Colombia

República de Colombia
Bandeira de Colombia
Escudo de Colombia
BandeiraEscudo
COL orthographic (San Andrés and Providencia special).svg
Lema: Libertad y orden
Capital
 Poboación
Bogotá
7 878 783 (2015)
Cidade máis poboadaBogotá
Linguas oficiaisEspañol
 • Cooficiais68 linguas étnicas e dialectos.1
Forma de gobernoRepública presidencialista
Iván Duque Márquez
Marta Lucía Ramírez
  Declaración
  Definición
20 de xullo de 1810
7 de agosto de 1819
SuperficiePosto 26º
 • Total1 141 748 km²
 • % auga8,8%
Fronteiras6004 km
Costas3208 km
PoboaciónPosto 28º
 • Total (2015[1])48 400 388 hab.
 • Densidade38 hab./km²
PIB (nominal)Posto 29º
 • Total (2015)427 139 billóns $[2]
 • per cápita8 858 $[2]
PIB (PPA)Posto 28º
 • Total (2015)682 977  billóns $
 • per cápita14,164 $
MoedaPeso ($, COP)
IDH (2014)0,720 (97º) – alto[3]
Xentiliciocolombiano, -a[4]
Fuso horarioUTC -5
 • Horario de veránUTC -5
Dominio de Internet.co
Prefixo telefónico+57
Prefixo radiofónicoHJA-HKZ, 5JA-5KZ
Código ISO170 / COL / CO
Membro de: UNASUR, ONU, OEA, CAN, FLAR, Mercosur, UL, Outras.
1 O inglés tamén é oficial no arquipélago de San Andrés.

Colombia, oficialmente República de Colombia[5], é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. A costa norte e noroeste está o Mar Caribe, limita continentalmente con: Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur,[6] e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste.[7] Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación da Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá.[8] A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886.[9] A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.[10]

Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa.[11] Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.[12][13]Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina,[2] forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD.[14] Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.[15][16]

Etimoloxía

Colombia ou «terra de Cristovo Colón», nomeada dese xeito na honra do explorador.

A denominación de Colombia provén do nome do explorador do século XV Cristovo Colón (en italiano: Cristoforo Colombo, en latín: Christophorus Columbus). Foi adoptado o 15 de febreiro de 1819, durante o Congreso de Angostura, para chamar ó novo Estado que daquela abranguía os territorios da Nova Granada, Quito e a Capitanía Xeneral de Venezuela.[17] O nome foi proposto por Simón Bolívar na Carta de Xamaica.[18]

En 1830, coa secesión de Venezuela e Ecuador, pasou a chamarse a "República de Nova Granada". Despois da adopción do federalismo trala constitución de 1858, pasou a chamarse Confederación Granadina. A mesma, máis tarde adoptaría o nome de Estados Unidos de Colombia en 1863,[19] os cales en 1886, se constituíron como a República de Colombia. Nun principio esta denominación foi protestada polos congresos de Ecuador e Venezuela por consideralo unha usurpación unilateral do patrimonio histórico común, pero a discusión foi superada axiña.[20]

A orixe do nome tamén se cita nunha das estrofas do himno nacional, que reza deste xeito:

«Se baña en sangre de héroes la tierra de Colón».[21]
Rafael Núñez.
Other Languages
Acèh: Kolombia
адыгабзэ: Коломбие
Afrikaans: Colombia
Alemannisch: Kolumbien
አማርኛ: ኮሎምቢያ
aragonés: Colombia
Ænglisc: Colombia
العربية: كولومبيا
ܐܪܡܝܐ: ܩܘܠܘܡܒܝܐ
asturianu: Colombia
Aymar aru: Kuluwya
azərbaycanca: Kolumbiya
تۆرکجه: کولومبیا
башҡортса: Колумбия
Boarisch: Kolumbien
žemaitėška: Kuolombėjė
Bikol Central: Kolombya
беларуская: Калумбія
беларуская (тарашкевіца)‎: Калюмбія
български: Колумбия
भोजपुरी: कोलंबिया
Bislama: Colombia
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: কলম্বিয়া
brezhoneg: Kolombia
bosanski: Kolumbija
буряад: Колумби
català: Colòmbia
Chavacano de Zamboanga: Colombia
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Colombia
нохчийн: Колумби
Cebuano: Colombia
Chamoru: Colombia
کوردی: کۆلۆمبیا
corsu: Colombia
qırımtatarca: Kolombiya
čeština: Kolumbie
Чӑвашла: Колумби
Cymraeg: Colombia
dansk: Colombia
Deutsch: Kolumbien
Zazaki: Kolombiya
dolnoserbski: Kolumbiska
डोटेली: कोलम्बिया
ދިވެހިބަސް: ކޮލަންބިއާ
eʋegbe: Colombia
Ελληνικά: Κολομβία
English: Colombia
Esperanto: Kolombio
español: Colombia
eesti: Colombia
euskara: Kolonbia
estremeñu: Colómbia
فارسی: کلمبیا
suomi: Kolumbia
Võro: Colombia
føroyskt: Kolumbia
français: Colombie
arpetan: Colombie
Nordfriisk: Kolumbien
furlan: Colombie
Frysk: Kolombia
Gaeilge: An Cholóim
Gagauz: Kolumbiya
贛語: 哥倫比亞
Gàidhlig: Coloimbia
Avañe'ẽ: Kolómbia
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: कोलंबिया
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐌺𐍉𐌻𐌰𐌿𐌼𐌱𐌾𐌰
ગુજરાતી: કોલમ્બિયા
Hausa: Colombia
客家語/Hak-kâ-ngî: Colombia
עברית: קולומביה
हिन्दी: कोलम्बिया
Fiji Hindi: Colombia
hrvatski: Kolumbija
hornjoserbsce: Kolumbiska
Kreyòl ayisyen: Kolonbi
magyar: Kolumbia
հայերեն: Կոլումբիա
interlingua: Colombia
Bahasa Indonesia: Kolombia
Interlingue: Columbia
Igbo: Colombia
Ilokano: Colombia
íslenska: Kólumbía
italiano: Colombia
日本語: コロンビア
Patois: Kolombia
la .lojban.: kolombias
Basa Jawa: Kolombia
ქართული: კოლუმბია
Qaraqalpaqsha: Kolumbiya
Taqbaylit: Kulumbya
Kabɩyɛ: Kolombi
Kongo: Kolombia
Gĩkũyũ: Colombia
қазақша: Колумбия
kalaallisut: Colombia
ភាសាខ្មែរ: កូឡុំប៊ី
ಕನ್ನಡ: ಕೊಲೊಂಬಿಯ
한국어: 콜롬비아
kurdî: Kolombiya
kernowek: Kolombi
Кыргызча: Колумбия
Latina: Columbia
Ladino: Kolombia
Lëtzebuergesch: Kolumbien
лезги: Колумбия
Lingua Franca Nova: Colombia
Limburgs: Colombia
Ligure: Colombia
lumbaart: Culumbia
lingála: Kolombi
لۊری شومالی: کولومبیا
lietuvių: Kolumbija
latgaļu: Kolumbeja
latviešu: Kolumbija
Malagasy: Kolombia
олык марий: Колумбий
македонски: Колумбија
മലയാളം: കൊളംബിയ
монгол: Колумб
मराठी: कोलंबिया
кырык мары: Колумби
Bahasa Melayu: Colombia
Malti: Kolombja
မြန်မာဘာသာ: ကိုလံဘီယာနိုင်ငံ
مازِرونی: کلمبیا
Dorerin Naoero: Korombiya
Nāhuatl: Colombia
Napulitano: Colombia
Plattdüütsch: Kolumbien
नेपाली: कोलम्बिया
नेपाल भाषा: कोलोम्बिया
Nederlands: Colombia
norsk nynorsk: Colombia
norsk: Colombia
Novial: Kolombia
Sesotho sa Leboa: Kolombia
occitan: Colómbia
Livvinkarjala: Kolumbii
Oromoo: Kolombiyaa
ଓଡ଼ିଆ: କଲମ୍ବିଆ
Ирон: Колумби
ਪੰਜਾਬੀ: ਕੋਲੰਬੀਆ
Pangasinan: Colombia
Kapampangan: Colombia
Papiamentu: Colombia
polski: Kolumbia
Piemontèis: Colombia
پنجابی: کولمبیا
português: Colômbia
Runa Simi: Kulumbya
rumantsch: Columbia
Romani: Kolombiya
română: Columbia
русский: Колумбия
русиньскый: Колумбия
Kinyarwanda: Kolombiya
संस्कृतम्: कोलोम्बिया
саха тыла: Колумбия
sardu: Colòmbia
sicilianu: Colombia
Scots: Colombie
davvisámegiella: Colombia
srpskohrvatski / српскохрватски: Kolumbija
Simple English: Colombia
slovenčina: Kolumbia
slovenščina: Kolumbija
Gagana Samoa: Kolomupia
chiShona: Colombia
Soomaaliga: Kolombiya
shqip: Kolumbia
српски / srpski: Колумбија
Sranantongo: Kolombikondre
Seeltersk: Kolumbien
Basa Sunda: Kolombia
svenska: Colombia
Kiswahili: Kolombia
ślůnski: Kolůmbijo
తెలుగు: కొలంబియా
tetun: Kolómbia
тоҷикӣ: Кулумбия
Türkmençe: Kolumbiýa
Tagalog: Colombia
Tok Pisin: Kolambia
Türkçe: Kolombiya
Xitsonga: Colombia
татарча/tatarça: Колумбия
удмурт: Колумбия
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: كولومبىيە
українська: Колумбія
اردو: کولمبیا
oʻzbekcha/ўзбекча: Kolumbiya
vèneto: Cołonbia
vepsän kel’: Kolumbii
Tiếng Việt: Colombia
West-Vlams: Colombia
Volapük: Kolumbän
walon: Colombeye
Winaray: Colombia
Wolof: Koloombi
吴语: 哥伦比亚
isiXhosa: IsiColombia
მარგალური: კოლუმბია
ייִדיש: קאלאמביע
Yorùbá: Kòlómbìà
Vahcuengh: Colombia
Zeêuws: Colombia
中文: 哥伦比亚
文言: 哥倫比亞
Bân-lâm-gú: Colombia
粵語: 哥倫比亞
isiZulu: IKolombiya