Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Características

A estrutura do Estado Español en Comunidades Autónomas recóllese na Constitución española de 1978. O artigo 2 recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o Estado. Esta disposición baséase na premisa da unidade indisoluble do estado español, que aparece citada como patria común de todos os españois. Non obstante, dende diversos sectores nacionalistas[1] ou de esquerdas[2] este segundo artigo constitucional é presentando coma un punto excluínte e de discordia ao negar o dereito de autodeterminación aos pobos que a día de hoxe están baixo a tutela do Estado, tendo especial relevancia aqueles considerados nacións.

O texto da Constitución establece os poderes que poden ser asumidos polas Comunidades Autónomas e aqueles que só se lle poden atribuír ó Estado.

A división política e administrativa de España ten a forma de 17 comunidades autónomas, ademais de Ceuta e Melilla, cuns estatutos de autonomía que lles outorgan o rango de Cidades autónomas.

A promulgación da Constitución Española de 1978, que recolle o dereito de autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o estado español, supuxo un cambio total con respecto ao réxime anterior, que se baseaba en plans centralizados tradicionais. Isto daba resposta a un problema que xa xurdira repetidamente na historia de España como resultado das diferentes identidades sobre as que se construíu a unidade do estado español. Unha parte significativa da povoación nega aínda hoxe que concorde con esta unidade do estado español mentres non se recoñeza totalmente a existencia de soberania nacional das nacións do estado minorizadas.

Tras a ratificación da Constitución Española, e como resultado da posta en funcionamento dos principios contidos no Título VIII, no curso duns poucos anos completouse o proceso de instauración das 17 Comunidades Autónomas e foron aprobados os seus estatutos. Foron tamén dotadas do seu propio órgano de goberno e institucións representativas.

Other Languages
беларуская (тарашкевіца)‎: Аўтаномныя супольнасьці Гішпаніі
srpskohrvatski / српскохрватски: Španske autonomne pokrajine
oʻzbekcha/ўзбекча: Ispaniya avtonomiyalari
West-Vlams: Regio (Spanje)
Bân-lâm-gú: Chū-tī siā-lí