Comarcas de Cataluña

División comarcal actual de Cataluña

As comarcas de Cataluña (en catalán: comarques) son a actual división do territorio da comunidade autónoma de Cataluña, en España.

Ten a súa orixe nun decreto da Generalitat de Cataluña do ano 1936, que tivo vixencia até o 1939 cando foi suprimida polo franquismo. Posteriormente, foi reanudada en 1987 tras a restauración da democracia, en 1988 engadíronse tres comarcas (Pla de l'Estany, Pla d'Urgell e Alta Ribagorça) e en 1990 modificouse algún límite territorial. En 2015 engadiuse a comarca histórica do Moianès.

Hai 42 comarcas en Cataluña, co seu goberno e administración dirixidos polos consellos comarcais (consells comarcals) agás o Val d'Aran, considerado entidade territorial singular e xestionado polo Consello Xeral de Arán.

Orixes

A división comarcal de Cataluña de 1936 foi unha división territorial administrativa establecida por decreto pola Generalitat de Cataluña o ano 1936 que dividía o territorio en 38 comarcas e 9 supercomarcas ou vigairías (vegueries). A división aprobouse a partir dos estudos feitos polo relatorio creado ad hoc en 1932, formado, entre outros, por Pau Vila, Antoni Rovira i Virgili, Josep Iglésies etc. No ano 1939, ao termo da guerra civil española, foi abolida polo réxime de Franco.