nada da Revolución de outubro de 1917, guiada nos seus primeiros anos por Lenin, á cal lle seguiron outros, coma China; e outros nos que se realizou un intento de socialismo, coma Vietnam, Cuba, Laos, Sri Lanka, Corea do Norte e a extinta Rep. Pop. do Iemen. Paulatinamente, debido á loita ideolóxica e política que tivo lugar no seo dos seus respectivos Partidos Comunistas (e a posterior "vitoria" da liña capitalista) todos estes Estados foron cambiando o seu modelo socioeconómico polo capitalismo, polo que hoxe en día non existe ningún Estado socialista (a pesar de que dende a óptica burguesa, como se pode albiscar en estruturas coma os medios de comunicación ou a educación, se continúa considerando socialistas a Estados como Cuba ou Corea do Norte).

Despois da Revolución Proletaria, instáurase un Estado socialista, que ten como forma de dominación de clase a ditadura do proletariado, na que o proletariado, por medio do Estado, exerce unha ditadura (é dicir, posúe o poder) sobre a burguesía e as demais "fraccións de clase" (a pequena burguesía, a aristocracia obreira etc.). Ao contrario disto sucedía no capitalismo, no que a burguesía exercía unha ditadura sobre o proletatiado. Polo tanto, no capitalismo habería democracia para a burguesía e no socialismo para o proletariado. No socialismo, os medios de produción pertencen ao proletariado, ao contrario do que encontrabamos no capitalismo.

En todo Estado socialista, mentres existan as clases, ten que haber un Partido Comunista. Ao contrario do que se adoita pensar, o PC non é "unha organización independente do pobo", senón que é a cristalización da relación entre os comunistas e o resto do pobo; é unha relación social. No momento no que non existan as clases, o PC deixará de ser necesario. No socialismo, por tanto, aínda existen as clases. Pero o obxectivo de este é facer que desaparezan, é alcanzar a sociedade sen clases, a sociedade libre de toda explotación e toda opresión, o comunismo.

A sociedade comunista ten a súa base na propiedade común (isto é, de toda a sociedade) dos bens de produción e segue o principio que Marx propuxo como aforismo: "De cada cal segundo as súas capacidades, a cada cal, segundo as súas necesidades". É dicir, cada persoa, individualmente, proporcionará o que lle sexa posible, o que lle permitan as súas capacidades; e cada persoa, individualmente, apropiarase dos bens producidos en función do que necesite, das súas necesidades.

O comunismo defínese como superación histórica do capitalismo, e apóiase filosófica e cientificamente no materialismo dialéctico e no materialismo histórico, guías filosóficas do coñecemento elevadas a rango de ciencia por Karl Marx e Friedrich Engels. Porén, non podemos considerar o materialismo dialéctico como unha ciencia, senón máis ven como unha cosmovisión ("weltanschauung" en alemán), como unha concepción que abarca todo e nos permite coñecer a realidade.

Adoptou a bandeira vermella cunha fouce e un martelo cruzados (símbolo da unión da clase obreira e o campesiñado), e dende a súa orixe tivo carácter internacionalista.

Other Languages
Afrikaans: Kommunisme
Alemannisch: Kommunismus
aragonés: Comunismo
العربية: شيوعية
مصرى: شيوعيه
অসমীয়া: সাম্যবাদ
asturianu: Comunismu
azərbaycanca: Kommunizm
تۆرکجه: کومونیسم
башҡортса: Коммунизм
Boarisch: Kommunismus
žemaitėška: Kuomonėzmos
Bikol Central: Komunismo
беларуская: Камунізм
беларуская (тарашкевіца)‎: Камунізм
български: Комунизъм
বাংলা: সাম্যবাদ
brezhoneg: Komunouriezh
bosanski: Komunizam
буряад: Коммунизм
català: Comunisme
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Gê̤ṳng-sāng-ciō-ngiê
کوردی: کۆمۆنیزم
čeština: Komunismus
dansk: Kommunisme
Deutsch: Kommunismus
Zazaki: Komunizm
Ελληνικά: Κομμουνισμός
English: Communism
Esperanto: Komunismo
español: Comunismo
eesti: Kommunism
euskara: Komunismo
estremeñu: Comunismu
فارسی: کمونیسم
suomi: Kommunismi
Võro: Kommunism
føroyskt: Kommunisma
français: Communisme
Frysk: Kommunisme
Gaeilge: Cumannachas
贛語: 共產主義
Gàidhlig: Co-mhaoineas
客家語/Hak-kâ-ngî: Khiung-sán chú-ngi
עברית: קומוניזם
हिन्दी: साम्यवाद
Fiji Hindi: Samyawaad
hrvatski: Komunizam
magyar: Kommunizmus
հայերեն: Կոմունիզմ
interlingua: Communismo
Bahasa Indonesia: Komunisme
Ilokano: Komunismo
íslenska: Kommúnismi
italiano: Comunismo
日本語: 共産主義
Patois: Kamiunizam
la .lojban.: kaurpo'esi'o
Basa Jawa: Kumunisme
ქართული: კომუნიზმი
Kabɩyɛ: Komiinism
қазақша: Коммунизм
한국어: 공산주의
къарачай-малкъар: Коммунизм
kurdî: Komûnîzm
Кыргызча: Коммунизм
Latina: Communismus
Lëtzebuergesch: Kommunismus
лезги: Коммунизм
Lingua Franca Nova: Comunisme
Limburgs: Communisme
lumbaart: Comunism
lingála: Kominisimɛ
لۊری شومالی: کومونیست
lietuvių: Komunizmas
latviešu: Komunisms
Malagasy: Kômonisma
македонски: Комунизам
മലയാളം: കമ്യൂണിസം
монгол: Коммунизм
मराठी: साम्यवाद
Bahasa Melayu: Komunisme
Malti: Komuniżmu
Mirandés: Quemunismo
မြန်မာဘာသာ: ကွန်မြူနစ်ဝါဒ
مازِرونی: کمونیسم
Plattdüütsch: Kommunismus
Nedersaksies: Kommunisme
नेपाली: साम्यवाद
नेपाल भाषा: साम्यवाद
Nederlands: Communisme
norsk nynorsk: Kommunisme
norsk: Kommunisme
Nouormand: Commeunisme
occitan: Comunisme
ਪੰਜਾਬੀ: ਕਮਿਊਨਿਜ਼ਮ
polski: Komunizm
Piemontèis: Comunism
پنجابی: کمیونزم
پښتو: کمونيزم
português: Comunismo
Runa Simi: Kumunismu
rumantsch: Communissem
română: Comunism
русский: Коммунизм
русиньскый: Комунізм
संस्कृतम्: समानतावादः
саха тыла: Коммунизм
sicilianu: Cumunismu
Scots: Communism
davvisámegiella: Kommunisma
srpskohrvatski / српскохрватски: Komunizam
Simple English: Communism
slovenčina: Komunizmus
slovenščina: Komunizem
Soomaaliga: Shuuciyad
shqip: Komunizmi
српски / srpski: Комунизам
Sesotho: Bokôminisii
Seeltersk: Kommunismus
svenska: Kommunism
Kiswahili: Ukomunisti
తెలుగు: కమ్యూనిజం
тоҷикӣ: Коммунизм
Tagalog: Komunismo
Türkçe: Komünizm
татарча/tatarça: Коммунизм
тыва дыл: Коммунизм
удмурт: Коммунизм
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: كۇممۇنىزم
українська: Комунізм
oʻzbekcha/ўзбекча: Kommunizm
vèneto: Comunismo
Winaray: Komunismo
吴语: 共产主义
მარგალური: კომუნიზმი
ייִדיש: קאמוניזם
中文: 共产主义
文言: 共產主義
Bân-lâm-gú: Kiōng-sán-chú-gī
粵語: 共產主義